Estrabón

Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24) d.C., foi un xeógrafo grego.

Estrabón
Strabo
Estrabón, Στράβων (gravado do século XVI)
Nacemento64 ou 63 a.C.
 Amaseia (actual Amasia, Turquía)
Falecemento24 d.C.
 Amasia
Nacionalidadegrego
EtniaPónticos
OcupaciónXeógrafo e historiador

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía) que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma.

Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.

Map of Europe according to Strabo
Europa segundo Estrabón coa localización das Casitérides.

Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.

A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.

  • Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra.
  • Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia.
  • Os libros XI e XVII describen Asia Menor.
  • O libro XVII describe África (Exipto e Libia).

Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.

Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.

Véxase tamén

Ligazóns externas

7

Este é o artigo sobre o ano. Para o número, véxase sete

7 foi o sétimo ano da era actual.

Almadén

Almadén é un concello español da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Situado a 589 metros de altitude, ten unha poboación de 6.175 habitantes (2010).

Posúe unhas importantes minas de cinabrio, mineral do que se extrae mercurio. As reservas deste mineral son as máis grandes do mundo e eran xa explotadas en tempos de Estrabón, Vitrubio e Plinio, que aluden ao cinabrio de Almadén ao mencionar a próxima cidade romana de Sisapo, situada no val de Alcudia.

Apalpador

O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores).

Cosmoloxía

A cosmoloxía (do grego κόσμος kósmos universo, e λόγος lógos coñecemento), é a rama da astronomía que estuda a orixe, estrutura e evolución do Universo a partir da aplicación de métodos científicos.

A cosmoloxía confúndese moitas veces coa astrofísica, que é a rama da astronomía que estuda a estrutura e as propiedades dos obxectos celestes e o universo como un todo a través da física teórica. A confusión ocorre porque ambas as dúas ciencias, nalgúns aspectos, seguen camiños paralelos e moitas veces considerados redundantes, aínda que non o sexan.

Cosso

Cosso (ou Cosus; Cossue ou Cosei en dativo) é un deus guerreiro dos galaicos, que gozou dunha gran popularidade entre os galaicos lucenses. Foi un dos deuses máis venerados na antiga Gallaecia. Varios autores sinalan a que Cosso e Bandua sexan o mesmo deus, non obstante estarían baixo diferente denominación.

Década de 20

A década de 20 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 20 e remata o 31 de decembro de 29.

Helenios

Os helenios foron unha tribo galaica, documentada por Plinio o Vello, a quen denomina heleni, e que darían o seu nome á cidade de Helenos, mencionada por Estrabón.

Jaca

Jaca (en aragonés: Chaca) é unha cidade e municipio da provincia de Huesca, na Comunidade Autónoma de Aragón, capital da comarca da Jacetania. A súa poboación alcanzaba 13.193 habitantes no ano 2008.

Jaca é sé episcopal católica e etapa na vía aragonesa do Camiño de Santiago.

Mar de Mirtoon

O Mar de Mirtoon (grego: Mυρτώο Πέλαγος, Myrtoo Pelagos), é unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e o Peloponeso. É descrito como a parte do Mar Exeo ao sur de Eubea, Ática e Argólida. parte da masa de auga do Mar Negro chega ao mar de Mirtoon, transportada a través do mar Exeo.(Saundry, Hogan & Baum. 2011)

O Golfo Sarónico, o golfo de Atenas, sitúase entre a Canle de Corinto e o Mar de Mirtoon.

Dise que foi nomeado despois de que o mítico heroe Mirtilo, que fora lanzado a este mar por un enfurecido Pélope. O nome tamén estivo relacionado co da doncela Mirto. Tamén se di que deriva o seu nome dunha pequena illa chamada Mirtus. [Cómpre referencia]

Suevos

Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. 58 a. C. Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación. Actualmente ocupan máis da metade de Xermania, e están divididos en varias tribos con distintos nomes, malia que todos son chamados de xeito xeral como suevos".Outrora, a etnografía clásica aplicou o termo "suevo" a tantas tribos xermánicas que se cre que nos primeiros séculos despois de Cristo ben puidera ser un substituto de "xermanos". Os autores clásicos consideraron que os suevos, en comparanza con outras tribos xermánicas, eran moi móbiles e non moi dependentes da agricultura.Varios grupos de suevos trasladáronse dende o Mar Báltico e o río Elba, converténdose nunha ameaza ó Imperio Romano nas fronteiras dos ríos Rin e Danubio. Cara a fin do imperio, os alamáns, un grupo de tribos suevas, asentáronse nos Campos Decumanos e posteriormente cruzaron o Rin e ocuparon a rexión de Alsacia. Un reduto deles ficou na rexión hoxe chamada Schwaben, unha área do suroeste de Alemaña cuxo nome moderno procede dos suevos. Outros movéronse cara a Gallaecia e estableceron o Reino Suevo de Galicia, que durou 170 anos antes de ser integrado no Reino Visigodo.

Suídas

Suídas (Suidas, en grego Σουΐδας) ou a Suda (Σοῦδα, Suda) é unha gran enciclopedia bizantina sobre o mundo antigo, escrita en grego sobre o século X. Foi probabelmente escrita por varios eruditos, malia que a miúdo se considerou o nome de Suídas como o do autor, pero Suídas ou Suda é tamén unha palabra grega que quere dicir fortín, guía e por iso tanto se pode falar da Suda como de Suídas.

A enciclopedia ten trinta mil entradas e moitos debuxos, unha parte dos cales se perderon; está ordenada alfabeticamente con algunhas irregularidades. A mesma obra menciona como fonte a Onomatologion de Hesiquio de Mileto, e outras fontes como os resumos de Constantino VII Porfiroxénito, a crónica de Xurxo o Monxe, as biografías de Dióxenes Laercio, e as obras de Ateneo e Filóstrato.

Non se sabe moita cousa da súa compilación. Xa o menciona Eustaquio de Tesalónica no século XII, e di que o autor foi Suídas, un compilador que tratou de recoller todo o saber da época e que viviu entre 976 e 1028. Estrabón menciona un Suídas que escribiu unha historia de Tesalia pero non podería ser o mesmo compilador pola diferenza cronolóxica.

A Suda está a medio camiño entre un dicionario e unha enciclopedia; explica a orixe e a derivación das palabras segundo os coñecementos da época. Os artigos máis valiosos son os da historia da literatura posto que dá datos de autores cuxa obra se perdeu.

Nas edicións da Suda aparece a seguinte nota: Τὸ μὲν παρὸν βιβλίον Σοῦδα, οἱ δὲ συνταξαμἐνοι τοῦτο ἄνδρες σόφοι seguida dunha lista de doce nomes.

Vate

Os antigos escritores latinos empregaban o termo vate significando 'profeta' e 'vidente' en xeral; a palabra caeu en desuso no latín até que foi revivida por Virxilio [1]. Posteriormente, Ovidio describiu a si mesmo coma o vates de Eros (Amores 3.9).

De acordo com Estrabón, [2] Diodoro Sículo [3] e Posidonio, os vates (ουατεις) eran unha das tres clases do sacerdocio celta, sendo as outras dúas os druídas e os bardos. Os vates tiñan o papel de videntes e realizaban sacrificios (inclusive –e supostamente– sacrificios humanos), so a dirección dun druída. O seu papel, polo tanto, corresponde ao dun Adhvaryu na relixión védica.

O termo vates orixinou o termo irlandés fáith 'profeta', 'vidente'. [4]

Xeografía

A xeografía (provén do latín geographĭa e este dende o grego «γεωγραφία» xeografía 'descrición da terra', composto de "η γη" (hê gê) a Terra e "γραφειν" [graphein] describir, debuxar) é a ciencia que ten por obxectivo o estudo e a representación gráfica da superficie terrestre así como a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a Lúa e o Sol (xeografía matemática), e entre os humanos e o ambiente (xeografía humana). Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza. A natureza enténdese aquí como as forzas que xeraron ou contribúen a moldear o espazo xeográfico, é dicir, a dinámica e interaccións que existen entre a atmosfera, litosfera, hidrosfera e biosfera.

O primeiro autor en utilizar a palabra Xeografía foi Eratóstenes (276-194 a. C.) nunha obra hoxe en día perdida. Con todo, a fundación da xeografía atribúeselle ao tamén considerado pai da Historia, Heródoto (484-425 a. C.). Para os gregos é a descrición racional da Terra, e particularmente para Estrabón, é o estudo das distintas rexións humanas como base para a formación do político.

Existen catro tradicións históricas na investigación xeográfica, as cales son: a análise espacial de fenómenos naturais e humanos, os estudos do territorio (do lugar á rexión), o estudo da relación entre o home e a súa contorna, e a investigación das ciencias da Terra.A Xeografía moderna é unha disciplina cuxo obxectivo primordial é a explicación de toda unha serie de fenómenos naturais e sociais e non se refire só á localización deses fenómenos, senón que tamén estuda como son e como cambiaron para chegar a ser o que son. A Xeografía divídese en dúas ramas principais, a saber, xeografía física e xeografía humana.

A xeografía humana ocúpase do estudo das persoas e as súas comunidades, culturas, economía e interaccións co medio ambiente mediante o estudo das súas relacións co espazo e o lugar e a través del.

A xeografía física ocúpase do estudo de procesos e patróns na contorna natural como a atmosfera, a hidrosfera, a biosfera e a xeosfera.

Isto quere dicir que a xeografía é unha ciencia que se cuestiona simultáneamente polas pegadas deixadas polas sociedades (desenvolvemento dos espazos) ou a natureza (oroxénese das montañas, impacto do clima, etc.); así mesmo, a dinámica e organización espacial das sociedades e á súa vez as do medio físico (como o cambio climático ou o aumento do nivel medio do mar). É por iso que a Xeografía interésase nos fundamentos (físicos e humanos) así como nas dinámicas (demográficas, socio-económicas, culturais, climáticas, bioxeográficas, xeomorfolóxicas) que teñen lugar nas distintas rexións. Doutra banda esta disciplina comezou a integrar aos poucos diversos campos culturais, como a pintura paisaxista, a literatura descritiva e inclusive o cine.

Ártabros

Os ártabros ou arrotrebas eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da península Ibérica. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a. C. Segundo o historiador Benito Vicetto o fundador dos ártabros sería Artai, o primoxénito de Breogán.Xunto cos célticos e os nerios parecen configurar un grupo diferenciado dentro do pobo dos galaicos. Viría en apoio desta hipótese a ausencia das habituais ofrendas aos deuses galaico-lusitanos, Bandua e Reue, en substitución de Cosso (divindade tamén presente en territorio dos ástures pero non na Bracarense e Lusitania). A súa diferenciación respecto de outros galaicos tamén é comentada por Estrabón:

Estrabón refírese aos célticos da Beturia, asentados no val do actual Guadiana, e aos túrdulos célticos da costa media de Portugal. Se desertaron tras cruzar o río Limia, despréndese que non atoparon nos brácaros e nos callaecos, as mesmas relacións de identidade que cos célticos do norte.

Éfeso

Éfeso (grego Ephesos, latín Ephesus) foi unha das doce cidades de Xonia (hoxe en Turquía), preto da desembocadura do río Caistros, e á súa beira. Tiña un porto que se chamaba Panormos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.