Estremadura

Estremadura[1] (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Estremadura
Extremadura
Bandeira de Estremadura
Escudo de Estremadura
BandeiraEscudo
Extremadura in Spain (plus Canarias)
EstadoEspaña España
CapitalMérida
 • Poboación55 568 (2008)
Cidade máis poboadaBadaxoz
Lingua oficialCastelán
Forma de gobernoXunta
José Antonio Monago (PP)
Estatuto26 de febreiro de 1983
SuperficiePosto 5º
 • Total41 634 km²
Costas0 km
PoboaciónPosto 12º
 • Total1 097 744 hab. (2008) hab.
 • Densidade26,37 hab./km²
Xentilicioestremeño/a
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.es
Prefixo telefónico924 (Badaxoz)
+927 (Cáceres)
Código ISOES-EX
1 O estremeño, a fala e o portugués fálanse en pequenos territorios e de forma minoritaria.
Sitio web oficial

Xeografía

Estremadura ten unha superficie de 41.634 km², e abrangue a provincia de Cáceres e mais a provincia de Badaxoz. Segundo o censo do ano 2006 do INE, a comunidade tiña 1 086 373 habitantes, o 2,74 % da poboación do estado, cunha densidade de 25,81 habitantes/km². O seu xentilicio é estremeño/-a.

A súa capital é Mérida (52.200 habitantes), e as capitais das provincias son Badaxoz (139.135 habitantes) e Cáceres (88.245 habitantes). Xunto a estas tres cidades, destacan Plasencia, 38.815 habitantes, na provincia de Cáceres e os municipios de Don Benito, 32.783 habitantes, e Villanueva de la Serena, 24.491 habitantes, estas dúas na provincia de Badaxoz, constitúen os maiores núcleos urbanos da rexión.

La-vera
Serra de Gredos na súa parte estremeña.

Dúas grandes concas hidrográficas (a do Texo, ao norte, e a do río Guadiana, ao sul), discorren de leste a oeste polo territorio estremeño. A existencia dunha completa rede de pantanos e encoros, cunha capacidade de 19.639 hm³, soporta boa parte das potencialidades enerxéticas e agrícolas da Estremadura de hoxe.

Estremadura é unha terra de contrastes que aportan á rexión unha grande variedade de matices. O clima mediterráneo con algunha influencia atlántica, con veráns moi calorosos e invernos non excesivamente fríos, determina unha rica variedade de espazos naturais nos que a auga é a principal protagonista, e onde predomina a dehesa, ecosistema natural que combina dende tempos inmemoriais a explotación dos recursos naturais e o respecto ó medio ambiente. Entre os seus espazos naturais máis significativos cabe destacar os Parque Naturais de Monfragüe, na provincia de Cáceres, e de Cornalvo, na provincia de Badaxoz, onde viven as máis puras manifestacións da vida animal e vexetal do bosque mediterráneo.

As súas principais cadeas montañosas son ao sur da provincia de Badaxoz, e limitando coas provincias de Huelva, Sevilla e Córdoba, a Serra Morena. Ao leste, limitando con Toledo e Ciudad Real, os Montes de Toledo que culminan na serra de Guadalupe (1.603 m). E ao norte o Sistema Central coas súas Serras de Francia, con límite coa provincia de Salamanca e tamén máis preto de Portugal, a Serra de Gata, onde se constata a presenza da fala do Val de Xálima.

Historia

Monasterio de Guadalupe
Mosteiro de Guadalupe
Artigo principal: Historia de Estremadura.

Algúns dos pobos prerromanos que habitaron Estremadura son os vetóns, nas provincias actuais de Cáceres e Salamanca, ademais de Ávila e Toledo. Os lusos habitaban case toda a actual Estremadura e o centro de Portugal. Cerca do Guadalquivir vivían os celtas, principalmente urbanos e que non ofreceron resistencia ás tropas romanos cando chegaron.

A provincia romana de Lusitania, incluía os territorios do sur da actual Portugal e do centro-oeste da actual España, e polo tanto, os territorios da actual Estremadura. A capital era Mérida (capital actual da comunidade autónoma), bautizada co nome de Emerita Augusta, unha das cidades máis importantes do Imperio Romano.

O século III comezaron as invasións de bandas xermánicas de bárbaros que saquearon a provincia, polo que, fortificáronse as cidades, e as murallas de entón aínda sobreviven en Mérida, Coria e Cáceres. O século V, con todo, a maioría das cidades foron abandonadas tras a invasión dos alanos e os suevos. Pouco despois comezaría a época visigoda.

Coa conquista musulmá da península Ibérica, o territorio de Estremadura quedou integrado no Al-Andalus. O 1009 creouse a Taifa de Badaxoz, unha das taifas máis extensas e poderosas da península, cunha extensión moi superior na área actual da rexión estremeña. Aínda sobreviven moitos restos arqueolóxicos desta época como a Alcazaba de Mérida, o Aljibe de Cáceres, o castelo de Trujillo e a fortaleza de Alange. A Reconquista cristiá de Estremadura foi levada a cabo principalmente polo Reino de León, na súa segunda etapa como reino independente (1072 ata 1230).

Co fin da Reconquista e o descubrimento de América, produciuse unha inmigración masiva de estremeños en América. Destacan, por exemplo, Hernán Cortés, conquistador do territorio actual de México, Francisco Pizarro, conquistador dos territorios do Perú, e Pedro de Valdivia, conquistador de Chile. O culto á virxe de Guadalupe, moi importante en México, orixinouse en Estremadura.

Plaza Alta, Badajoz
Praza de Badaxoz

Durante a guerra de Independencia española, formouse a Xunta de Estremadura, para organizar desde a descentralización a defensa do territorio. Con todo, en restaurarse o réxime liberal, Estremadura foi dividía en dous: a Alta Estremadura e a Baixa Estremadura, que en 1822 foron coñecidas como as provincias de Cáceres e Badaxoz.

O 13 de xullo de 1931 celebrouse en Badaxoz unha reunión da Asociación de Prensa, invitando ás entidades económicas e culturais pedíndolles cooperación para redactar as bases dun proxecto de estatuto rexional. O 27 de xullo do mesmo ano convocouse outra Asemblea para discutir a proposta, que non prosperou. En 1936 en Cáceres, expúxose o tema do Estatuto de Autonomía para a rexión estremeña. O 15 de xullo xa se redactou o documento e trasladouse ao Congreso dos Deputados de España para que fose admitido a discusión, como xa foran aprobados os Estatutos de Cataluña e Euskadi, mentres que o de Galicia aínda estaba en discusión. O 18 de xullo, con todo, o golpe de estado dos militares acabou coa tramitación do Estatuto.

Xa que as provincias de Estremadura atopábanse nunha situación económica moi inferior ao resto das rexións de España, en 1952 iniciouse o Plan Badaxoz destinado a mellorar a agricultura coa electrificación, sistemas de rega, a transformación e a comercialización dos produtos agrarios.

Tras a transición democrática, en 1983 as provincias de Badaxoz e Cáceres redactaron un Estatuto de Autonomía para Estremadura, aprobado polas Cortes o mesmo ano.

Organización territorial

Comarcas

Toda a comunidade autónoma de Estremadura está divida en comarcas. En total establecéronse 26 comarcas en toda a Comunidade Autónoma, das cales 11 atópanse na Provincia de Badaxoz e as 15 restantes, en Cáceres. Son as seguintes:

Provincia de Badaxoz
  • Campiña Sur
  • La Serena
  • La Siberia
  • Llanos de Olivenza
  • Sierra Suroeste
  • Tentudía
  • Tierra de Badaxoz
  • Tierra de Barros
  • Tierra de Mérida - Vegas Bajas
  • Vegas Altas
  • Zafra - Río Bodión
Provincia de Cáceres
  • Vegas del Alagón
  • Comarca de Tajo-Salor
  • Valle del Ambroz
  • Campo Arañuelo
  • Sierra de Gata
  • Tierras de Granadilla
  • Las Hurdes
  • Los Ibores
  • Comarca de Monfragüe
  • Valle del Jerte
  • Tierra de Trujillo
  • Tierra de Miajadas
  • Tierra de Montánchez
  • Sierra de San Pedro
  • La Vera
  • Las Villuercas
  • Jara
Extremadura municipalities
Mapa municipal de Estremadura.

As importantes cidades de Plasencia e Cáceres non pertencen a ningunha comarca administrativa. Ademais desta división comarcal, todos os municipios, fóra de Badaxoz, Cáceres, Mérida, Plasencia e Navalmoral de la Mata, pertencen a algunha das 32 mancomunidades nas que se dividiu a rexión, 16 en cada unha das dúas provincias.

Algunhas comarcas desapareceron debido á nova estructuración da Comunidade Autónoma, estas son: Tierra de Alcántara (dividida entre as Vegas del Alagón e a Comarca de Tajo-Salor), Señorío de Galisteo (integrada nas Vegas del Alagón), Tierra de Belalcázar, Tierra de Capilla, Tierra de Cáceres, Condado de Siruela e Campana de Albalat.

Municipios

Estremadura organízase territorialmente en 388 municipios, dos cales, 223 atópanse en Cáceres e os 165 restantes, en Badaxoz. Posúe o 4,73% dos municipios totais que integran o territorio español (8.110). As dúas provincias posúen un gran número de municipios. A Provincia de Cáceres é unha das provincias españolas con maior número de concellos e sitúase claramente por encima da media española, cifrada en 165 municipios por provincia. (Burgos conta co maior número de termos municipais con 371 concellos, e As Palmas é a provincia que ten menos con 34). Badaxoz non alcanza, por pouco, a media española por un municipio.

O Estatuto de Autonomía de Estremadura dispón que a Comunidade Autónoma ten competencia para fixar as demarcacións dos órganos xurisdicionais en Estremadura e a súa localización de acordo co que estableza a Lei Orgánica do Poder Xudicial de España, lexislación que atribúe ás Comunidades Autónomas a determinación da capitalidade dos partidos xudiciais. Existen vinte e un partidos xudiciais en Estremadura.

Demografía

A poboación de Estremadura é de 1 102 410 habitantes (01/01/2009), fonte INE, xa que logo, representa o 2,36% da poboación española (46 745 807). Posúe unha densidade demográfica de 25 hab/km², moi inferior á media de España.

Localidades máis poboadas

Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe Cidade Provincia Pob.
Badajoz panoramica

Badaxoz
Plaza mayor de Cáceres

Cáceres
Merida Roman Theatre1

Mérida
1 Badaxoz Badaxoz 146.832 11 Villafranca de los Barros Badaxoz 13.201
2 Cáceres Cáceres 92.187 12 Coria Cáceres 12.868
3 Mérida Badaxoz 55.568 13 Olivenza Badaxoz 11.814
4 Plasencia Cáceres 40.105 14 Miajadas Cáceres 10.241
5 Don Benito Badaxoz 35.334 15 Jerez de los Caballeros Badaxoz 10.177
6 Almendralejo Badaxoz 33.177 16 Trujillo Cáceres 9.860
7 Villanueva de la Serena Badaxoz 25.576 17 Talayuela Cáceres 9.282
8 Navalmoral de la Mata Cáceres 17.103 18 Los Santos de Maimona Badaxoz 8.107
9 Zafra Badaxoz 16.218 19 Moraleja Cáceres 7.983
10 Montijo Badaxoz 15.973 20 Guareña Badaxoz 7.365
Censo 2008[2]

Economía

Sede Caja de Extremadura
Sede da Caja de Extremadura en Plasencia.

O maior peso na economía de Estremadura corresponde ao sector servizos (57%). A construción e as pequenas e medianas empresas son a base dunha economía que está desenvolvendo un comercio incipiente coas terras veciñas de Portugal e que mantén un alto grao de terciarización debido ao auxe que o turismo ambiental e cultural está producindo nos ámbitos rurais, tradicionalmente agrícolas, do seu territorio.

Estremadura goza aínda nos nosos días dun crecemento económico superior ao da media española, sen dúbida partindo dun atraso económico histórico pero descubrindo e desenvolvendo novas posibilidades de mercado no sector turístico, do comercio e agroalimentario, principalmente. O proxecto de instalar unha refinería de petróleo no sur da rexión orixinou unha polémica de nivel rexional.

A rexión ten máis de 400.000 afiliados á Seguridade Social, segundo os datos de 2007.[3]

En Estremadura existen ao redor de 8.000 industrias, a maioría son pequenas e medianas empresas. Os principais subsectores son a enerxía, agroindustria, cortiza, pedra ornamental, maquinaria e téxtil.

En materia enerxética, o desenvolvemento de encoros e saltos de auga deu paso a unha estable explotación dos recursos hidroeléctricos e a unha produción de enerxía maior que as necesidades de consumo da propia rexión.

Transporte

As estradas de Estremadura teñen diferentes titularidades. Existen, polo menos, catro grandes administracións titulares de estradas na Comunidade Autónoma de Estremadura: o Ministerio de Fomento, a Xunta de Estremadura, a Deputación de Badaxoz e a Deputación de Cáceres. As principais autovías do Estado que vertebran a comunidade son a A-5, que une Madrid e Portugal pasando por Mérida e Badaxoz; e a A-66, que une Xixón con Sevilla.

No transporte público da rexión, destacan os autobuses sobre calquera outro medio de transporte público. Na rexión operan varias empresas para o transporte de viaxeiros dunhas localidades a outras, talles como LEDA ou CEVESA. Nas principais cidades, como Badaxoz, Cáceres, Mérida e Plasencia, existen liñas urbanas de autobús.

A rede ferroviario da rexión fai de ponte entre o centro de España e Portugal, e está bastante deteriorada. Nun futuro prevese que pase pola rexión o AVE, con estacións en Navalmoral de la Mata, Plasencia, Cáceres, Mérida e Badaxoz.

A 14 quilómetros da cidade de Badaxoz atópase o Aeroporto de Badaxoz, con voos directos ás principais cidades españolas e europeas. Está en proxecto ademais o Aeroporto Internacional de Estremadura.

Cultura

Patrimonio da Humanidade

Estremadura posúe tres lugares que foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco:

Do mesmo xeito preparan a súa candidatura:

A fala

A fala é un dialecto galaico-portugués con claras influencias do astur-leonés que se emprega en tres vales do noroeste cacereño (España) limítrofe con Portugal e Salamanca. Calcúlanse uns 6.000 falantes. É unha variedade lingüística romance, Lindley Cintra, Xosé Henrique Costas estableceron que tiña unha orixe galega popularizando este último a expresión galego de Estremadura, segundo Martín Galindo derivaría do portugués arcaico, portugués das Beiras [4]. Fálase en Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello dando lugar ó Valverdeiro, Lagarteiro e Mañego respectivamente.

A comarca foi repoboada por galegos nos séculos XII e XIII. A súa fala deriva da lingua galega que falaban estes colonizadores. Recentemente foi recoñecido como BIC (Ben de Interese Cultural) pola Xunta de Estremadura co fin de protexela e conservala.

Gastronomía

Morcón-Feria Madrid
O Morcón ibérico, unha das mostras das posibilidades do porco na cociña estremeña.

A gastronomía de Estremadura é o conxunto de pratos e tradicións culinarias da rexión. A apertura da Vía da Prata fixo que a cociña estremeña divulgouse por outras rexións influíndo tamén na española, mentres que ao mesmo tempo a cociña estremeña viuse influenciado por outras cociñas. A existencia de numerosos mosteiros, como o de Yuste ou o de Guadalupe, deu lugar a un esplendor culinario de receitas que proviñeron das súas cociñas.[5] Estremadura non dá ao mar, e os pratos que ofrece son fundamentalmente cárnicos e compostos de hortalizas diversas.

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
  2. INE 2008.
  3. Cifra de afiliados á Seguridade Social en 2007.
  4. "Portugués del antiguo dialecto alto-beirão de Riba-Coa", segundo J. L. Martín Galindo, "Os falaris do Val de Xálima: o manhegu, o valverdeiru i o lagarteiru", Universo Extremeño, 1, 2006, p. 42
  5. Dionisio Pérez (1929), Guía del buen comer español, ed. Maxtor, pp. 40–57.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Badaxoz

O Aeroporto de Badaxoz é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Badaxoz, a 14 km do centro urbano da cidade e a 45 km de Mérida.

Comparte pista e torre de control cunha base aérea do exército do aire español, a de Talavera la Real. A terminal civil e a base aérea están separadas pola pista, diferenciando así as dúas instalacións.

Entre 2006 e 2007, o aeroporto sufriu unha serie de obras para facer efectiva unha ampliación da terminal (de 2.500 m² a 4.400 m²), da plataforma de aeronaves (de 16.000 m² a unha para aviación comercial de 30.000 m² e outra de aviación xeral de 5.000 m²) e do aparcadoiro (pasando de 129 a 245 prazas, todas gratuítas). O 28 de xullo de 2010 púxose fin a todas as obras coa posta en funcionamento do resto de instalacións.

En 2007 marcou o seu récord de pasaxeiros, con 91 789. No ano 2017 rexistrou 49 304 pasaxeiros e 1 865 movementos de aeronaves.

Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós, en galego antigo: Badallouce) é unha cidade española, capital da provincia de Badaxoz, a máis meridional das dúas provincias de Estremadura. En 2018 tiña 150 530 habitantes.

Badaxoz está situado á beira do río Guadiana, e é a porta de entrada natural a Portugal desde a Meseta Central. Badaxoz é a cidade máis grande de Estremadura. Situada ó suroeste de España, conta cunha importante infraestrutura de estradas que a unen con cidades como Sevilla (a 200 km) ou a Autovía de Estremadura (A-5) que a une con Madrid (a 400 km) e Lisboa (a 200 km).

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Club Deportivo Badajoz

O Club Deportivo Badajoz foi un club de fútbol estremeño, da cidade de Badaxoz. Foi fundado en 1905 como Sporting Club del Liceo e xogaba na Segunda División B Española, e ao finalizar a tempada 2011/12 foi descendido por falta de pagamentos, desaparecendo durante ese mesmo verán.

Como sucesor do club naceu o Club Deportivo Badajoz 1905.

Club de Fútbol Extremadura

O Club de Fútbol Extremadura foi un club de fútbol español da cidade de Almendralejo, na provincia de Badaxoz. Foi fundado en 1924 e desapareceu en 2010, logo de quedar no 19º posto da Rexional Preferente de Estremadura.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Cáceres Ciudad del Baloncesto

O Cáceres Ciudad del Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Cáceres Patrimonio de la Humanidad é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Cáceres, Estremadura, que xoga na LEB Ouro.

Eleccións xerais de España de 1977

As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos dende as últimas eleccións celebradas en democracia.

Nestas eleccións o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo Rei en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

Estremadura, Portugal

Estremadura é unha antiga comarca ou provincia portuguesa estabelecida na Idade Media e extinta no século XIX, debendo o seu nome derivar do latín Extrema Durii (extremos do Douro), por designar os territorios adquiridos, durante a chamada Reconquista, no sur do Douro (a orixe etimolóxica da comunidade autónoma española homónima). Co avance cristián cara ao sur, a noción de Estremadura, como terra de fronteira, foi tamén alongándose, de tal forma que, no século XV, a Estremadura correspondía, grosso modo, ao que posterioremnte serían os distritos de Aveiro, Coimbra, Leiria, Lisboa, Santarém e Setúbal.

Ao longo da historia, os límites da Estremadura foron alterados moitas veces. No século XIX, cando deixou de ter significado administrativo, os seus límites correspondían, en xeral, aos posteriores distritos de Lisboa, Leiria, Santarém e Setúbal.

Extremadura Unión Deportiva

O Extremadura Unión Deportiva é un club de fútbol español da cidade de Almendralejo, na provincia de Badaxoz. Foi fundado en 2007 e compite na Liga 1|2|3, tras asscender na tempada 2017–18 de Segunda División B.

Fala de Estremadura

A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, e galego estremeño polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portuguesa falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura. Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito , a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima. O Ethnologue recólleo como unha lingua e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.

Tradicionalmente non hai un nome propio que abranga as tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val:

Mañego (mañegu), en San Martiño de Trebello.

Valverdeiro (valverdeiru), en Valverde do Fresno.

Lagarteiro (lagarteiru), nas Ellas.

Lingua estremeña

O dialecto estremeño (estremeñu) é unha variante de transición entre o castelán eo asturleonés falada nalgunhas vilas e comarcas do noroeste de Estremadura e no sur de Salamanca, tamén denominada castúo[Cómpre referencia].

Algunhas fontes como o ethnologue clasifican ao estremeño como unha variante do castelán, sendo que o estremeño parece ter características de transición entre o castelán eo grupo asturleonés. A Estremadura occidental foi reconquistada polo Reino de León, sendo o asturleonés o dialecto histórico latino usado polos repoboadores, que comezaron coa repoboación da actual zona altoestremeña ao redor do século XII.

Mérida, España

Mérida (en estremeño: Méria) é unha cidade e concello do suroeste de España, situada na provincia de Badaxoz. É a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. Cunha poboación de 57.797 habitantes (2011) é a terceira cidade máis poboada da rexión por detrás das capitais provinciais, Badaxoz e Cáceres.

Foi unha importante colonia romana, fundada no ano 25 aC polo emperador Augusto baixo o nome de Augusta Emerita, que exerceu de capital da provincia de Lusitania. Foi tamén capital do Reino Visigodo de España no século VI. En recoñecemento ao seu esplendor pasado, é a capital de Estremadura dende 1983. O seu importante conxunto arqueolóxico e monumental foi declarado pola UNESCO, en 1993, Patrimonio da Humanidade.

Provincia de Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

R-598 (Renfe)

R-598, inicialmente chamados Nexios, foi o nome comercial que recibiu un servizo ferroviario de Media Distancia prestado por Renfe Operadora en España entre os anos 2004 e 2012. Ía unido aos automotores diésel da serie 598 e cubría principalmente traxectos en liñas non electrificadas de Galiza, Estremadura e Andalucía.

Rexional Exprés

Os trens Rexional Exprés, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar de forma rápida os principais municipios de cada provincia coa capital provincial, autonómica ou estatal. A diferenza cos trens de Media Distancia marcados como Rexional estriba en que nestes últimos non existe a reserva de praza. Orixinalmente os Rexional Exprés caracterizábanse tamén por ter menos paradas, regra que xa non adoita cumprirse.

Xamón

O xamón é o nome xenérico do produto obtido das patas traseiras do porco, salgado en cru e curado de forma natural. As dúas variedades principais son o xamón español (xamón ibérico de landra, xamón de Trevélez, xamón serrano etc.) e o prosciutto italiano (de Parma, de San Daniele, de Carpegna, de Modena, toscano, veneto Berico-Euganeo, Val d'Aosta Jambon de Bosses, de Norcia, prosciutto cotto etc.). As primeiras noticias do xamón son do Imperio Romano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.