Estradas nacionais de España

As estradas nacionais de España son vías de titularidade estatal, xestionadas polo Ministerio de Fomento, e conforman a rede de estradas do estado.

Nomenclatura Plan Peña
Sistema adoptado polo Plan de Obras Públicas de 1940 (Plan Peña) para a nomenclatura da Rede de Estradas de España.
MadridPuertaDelSol Km0
Quilómetro cero das estradas radiais, na Porta do Sol de Madrid.

Nomenclatura

En 1939 o primeiro goberno franquista aprobou o Plan Xeral de Obras Públicas, elaborado baixo dirección do ministro Alfonso Peña Boeuf. O plan incluía unha Instrución de Estradas, que supuxo a primeira normativa técnica de construción de vías adaptada aos requerimentos dos coches. Amais o plan, coñecido como Plan Peña, estableceu a nomenclatura das vías:

  • A primeira cifra corresponde ao sector entre estradas nacionais radiais onde nacen. No sentido das agullas do reloxo, é a cifra da estrada radial. Así, as que teñen un 5, nacen entre a N-V e a N-VI, correspondentes ás actuais A-5 e A-6.
  • A segunda cifra indica a distancia de Madrid ao orixe da estrada en centenares de quilómetros: de 0 a 99 km = 0, de 100 a 199 km = 1 etc.
  • A terceira é o número de orde, tendo en conta que se é par, é unha estrada de circunvalación, e se é impar é radial.

As estradas das illas Baleares levan como primeiro díxito o 7, e as illas Canarias o 8. O segundo díxito varía segundo a illa: 1 para Mallorca, 2 para Menorca, 3 para Eivissa e 4 para Formentera; 1 para Gran Canaria, 2 para Tenerife, 3 para La Palma, 4 para La Gomera, 5 para Lanzarote, 6 para Fuerteventura e 7 para El Hierro. A terceira cifra segue o mesmo criterio cás da península, en función de se é de circunvalación ou radial.

No País Vasco e Navarra as competencias en materia de estradas están transferidas aos gobernos provinciais (agás a AP-68), polo que poden existir excepcións ás regras de matriculación das estradas nacionais (como no caso da N-102 ou a N-104).

Rede de Estradas do Estado

Algunhas destas estradas foron desdobradas, converténdose en autovías e autoestradas, pero mantense o seu percorrido orixinal para unha mellor comprensión. O mesmo ocorre coas estradas con tramos coincidentes, pois tamén se manteñen as estradas nacionais radiais malia que algunhas foron convertidas en autovías.

A bandeira galega indica que unha parte da estrada ou a súa totalidade discorren por Galiza.

N-I e estradas con orixe entre a N-I e a N-II

Identificador Itinerario Imaxe
 A-1   N-I  Madrid - Aranda de Duero - Burgos - Miranda de Ebro - Vitoria - Donostia - Irún - Frontera Francesa
 N-100  M-40 - A-2 - Aeroporto de Madrid-Barajas
 N-102  Aríñez - Vitoria
 N-104  Argómaniz - Vitoria
 N-110  Soria - San Esteban de Gormaz - Segovia - Ávila - Plasencia
 N-111  Medinaceli - Soria - Logroño - Pamplona
 N-113  Ágreda - Valtierra (Hostal Los Abetos)
 N-120  Galicia Logroño - Burgos - León - Ourense - Vigo N-120 en Vilasobroso, Mondariz
 N-121  Pamplona - Valtierra (Hostal Los Abetos)
 N-121-A  Pamplona - Oronoz-Mugaire - Endarlaza - Behobia
 N-121-B  Oronoz-Mugaire - Dancharinea
 N-121-C  Tudela - Tarazona
 N-122  Gallur - Tarazona - Soria - Aranda de Duero - Valladolid - Zamora - Portugal
 N-123  Benabarre - Barbastro
 N-124  Ollauri - Miranda de Ebro
 N-125  N-II - Aeroporto de Zaragoza
 N-126  Casalarreina - AP-68 - Haro
 N-135  Pamplona - Valcarlos - Francia
 N-138  Esteríbar (Zubiri) - Francia
 N-141  Bossòst - Coll del Portillón - Francia
 N-145  La Seu d'Urgell - Andorra
 N-150  Montcada i Reixac - Terrasa
 N-152  Ripoll - Francia
 N-154  Puigcerdà - Llívia
 N-156  N-II - Aeroporto de Xirona

(As estradas do País Vasco están transferidas ás Deputacións Forais de Áraba, Guipúscoa e Biscaia; e as de Navarra ao Goberno de Navarra. Algunhas estradas de Cataluña están transferidas á Generalitat de Cataluña.)

N-II e estradas con orixe entre a N-II e a N-III

Identificador Itinerario Imaxe
 A-2   N-II  Madrid - Zaragoza - Lleida - Barcelona - Xirona - Fronteira francesa
 N-204  Sacedón - Almadrones
 N-211  Alcolea del Pinar - Monreal - Alcañiz - Caspe - Fraga
 N-220  Aeroporto de Valencia - V-30
 N-221  A-7 Puçol - Valencia
 N-225  Teruel - Castelló de la Plana - Grau de Castelló (en tramos solápase coa N-340)
 N-230  Lleida - Francia
 N-231  AP-7 Castelló sur - Castelló de la Plana
 N-232  Vinaròs - Alcañiz - Zaragoza - Tudela - Logroño - Pancorbo - Cabañas de Virtus
 N-234  Sagunt - Teruel - Burgos
 N-235  AP-7 - L'Aldea
 N-236  AP-2 - Lleida
 N-237  Sagunt - Porto de Sagunt
 N-238  AP-7 - Vinaròs
 N-240  Tarragona - Lleida - Huesca - Jaca - Pamplona - Altsasu - Gasteiz - Bilbao
 N-241  A-7 - Porto de Tarragona
 N-260  Portbou - Figueres - Puigcerdà - La Seu d'Urgell - Sort - La Pobla de Segur - Castejón de Sos - Campo - Aínsa - Boltaña - Fiscal - Broto - Biescas - Sabiñánigo

(Algunhas estradas de Cataluña están transferidas á Generalitat de Cataluña.)

N-III e estradas con orixe entre a N-III e a N-IV

Identificador Itinerario Imaxe
 A-3   N-III  Madrid - Honrubia - Utiel - Valencia
 N-301  Ocaña - La Roda - Murcia - Cartagena
 N-312  Linares - Beas de Segura
 N-310  Manzanares - Villanueva de la Jara
 N-320  La Gineta - Cuenca - Guadalaxara - Venturada
 N-321  Úbeda - Xaén - Priego de Córdoba - Loja - Colmenar - Málaga
 N-322  Bailén - Albacete - Requena
 N-323  Bailén - Xaén - Granada - Motril
 N-324  Córdoba - Xaén - Guadix - Almería
 N-325  Novelda - Crevillent
 N-327  Elx - L'Altet
 N-330  Alacant - Almansa - Requena - Utiel - Teruel - Zaragoza - Huesca - Jaca - Francia
 N-331  Córdoba - Málaga
 N-332  Vera - Cartagena - Alacant - Valencia
 N-333  Écija - Xerez da Fronteira
 N-334  Sevilla - Antequera
 N-335  V-30 - Porto de València
 N-336  Baza - Huércal-Overa
 N-337  Gandia - Porto de Gandia
 N-338  A-7 - Aeroporto de Alacant- N-332
 N-339  N-IV - Aeroporto de Sevilla
 N-340  Cádiz - Alxeciras - Málaga - Motril - Almería - Murcia - Elx - Alacant - Sant Joan d'Alacant - València - Castelló de la Plana - Tarragona - Barcelona
 N-341  Venta del Pobre - Carboneras
 N-342  Xerez da Fronteira - Arcos de la Frontera - Antequera - Granada - Guadix - Baza - Puerto Lumbreras
 N-343  Alumbres - Escombreras
 N-344  Almería - Alcantarilla - Fuente la Higuera
 N-345  La Unión - Portmán
 N-346  A-4 - Aeroporto de Xerez da Fronteira
 N-347  Motril - Porto de Motril
 N-348  MA-21 - Aeroporto de Málaga
 N-349  AP-4 - A-4 Xerez da Fronteira
 N-350  N-340 - Porto de Alxeciras (Sur)
 N-351  San Roque - Xibraltar
 N-352  Circunvalación de Ceuta
 N-354  Porto de Ceuta - Benzú
 N-357  A-7 - Porto de Alxeciras (Norte)
 N-362  Ceuta - Benzú

Algunhas estradas de Andalucía están transferidas á Xunta de Andalucía.

N-IV e estradas con orixe entre a N-IV e a N-V

Identificador Itinerario Imaxe
 A-4  ( N-IV ) Madrid - Córdoba - Sevilla - Cádiz
 N-400  Toledo - Aranjuez - Ocaña - Santa Cruz de la Zarza - Tarancón - Cuenca
 N-401  Burguillos de Toledo - Cidade Real
 N-403  Toledo - Maqueda - Ávila - Adanero
 N-420  Montoro - Cidade Real - Puerto Lápice - Alcázar de San Juan - Cuenca - Ademuz - Teruel - Montalbán - Valdealgorfa - Reus - Tarragona
 N-430  Badaxoz - Mérida - Cidade Real - Albacete - Valencia
 N-431  Sevilla - Huelva - Portugal
 N-432  Badaxoz - Zafra - Córdoba - Granada
 N-433  El Garrobo - Rosal de la Frontera - Portugal
 N-435  La Albuera - Jerez de los Caballeros - Fregenal de la Sierra - San Juan del Puerto
 N-437  Córdoba - Aeroporto de Córdoba
 N-441  Peguerillas - Huelva
 N-442  Huelva - Mazagón
 N-443  Puerto Real - Cádiz
 N-444  A-49 - Cartaya
 N-445  A-49 - Lepe
 N-446  A-49 - Isla Cristina
 N-447  A-49 - Ayamonte

(Algunhas estradas de Andalucía están transferidas á Xunta de Andalucía).

N-V e estradas con orixe entre a N-V e a N-VI

Identificador Itinerario Imaxe
 A-5  ( N-V ) Madrid - Talavera de la Reina - Mérida - Badaxoz - Portugal
 N-501  Ávila - Peñaranda de Bracamonte - Salamanca
 N-502  La Serrada - Talavera de la Reina - Alcaudete de la Jara - Herrera del Duque - Almadén - Espiel
 N-521  Trujillo - Cáceres - Valencia de Alcántara - Portugal
 N-523  Cáceres - Badaxoz
 N-525  Galicia Benavente - Ourense - Santiago de Compostela O Canizo N-525
 N-532  Galicia Verín - Portugal N-532 Tamaguelos
 N-536  Galicia Ponferrada - A Rúa N-536
 N-540  Galicia Lugo - Ourense Rabelas - Parroquia de Veiga - Chantada (Lugo)
 N-541  Galicia Ourense - O Carballiño - Pontevedra N-541
 N-542  Galicia N-525 - Ourense
 N-543  Galicia N-540 - N-640
 N-544  Galicia N-525 - N-120
 N-547  Galicia Guntín - A Lavacolla Melide Galiza 2008-02-07 13
 N-550  Galicia A Coruña - Santiago de Compostela-Pontevedra-Tui Santiago.N-550 Galiza 02
 N-551  Galicia Tui - Portugal
 N-552  Galicia Redondela - Porto de Vigo
 N-553  Galicia AP-9 - N-550
 N-554  Galicia Vilaboa - Ponte de Rande O Toural, Vilaboa
 N-555  Galicia Redondela - Aeroporto de Peinador Estrada N-555
 N-556  Galicia Vigo - Aeroporto de Peinador
 N-557  Galicia A Coruña - Porto da Coruña
 N-558  Galicia Pontevedra - Porto de Marín
 N-559  Galicia A-52 (concello das Neves) - N-120 (concello de Covelo)
 N-560  (Avenida do Aeroporto) Galicia Rúa Aragón (Vigo) - N-555

N-VI e estradas con orixe entre a N-VI e a N-I

Identificador Itinerario Imaxe
 A-6  ( N-VI ) Galicia Madrid - Medina del Campo - Tordesillas - Benavente - Ponferrada - Lugo - A Coruña N-VI Becerreá
 N-601  Adanero - Montuenga - Olmedo - Valladolid - Medina de Rioseco - Mansilla de las Mulas - León
 N-603  San Rafael - Segovia
 N-610  Palencia - Paradores de Castrogonzalo (Benavente)
 N-611  Santander - Torrelavega - Reinosa - Aguilar de Campoo - Palencia - Venta de Baños
 N-620  Burgos - Venta de Baños - Valladolid - Tordesillas - Salamanca - Ciudad Rodrigo - Portugal
 N-621  Unquera - León
 N-622  Lerma - Quintana del Puente
 N-623  Burgos - Santander
 N-625  Mansilla de las Mulas - Cistierna - Riaño - Arriondas
 N-627  Aguilar de Campoo - San Martín de Ubierna
 N-629  Colindres - San Martín de Ubierna
 N-630  Xixón - Oviedo - Mieres - Porto de Pajares - León - Zamora - Salamanca - Plasencia - Cáceres - Mérida - Sevilla
 N-631  Embalse de Ricobayo ( N-630 ) - Rionegro del Puente ( N-525 )
 N-632  Ribadesella - Xixón - Avilés - Luarca
 N-633  Aeroporto de Bilbao
 N-634  Galicia Santiago de Compostela - Oviedo - Ribadesella - Torrelavega - Bilbao - Donostia Puente de la Maza, San Vicente de la Barquera
 N-635  Muriedas - Solares
 N-636  S-10 - Aeroporto de Santander
 N-637  Barakaldo - Galdakao
 N-638  Mendelu - Aeroporto de Donostia - Hondarribia
 N-640  Galicia O Hospital - Lalín - A Estrada - Vilagarcía de Arousa
 N-641  Xixón - El Musel
 N-642  Galicia A Veiga - San Cibrao N-642 e LU-133 (ao fondo)
 N-643  Folgueras - Aeroporto de Asturias
 N-651  Galicia Betanzos - Fene
 N-655  Galicia Freixeiro - Porto de Ferrol
N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-542

A N-542 é unha estrada nacional multicarril de lonxitude inferior a un quilómetro que serve para aumentar a capacidade da N-120 na altura do barrio do Pino, en Ourense.

N-544

A N-544 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-525 coa N-120, circunvalando a cidade de Ourense polo leste. Ten 1,81 km de lonxitude e caracterízase polo viaduto que salva o río Miño á altura do encoro de Velle.

N-547

A N-547 ou estrada Lugo - Santiago de Compostela é unha estrada nacional convencional que une a N-540, na altura de Guntín, coas vías estatais A-54 e N-634 no concello do Pino. Foi creada en 1988, tomando o trazado da antiga C-547.Trátase dunha estrada cun elevado índice de sinistralidade, en espera de que se remate completamente a A-54.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

N-552

A N-552 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-550 (da que formou parte até 1988), na altura da vila de Redondela, coa cidade de Vigo. Nos seus 9,72 quilómetros de percorrido ten varias conexións coa AP-9, de trazado paralelo desde a ponte de Rande até o barrio de Teis.

Trátase dunha estrada cunhas marxes moi urbanizadas o que supuxo que se construíran diversas rotondas ao longo do seu traxecto para mellorar a súa conectividade ademais da seguridade viaria.

N-554

A N-554 é unha estrada nacional, que une a estrada N-550 ó seu paso por Vilaboa, con Domaio, Moaña, onde liga coa AP-9, a estrada PO-551, e o CG-4.1.

Adoptou esta denominación en 1988 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi reformada en 2009.

Mide 10 quilómetros, indo a maioría da estrada paralela á enseada de San Simón e á AP-9. Atravesa as aldeas do Toural, Acuña (parroquia de Vilaboa), Riomaior (Santa Cristina de Cobres), e Santradán (Cobres).

N-555

A N-555 é unha estrada nacional que vai desde Redondela até o aeroporto de Peinador.

N-556

A N-556 é unha estrada nacional convencional que une o remate da N-555 co aeroporto de Vigo e a AP-9. Foi creada en 1988, tomando o trazado da PO-322, aínda que en 2005 foron transferidos 14,01 quilómetros (denominados Avenida do Aeroporto) á administración local de Vigo, ficando a actual vía con só 1,03.

N-559

A N-559 ou Conexión A-52 / N-120 é unha estrada nacional convencional que conecta a A-52 coa N-120 no limiar entre as comarcas do Condado e a da Paradanta. Atravesa os concellos das Neves, A Cañiza, Mondariz e Covelo, cun percorrido de 5,61 quilómetros.

N-634

A estrada N-634 é unha vía terrestre que discorre entre o barrio de Errekalde en Donostia e Santiago de Compostela ó longo de toda a costa cantábrica. É de dobre sentido e mide 900 quilómetros. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

N-655

A N-655 ou Acceso ao porto exterior de Ferrol é unha estrada nacional que conecta a FE-12, da Rede de estradas do Estado, co porto exterior de Ferrol, ademais doutras vías intermedias como a AC-116 e a AG-64.

N-VI

A N-VI, coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.