Estado de conservación

Estado de conservación fai referencia á dinámica das poboacións de determinada especie, ou taxon superior, dun ser vivo.

Xeralmente, a ameaza ás especies débese na actualidade á acción antrópica, sexa pola agricultura intensiva, a construción de cidades ou de estradas, centrais hidroeléctricas e outras obras.

O estudo das poboacións permite coñecer o seu estado de conservación, aínda que a protección delas depende de medidas de preservación que son tomadas polos poderes públicos ou, ás veces, por particulares.

Categorías

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (IUCN) clasifica cada poboación nunha das seguintes nove categorías (a abreviatura que segue é, por convención, a da categoría en inglés):

* Extinta EX Status iucn3.1 EX gl
* Extinta na natureza EW Status iucn3.1 EW gl
* En perigo crítico CR Status iucn3.1 CR gl
* En perigo EN Status iucn3.1 EN gl
* Vulnerábel VU Status iucn3.1 VU gl
* Case ameazada NT Status iucn3.1 NT gl
* Segura ou pouco preocupante LC Status iucn3.1 LC gl
* Posiblemente extinta PE Status none PE
* Posiblemente extinta na natureza PEW Status none PEW
* Datos insuficientes, DD
* Non avaliada, NE

Criterios de clasificación

  1. Tamaño da área de distribución: ampla en varios biomas / ampla en apenas un bioma / restrinxida a un bioma ou microrrexión / restrinxida e microendémica
  2. Alteracións ambientais: hábitat natural con pouca acción antrópica / con moderada presión antrópica (como máximo estradas asfaltadas) / hábitat natural case totalmente destruído ou descaracterizado
  3. Amplitude de distribución: grande ocorrencia en ambientes secundarios / sobrevive en ambientes secundarios / ocorre en ambientes secundarios aínda que depende de poboacións en ambientes primarios / só ocorre en vexetación primaria
  4. Variación poboacional do taxon: é moi frecuente ao longo da súa área de distribución / é frecuente / é pouco frecuente / é raro
  5. Variación poboacional: poboadores estables ou crecentes / poboacións declinando a un ritmo lento / a un ritmo moderado / con acentuada redución

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Acedía

A acedía (Dicologlossa cuneata, Moreau 1881) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos.

Trátase dun pequeno linguado, de até 30 cm de longura como máximo, que habita en fondos mariño areosos ou lamacentos entre os 10 e os 450 m de profundidade, nas costas do Atlántico oriental (desde o mar do Norte e as illas británicas até o cabo da Boa Esperanza) e no mar Mediterráneo.

Arenque

O arenque, Clupea harengus Linnaeus, 1758, é unha especie de peixe osteíctio mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos, unha das tres que conforman o xénero Clupea.

Esta especie é unha das comercialmente máis importantes no norte do océano Atlántico.

Segundo Eladio Rodríguez, chámanse tamén arenques as sardiñas grandes salgadas ou afumadas.

Ríos Panisse localiza esta denominación en Sada, Ribeira e na península do Morrazo.

Artes, Carballo

San Xurxo de Artes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 685 habitantes (343 homes e 342 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 686 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 623 habitantes, sendo 301 homes e 322 mulleres.

BirdLife International

BirdLife International é unha organización internacional dedicada á protección das aves e os seus hábitats. Trátase dunha federación de asociacións democráticas e independentes que teñen como obxectivo a conservación e o estudo das aves. Actualmente a rede mundial de BirdLife International conta con representantes en máis de 100 países.BirdLife International fundárona en 1922 os ornitólogos norteamericanos Gilbert Pearson e Jean Théodore Delacour co nome International Council for Bird Preservation (ICBP). Tratábase dun grupo de presión que deixou de actuar despois da Segunda Guerra Mundial. Volveu á actividade en 1983 co nomeamento dun director profesional e cambiou o seu nome en 1993 polo actual de BirdLife International.

Entre os seus Presidentes de Honor están a princesa Takamado do Xapón e a raíña Noor de Xordania.Os obxectivos de BirdLife International son:

Previr a extinción de todas as especies de aves

Mellorar o estado de conservación das aves

Conservar e mellorar os hábitats das aves do mundo

Conservar a través das aves a biodiversidade do planeta e a calidade de vida das persoas.BirdLife International é membro da Lista Vermella da IUCN e a súa autoridade oficial en materia de aves.BirdLife realiza cooperacións con máis de catro mil traballadores, dous millóns e medio de socios, dez millóns de seguidores e xestiona máis de 1 millón de hectáreas.BirdLife International ten programas de traballo conservacionistas nas seguintes partes do mundo, que son descritas como "rexións": África, as dúas Américas, Asia, Europa e Asia central, o Oriente Próximo e o Pacífico.En cada unha das rexións, BirdLife ten nove programas, algúns dos cales xa están ben establecidos e outros son de implantación máis recente e responden a asuntos específicos sobre a conservación. Ademais dos programas rexionais, hai programas "globais", que non son específicos dunha rexión, os cales axudan ás organizacións membros a traballar en prioridades comúns, proporcionan un marco de planeamento, aplicación e monitorización e avalían o traballo de conservación realizado. Os progamas de BirdLife son: o Programa Mariño e de Aves Mariñas, o Programa de Prevención das Extincións de Birdlife, o Programa de Aves e Rutas Migratorias, o Programa de Cambio Climático, o Programa de Bosques da Esperanza, o Programa de Apoderamento Local, o Programa de Especies Alleas Invasivas e o Programa de Áreas Importantes para a Biodiversidade e as Aves.BirdLife International publica unha revista chamada World Birdwatch, que contén novas recentes e artigos acreditados sobre aves, os seus hábitats, e a súa conservación arredor do mundo.

Cadrón, Lalín

Santo Estevo de Cadrón é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 155 habitantes (89 mulleres e 66 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes.

Nesta parroquia naceu o escritor e político José Luis Sucasas.

Castelo de Doiras

O castelo de Doiras, tamén coñecido como Castelo da Ferrería, é unha fortificación medieval. Sitúase no alto dun risco á beira do río Cancelada, no lugar de Doiras, na parroquia de Vilarello, do concello lugués de Cervantes, preto da Ferrería de Fonquente.

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Especies ameazadas

Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.

Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa explotación económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura e gandaría coa preservación da cobertura vexetal e por tanto da diversidade da flora e da fauna.

FloraBase

FlorBase é unha web de acceso público da base de datos da flora de Australia Occidental. Achega información científica autorizada sobre 12.978 taxóns, incluíndo descricións, mapas, imaxes, estado de conservación e detalles de nomenclatura. Tamén se rexistran 1.272 exóticos taxóns (malezas naturalizadas).O sistema toma os datos dunha serie de conxuntos, incluíndo o censo das plantas de Australia Occidental e da base de datos do Herbario de Australia que mostra preto de 650.000 coleccións de plantas. Estabeleceuse en novembro de 1998 por Alex Chapman, un científico de investigación e botánico do Herbario.

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, ordenados por provincias.

Miñortos, Porto do Son

San Martiño de Miñortos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 451 habitantes (231 homes e 220 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación.

Montes de Carracedo

Os montes de Carracedo limitan entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo e forma parte polo tanto das serras setentrionais de Galiza. Están cubertos por pasteiros, agás no litoral, onde aínda existen fragas en bos estado de conservación ou áreas de repoboación con piñeiro e eucalipto.

O punto máis elevado é O Carracedo, con 883 metros sobre o nivel do mar.

Mosteiro de San Xulián de Samos

O mosteiro de San Xulián de Samos é un mosteiro medieval fundado no século VI, segundo a tradición por Martiño de Dumio, que chegou a ser un dos de maior importancia de Galicia, e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos beneditinos e está no concello de Samos, (provincia de Lugo).

Neda

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

Oso pardo

O oso pardo (Ursus arctos) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros (aínda que o seu réxime alimenticio é omnívoro) da familia dos úrsidos propio de Eurasia e Norteamérica.

Quenlla

A quenlla (Prionace glauca) é unha especie de elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), familia dos carcarrínidos (Carcharhinidae).

É un tiburón peláxico e cosmopolita, que se distribúe por todos os océanos e mares do mundo.

Torres de Altamira

As Torres de Altamira son as ruínas dun castelo medieval e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na Idade Media en Galicia.

Troita

A troita, Salmo trutta fario, é un peixe osteíctio de auga doce, unha forma de Salmo trutta, ou subespecie, segundo os autores.

Ávila

Ávila é unha cidade española, en Castela e León, capital da provincia homónima. Situada a 1.128 m de altura, nun promontorio rochoso na beira dereita do río Adaja, afluente do Douro, é a capital de provincia sita a máis altitude de España, e a cuarta cidade máis alta de Europa. A súa área municipal acada 231,9 km². A súa poboación alcanzaba 52.612 habitantes en 2005. O xentilicio para se referir aos seus moradores é "abulenses".

Ávila de los Caballeros é un título honorífico da cidade. Outro é "Ávila del Rey", e aínda "Ávila de los leales". Entre 1482 e 1807 contou con unha universidade.

A cidade caracterízase, especialmente, por estar arrodeada dunha muralla medieval completa, de orixe románica. Tamén é unha das cidades con maior número de igrexas (románicas e góticas) con relación ao número dos seus habitantes. En 2012 o seu término municipal concentraba o 34% do total de poboación da provincia.

Trala fundación romana e a asimilación da poboación autóctona vetona da zona, pois non existen indicios claros dun asentamento prerromano no casco histórico, a cidade pasaría ao poder visigodo. Ávila caeu, do mesmo xeito que a maior parte do territorio peninsular, baixo dominio musulmá a comezos do século VIII, e non sería reconquistada de forma definitiva polas tropas cristiás ata o século XI. Experimentou un notable auxe durante o século XVI, para verse posteriormente sumida nunha prolongada crise e declive ata o século XIX, no cal a construción do ferrocarril conseguiu dar un empuxe ao desenvolvemento económico.

Ávila posúe os títulos de «Ávila do Rei», outorgado por Afonso VII, «Ávila dos Leais» outorgado por Afonso VIII e «Ávila dos Cabaleiros» outorgado por Afonso XI, todos eles presentes na bandeira da cidade. O aceno de identidade é a súa completa muralla medieval, de estilo románico, destacando tamén outras construcións representativas como a catedral do Salvador, cuxo ciborio móntase sobre a muralla, ou a basílica de San Vicente, foi considerada tradicionalmente como «cidade de cantos e de santos» e o seu casco histórico medieval, en excelente estado de conservación, foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1985.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.