Estado de Chiapas

Chiapas é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman os Estados Unidos Mexicanos. Atópase no sueste de México, sendo o 19º estado de México, tras plebiscito popular, o 14 de setembro de 1824. É coñecido polos seus atractivos turísticos, coa natureza e ruínas das civilizacións precolombianas, entre cidades coloniais e co contacto directo coas diferentes etnias que cohabitan no estado. Exemplos de lugares turísticos son a zona arqueolóxica de Palenque e as fervenzas de Agua Azul.

Limita polo leste con Guatemala, polo oeste con Oaxaca, polo norte con Tabasco, polo sur co océano Pacífico e polo noroeste con Veracruz. Ten 122 concellos.

Chiapas
Estado Libre y Soberano de Chiapas
Bandeira de Chiapas
Escudo de Chiapas
BandeiraEscudo
Chiapas in Mexico (location map scheme)
Lema: n/d
Himno: Himno a Chiapas
EstadoFlag of Mexico.svg México
CapitalTuxtla Gutiérrez
 • Poboación553 374 (2010)
Cidade máis poboadaTuxtla Gutiérrez
Lingua oficialNingunha1
Forma de gobernoEstado federado
Manuel Velasco Coello
Creación como estado20 de setembro de 1786
SuperficiePosto 8º
 • Total73.211 km²
PoboaciónPosto 7º
 • Total4 796 580 (2010) hab.
 • Densidade57,9 hab./km²
Fuso horarioUTC-6
Código ISOMX-CHP
1O castelán e 62 linguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Goberno do Estado de Chiapas. Agenda Estadística de Chiapas.
  • Gordillo y Ortiz, Octavio. (1977). Diccionario Biográfico de Chiapas. Costa Amic. Tuxtla Gutiérrez, México.
  • Juarros, Domingo. (1981). Compendio de la Historia del Reino de Guatemala 1500-1800. Editorial Piedra Santa. Guatemala.
  • Orozco Zuarth, Marco A. (1994). Síntesis de Chiapas. Ediciones y Sistemas Especiales. Tuxtla Gutiérrez, México.
  • Robledo Santiago, Edgar. (1990). Valores Humanos de Chiapas. Tuxtla Gutiérrez, México.
  • Thompson, Roberto G. y Poo, María de Lourdes. (1985). Cronología histórica de Chiapas, (...1516-1940). CIES. San Cristóbal de Las Casas, México.
  • Ángel Ramiro Montes de Oca. Peccata minuta (3a. y 4a. de forros) -Colección Premio- Editorial Icimavall. Perú, Madrid, Miami, México.

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
El Bosque

El Bosque pode referirse a:

Lugares:

El Bosque, municipio da provincia de Cádiz, en Andalucía.

El Bosque, municipio do estado de Chiapas, en México.

El Bosque, comuna de Santiago, de Chile.

El Bosque, localidade do municipio de Entrambasaguas, na comunidade autónoma de Cantabria, en España.

El Porvenir

El Porvenir foi o nome de varios periódicos:

El Porvenir, periódico publicado en Santiago de Compostela en 1845.

El Porvenir, periódico conservador editado en Ferrol en 1870.

El Porvenir, periódico publicado en Santiago de Compostela entre 1875 e 1882.

El Porvenir, periódico editado en Pontevedra en 1875.

El Porvenir, semanario editado en Noia en 1893.

El Porvenir, periódico republicano editado en Ourense en 1896.

El Porvenir, semanario publicado en Ribadavia entre 1922 e 1925.

El Porvenir de Monforte, periódico editado en Monforte de Lemos en 1900.

El Porvenir de Valdeorras, periódico editado no Barco de Valdeorras entre 1891 e 1892.

El Porvenir Hispano-Lusitano, periódico editado en Vigo en 1858.

Estación Libre

Estación Libre é un grupo activista fundado no 1997 para traballar en solidariedade co Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) en San Cristóbal de las Casas, no estado de Chiapas, México. Foi creado especificamente para reforzar "as conexións entre as comunidades de cor estadounidenses entre elas e co movemento zapatista".

Furacán Stan

O Furacán Stan afectou a diversos países de Centroamérica e México durante os días 3, 4 e 5 de outubro de 2005. Os seus fortes ventos e choivas deixaron máis de 500 vítimas mortais e máis de 1.000 persoas desaparecidas, provocando ademais inundacións, corrementos de terra e derrubes en Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Haití, Honduras, México e Nicaragua.

Os territorios máis afectados foron Guatemala e O Salvador, países nos que se produciron o maior número de falecidos, e onde decenas de comunidades e pobos quedaron completamente illados.

En Guatemala, onde o 75% do territorio veuse afectado, unha das principais cidades afectadas foi Santiago Atitlán, un importante destino turístico onde un grave corremento de terra produciu decenas de vítimas, tamén unha aldea situada na ladeira do volcán Tacá foi arrasada por un alude de lama e rochas.

En México un desbordamento dun rio en Tapachula, no estado de Chiapas, arrasou 2.500 vivendas.

Lingua acateca

O acateco é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. É falada polo pobo acateco que habita no departamento de Huehuetenango, en Guatemala, e nos concellos de Concepción Huista, Nentón, San Miguel Acatán, San Rafael La Independencia e San Sebastián Coatán. Un grupo de falantes tamén vive no estado de Chiapas, México. No ano 1998 contaba con máis de 58 600 falantes, dos cales 48 500 vivían en Guatemala e o resto en México. O acateco está estreitamente relacionado coas linguas q’anjob’al e jacalteca. As tres linguas forman a sub-póla q'anjob'al-jacalteca. Crese que o grupo q'anjob'al–jacalteco diviuse nas tres linguas hai 1 500 anos.

O acateco estaba considerado como un dialecto da lingua q’anjob’al até a década de 1970, cando os lingüistas se decataron das diferenzas gramaticais con respecto do q'anjob'al.

Lingua chicomucelteca

O chicomucelteco (tamén chamado chikomuselteko ou chicomuselteco; arcaicamente, cotoque) é unha lingua maia extinta, antigamente falada na rexión definida polos concellos de Chicomuselo, Mazapa de Madero e Amatenango de la Frontera, no estado de Chiapas, México, así como nas áreas veciñas de Guatemala. Nas décadas de 1970 e 1980 converteuse nunha lingua morta, sen falantes nativos vivos. As comunidades chicomuceltecas actuais, que roldan as 1500 persoas en México e 100 en Guatemala falan castelán.

O chicomucelteca foi antigamente chamado cakchiquel mam, malia que non está tan relacionado co kaqchikel ou o mam, senón co huasteca.

Lingua lacandona

O lacandón (Jach-t’aan na ortografía revisada do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas) é unha lingua maia falada por arredor de 1 000 membros do pobo lacandón, que viven no estado de Chiapas, en México. Os falante nativos refírense á lingua como Jach t’aan ou Hach t'an.

Lingua mam

O mam é unha lingua indíxena mesoamericana e un membro da póla quicheana-mameana da familia de linguas maias. É falada polo pobo mam nos departamentos Quetzaltenango, Huehuetenango, San Marcos e Retalhuleu, en Guatemala, e no estado de Chiapas de México.

Lingua mocho’

O mocho’ ou mototzintleco é unha lingua maia falada no leste do estado de Chiapas, México. É unha lingua da póla occidental maia. Os falantes de mocho' refírense á súa propia lingua como qatô:k, que quere dicir 'a nosa lingua'. O tuzanteco está estreitamente relacionado con ela, aínda que está considerado un dialecto.

O mocho' está considerada unha lingua moribunda, con menos de 30 falantes rexistrados, e non existe traspaso xeracional da lingua ás novas xeracións. A maioría dos falantes son bilingües co castelá, que está a subtituír ó mocho' no sur de México.

Lingua tojolab'al

O tojolab'al é unha lingua maia falada no sueste do estado de Chiapas, México. Está relacionada coa lingua chuj falada en Guatemala. O tojolabal é falado principalmente nos departamentos de Chiapanecan Colonia en Las Margaritas.

O nome da lingua deriva da expresión [tohol aˈbal], que quere dicir "boa lingua". Os documentos do século XIX refírense ás veces a ela como "chaneabal" (que significa "catro linguas", posiblemente como unha referencia ás catro linguas maias faladas nas terras altas de Chiapas: o tzotzil, o tzeltal, o tojolabal e o chuj.

Petrona de la Cruz

Petrona de la Cruz, nada en Zinacantán (Estado de Chiapas) o 23 de setembro de 1965, é unha escritora mexicana en lingua tzotzil e lingua castelá.

Rosario Castellanos

Rosario Castellanos Figueroa, nada na Cidade de México o 25 de maio de 1925 e finada en Tel Aviv, Israel o 7 de agosto de 1974, foi unha escritora e diplomática mexicana, considerada unha das literatas mexicanas máis importantes do século XX.

San Lucas

San Lucas pode referirse a:

Lucas o Evanxelista un dos catro evanxelistas do cristianismo.Como topónimo pode referirse a:

Serranía de San Lucas, cadea montañosa de Colombia;

Illa San Lucas, illa de Costa Rica;

San Lucas, localidade da Arxentina;

San Lucas, municipio de Bolivia;

San Lucas, localidade de Estados Unidos;

San Lucas, localidade de Sacatepéquez, Guatemala;

San Lucas Tolimán, localidade de Sololá, Guatemala;

San Lucas, municipio de Honduras;

San Lucas, municipio do estado de Chiapas, México;

San Lucas, municipio do estado de Michoacán, México;

San Lucas Tecopilco, municipio do estado de Tlaxcala, México;

San Lucas Camotlán, municipio do estado de Oaxaca, México;

San Lucas Ojitlán, municipio do estado de Oaxaca, México;

San Lucas Quiaviní, municipio do estado de Oaxaca, México;

San Lucas Zoquiapam, municipio do estado de Oaxaca, México;

Cabo San Lucas, cidade do estado de Baixa California Sur, México;

San Lucas, departamento de Madriz, Nicaragua;

San Lucas Tolimán, localidade de Nicaragua;

Estados de México

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.