Estela de Nicer

A estela de Nicer Clutosi é unha estela funeraria do século I d.C. Atopada en 1932 no concello de Vegadeo, a estela fai referencia a Nicer, fillo de Clutoso, príncipe dos Albións. Hoxe en día está exposta no Museo Arqueolóxico de Asturias, en Oviedo.

A inscrición da estela é a seguinte :

«XP NICER CLUTOSI Ɔ CARIACA PRINCIPIS ALBIONUM AN LXXV HIC S EST»,

Cuxa tradución sería: Nicer, (fillo) de Clutoso (do castro) de Cariaca, (da casa) do príncipe dos Albións, de 75 anos, xace aquí.

Galician-Celtic princeps - albioni
Foto da estela.
Llapida albiones
Estela de Nicer

Antigüidade

Existe a teoría que refuta a idea de que a estela sexa do século I, xa que o Crismón que coroa a epígrafe é cristián. Polo tanto non podería ser anterior ó século IV ou V.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Albións

Os albións ou albiones (latín: albioni) eran un pobo galaico da Gallaecia, comprendidos dentro do Convento xurídico lucense, que se situarían no territorio costeiro comprendido das marxes do Navia, no que na actualidade é a Asturias occidental.

Lingua galaica

O galaico, tamén coñecido como hispano-celta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q) ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falado a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida. Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.

Nicer, fillo de Clutoso

Nicer, fillo de Clutoso ou na forma en latín Nicer Clutosi, foi un príncipe dos galaicos, fillo de Clutoso, que mandou sobre a tribo dos albións durante o século IV.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.