Estado

O Estado é un concepto político que se refire a unha forma de organización social soberana e coercitiva, formada por un conxunto de institucións involuntarias, que teñen o poder de regulamentar a vida nun territorio determinado.

O concepto de Estado

A definición non é fácil pois depende da orientación ideolóxica ou científica de cada autor. Porén, a maior parte coinciden nos trazos esenciais. Hai tres grandes orientacións de fondo das que depende en cada caso a definición de Estado.

Deontolóxicas

O Estado caracterízase pola finalidade que cumpre e polos valores que realiza. Non importa tanto o que é como o que deber ser ou facer o Estado. Na tradición clásica o Estado está orientado e xustificado pola idea do Ben Común.

  • Maurice Hauriou: O Estado é Réxime que adopta unha nación mediante unha centralización xurídica e política que realizase pola acción dun poder político e a idea de res pública como conxunto de medions que se poñen en común para realizar o Ben Común.
  • Lucas Verdú: Sociedade territorial xuridicamente organizada, con poder soberano, que persegue o benestar xeral..

Sociolóxicas

A referencia fundamental non é a finalidade senón o mesmo fenómeno do poder. O substancial é que o Estado é unha estrutura de dominación e que consegue, polas razóns que sexan, a obediencia dos cidadáns. Constatase e descríbese o ser, non o deber ser.

  • Hermann Heller: Unha estrutura de dominio duraderamente renovada a través dun obrar común actualizado representativamente que ordena en última instancia os actos sociais sobre un determinado territorio.
  • Max Weber: O Estado moderno é unha asociación de dominio de tipo institucional que, no interior dun territorio, tratou de monopolizar a coacción física lexítima como instrumento de dominación e que, con esta finalidade, conseguíu reunir nas mans dos seus dirixentes os medios materiais de xestión, pero habendo expropiado dos mesmos aos (poderes estamentais) que dispoñían daqueles, e situaronse, en lugar deses poderes, na cima suprema.

Xurídicas

Enmarcanse dentro do tipo das construcións xurídico-formais que fan unha análise da realidade política en termos estritamente xurídicos ou normativos. A figura máis destacada desta corriente formalista é Hans Kelsen. Para este autor, o Estado non é senón a totalidade do ordeamento xurídico, que constitúe un sistema e que se basea nunha norma hipotética fundamental. Os cidadáns son suxeitos xurídicos sobre os que recae a norma e o territorio o ámbito espacial de vixencia da orde xurídica.[1]

Elementos esenciais

A doutrina tradicional sostén que para que exista Estado teñen que coincidir ao mesmo tempo e interrelacionados tres elementos básicos: territorio, poboación e poder.

Territorio

O territorio é o elemento físico do Estado, o seu soporte material. En canto tal é unha porción de superficie de terra ( o "chan") e a zona do espazo aéreo que a esta correspóndelle segundo as leis de Dereito Internacional. Inclúe tamén o subsó, as augas interiores, ríos e mares, ademais dos buques de guerra, avións e sedes diplomáticas no estranxeiro. O territorio defínese por tres notas:

  • Unidade: o territorio é un desde o punto de vista político, aínda que non necesariamente ten que existir a continuidade material ou física.
  • Indivisibilidade (inalienabilidade): o territorio non é susceptible de partición nin cabe a cesión do mesmo, nin de ningunha das partes que o integran.
  • Impenetrabilidade (exclusividade): ten que ver coa soberanía. Só o Estado ten potestade ou xurisdición sobre o seu territorio, excluíndose calquera inxerencia sobre o mesmo,

Poboación

É a base humana do Estado. Un primeiro concepto pode ser o seguinte: conxunto de individuos que se encontran sometidos á xurisdición do Estado. Compre distinguir tres conceptos: poboación, pobo e Nación.

  • Poboación: Cando se utiliza este termo sóese facer cun sentido máis ben matemático ou estatístico. Poboación neste contexto significaría a suma de todos os individuos que compoñen a Nación. É un dato numérico, útil para cuantificar, medir e clasificar o compoñente humano do Estado.
  • Pobo: Pretende ir máis aló do simple dato estatístico. Suxire a existencia doutros compoñentes, moito máis difíciles de precisar, como: unha certa unidade cultural e unhas raíces históricas comúns, a identificación co territorio, conxunto de costumes, tradicións, crenzas relixiosas máis ou menos homoxéneas e o sentimento de pertencer a unha comunidade e ao seu correspondente modo de vida.
  • Nación: Ademais do anterior, o termo Nación implica a existencia dunha conciencia de destino común e unha certa vocación política. O normal é que a Nación presupoña a existencia dun "pobo" ou comunidade natural de xentes unidas por ligazóns culturais, históricos, relixiosos... O seguinte paso, unha vez suposto este primeiro elemento, é o sentimento, xeralmente compartido, de querer vivir xuntos cun mínimo de organización xurídica e institucional. A Nación é o fundamento natural sobre o que constitúese un Estado, aínda que certo é que este pode agrupar baixo a súa soberanía non unha senón a dúas ou máis nacións distintas, sendo o resultado de tal agrupación unha modalidade de Estado: o Estado plurinacional.

Poder

Para que ese pobo constitúase como Estado fai falta que exista un poder independente, unha instancia de autoriade última e suprema que conte coa lexitimidade suficiente e polo tanto coa capacidade exixida para suscitar e atopar obediencia entre os cidadáns.

O poder do Estado é:

  • Imperativo: as súas ordes non son cuestionadas nin o Estado as negocia con quen ten que cumprilas.
  • Público: exercido en nome da comunidade á que o goberno representa.
  • Determinado territorialmente: o territorio serve como elemento de xurisdición.
  • Xurídico: exercese a través do Dereito.

Diferenzas con Nación

A distinción entre Nación e Estado ten que ver coa distinción entre gobernantes e gobernados. Os gobernantes ocupan os postos de mando das institucións. Os gobernados son o conxunto de cidadáns ou Nación a quen van dirixidos os mandatos, normalmente por medio de normas, pero que ao mesmo tempo poden contribuír participando de xeito directo ou indirecto na creación mesma das normas.

Recoñecemento dos Estados

O recoñecemento é un acto discrecional da predisposición dos suxeitos preexistentes. Este acto ten efectos xurídicos, sendo considerados ambos suxeitos internacionais, o que recoñece e o que é recoñecido, de igual a igual posto que se crea un vínculo entre os dous.

Hoxe en día a doutrina aceptada para o recoñecemento dos Estados é a doutrina Estrada, pragmática en tanto en canto un suxeito non sexa molesto para a sociedade internacional non vai ter dificultade para ser recoñecido. Enténdese que se un suxeito recoñece a outro vanse producir contactos entre ambos, polo que no momento no que se inician os trámites para o establecemento de relacións diplomáticas suponse que existe un recoñecemento internacional mutuo. Porén, a ruptura destas relacións diplomáticas non supón a perda do recoñecemento. Igualmente, unha simple declaración formal tamén é válida para recoñecer a outro Estado sen iniciar relacións diplomáticas.

Etimoloxía

A palabra estado e os seus cognados (equivalentes lingüísticos)noutras linguas europeas (stato en italiano, estado en castelán, état en francés, staat en alemán) derivan en última instancia da palabra latina status, que significa "status" ou "condición".[2]

Co renacemento do dereito romano en Europa no século XIV, utilizouse este termo latino para referirse ao status social das persoas (como os distintos "estamentos" - nobreza, clero e terceiro estado), e, en particular, ao papel do rei. A palabra tamén estivo asociada ás ideas romanas (que datan dende Cicero) sobre o "status rei publicae", o "estado dos asuntos públicos". Co tempo, a palabra perdeu o significado de pertenza a determinados grupos sociais e pasou a asociarse co ordenamento xurídico da sociedade no seu conxunto e co sistema para o seu cumprimento.[3]

As obras escritas a comezos do século XVI polo italiano Machiavelli (especialmente O príncipe) tiveron un importante papel á hora de popularizar a utilización da palabra "estado", nun significado similar ao actual.[4]

Evolución histórica

As primeiras formas de estado xurdiron cando se fixo posíbel centralizar o poder de forma duradeira. A agricultura e a escritura xogaron un importante papel neste proceso: a agricultura permitiu que parte da xente non tivera que dedicar a maior parte do seu tempo a garantir a súa subsistencia, e a escritura (ou o seu equivalente, como por exemplo os quipus incas) fixo posíbel a centralización de información vital.[5]

Os primeiros estados coñecidos creáronse, entre outros lugares, no Antigo Exipto, Mesopotamia, India, China, e a civilización inca), porén, non foi ata fai relativamente pouco cando os estados desprazaron, case por completo e a nivel global, ás formas alternativas alternativas de organización de sociedades sen estado.[6] Os grupos nómades de cazadores-recolectores e incluso grupos tribais de considerable tamaño e complexos baseados na agricultura existiron sen unha organización estatal permanente, estas formas de organización política sen estado prevaleceron durante toda a prehistoria e gran parte da historia da especie humana.[6]

Ao principio os estados apareceron en lugares nos que unha cultura e un conxunto de leis se impuxeran pola forza ou mediante unha burocracia civil ou militar.[6] Porén, na actualidade, isto non sucede na maioría dos casos, xa que hai estados multinacionais, estados federados e rexións autónomas.

Dende finais do século XIX, practicamente a totalidade do mundo atópase dividida en zonas con fronteiras máis ou menos definidas reclamadas por varios estados. Anteriormente, moitas grandes areas de terra non foran reclamadas ou estiveran inhabitadas, ou habitadas por pobos nómades que non estaban organizados en estados. No obstante, incluso nos estados actuais hai grandes zonas virxes, como a selva amazónica, que está habitada na súa maioría por pobos indíxenas, algúns dos cales aínda non contactaron con representantes gobernamentais. Ademais, hai estados que non teñen un control real sobre toda a súa extensión reclamada. Hoxe en día, existen na comunidade internacional uns 200 estados soberanos, que están representados na súa maioría nas Nacións Unidas.[7]

Sociedades sen Estado prehistóricas

Artigo principal: Sociedade sen Estado.

Durante a maior parte da historia da humanidade, a xente viviu en sociedades sen estado, caracterizadas pola falta dunha autoridade centralizada, e a ausencia de grandes desigualdades, tanto na parte económica coma no poder.

O antropólogo estadounidense Robert L. Carneiro comentou:

Durante o 99,8% da historia humana a poboación viviu exclusivamente en grupos e vilas autónomas. Ao comezo do Paleolítico (é dicir, durante a Idade de Pedra), había poucas entidades políticas autónomas, pero cara o ano 1000 a.C aumentara a 600.000. Posteriormente, estas fóronse agrupando, e actualmente o número destas entidades diminuíu de 600.000 a 157. Vendo esta tendencia, pasar de 157 a 1 parece non só ser inevitábel, senón tamén estar a un paso.

— Robert L. Carneiro, [8]

Período Neolítico

Artigo principal: Neolítico.

Durante o período Neolítico, as sociedades humanas viviron grandes cambios, tanto culturais como económicos, entre os que destacaron o desenvolvemento da agricultura, a formación de sociedades sedentarias e asentamentos permanentes, o incremento da densidade de poboación e a utilización da cerámica e ferramentas máis complexas.[9][10]

Que a agricultura pasara a ser sedentaria levou a que se desenvolvera o concepto de propiedade, a sociedade patriarcal e a domesticación de animais e plantas. Tamén sentou as bases para forma centralizada de estado,[11] pola produción de grandes cantidades de excedentes de alimentos, que crearon unha división do traballo máis complexa, que permitiu que a poboación se especializara en tarefas distintas da produción de alimentos.[12] Os primeiros estados estiveron caracterizados por unha alta estratificación da sociedade, con unha clase dominante, privilexiada e rica, que estaba subordinada en última estancia a un monarca. Estas clases diferenciáronse coa práctica de formas culturais distintas ás das clases traballadoras.[13]

No pasado, suxeriuse que os estados centralizados apareceron pola necesidade de administrar as grandes obras públicas (como os sistemas de rego) e regular as economías complexas. Porén, as evidencias arqueolóxicas e antropolóxicas modernas non apoian estas teses, apuntando a existencia de sociedades complexas sen estratificar e politicamente descentralizadas.[14]

Estado na antiga Eurasia

Véxase tamén: Mesopotamia e Antigo Exipto.

Mesopotamia é considerada, polo xeral, como o primeiro lugar no que apareceu unha civilización ou sociedade complexa, xa que contaba con cidades, división permanente do traballo, concentración social da riqueza en social en capital, distribución desigual desta, clases dominantes, comercio a longa distancia, arquitectura monumental, formas estandarizadas de arte e cultura, escritura, matemáticas e ciencia.[15] Foi a primeira civilización cunha literatura na historia, e a primeira cun conxunto de leis escritas.[16][17] A mediados do 4000 a.C, a maioría dos asentamentos mesopotámicos estaban fortificados, o que significa o tratamento da guerra como un asunto público.[18]

Estado na Antigüidade clásica

Véxase tamén: Grecia Antiga e República Romana.
Karl Theodor von Piloty Murder of Caesar 1865
Pintura dos senadores romanos entorno a Xulio César.

Aínda que as formas de estado primitivas xa existían antes de que aparecerado imperio da Grecia Antiga, os gregos foron os primeiros en formular explicitamente unha filosofía política sobre o estado, ademais, analizaron de forma racional as institucións políticas. Anteriormente, os estados describíanse e xustificábanse polos mitos relixiosos.[19]

Varias das innovacións políticas máis importantes que se produciron na Antigüidade clásica orixináronse nas cidades-estado gregas e na República Romana. Estas cidades-estado xa garantiron, antes do século IV os dereitos de liberdade dos cidadáns, e en Atenas a estes dereitos sumóuselle unha forma de goberno de democracia directa.

Estado Feudal

Véxase tamén: Feudalismo e Idade Media.

Durante a Idade Media, en Europa o estado estaba organizado segundo os principios feudalismo, polo a relación entre vasalos e señores se converteron na principal forma de organización social. Este feudalismo provocou o aumento das xerarquías sociais.[20]

A formalización das disputas sobre o sistema tributario entre o monarca e o resto da poboación (especialmente a clase nobiliaria e as cidades) deu lugar ao coñecido como Standestaat, ou estado de estados, caracterizado polos parlamentos nos que os grupos sociais máis importantes negocian co monarca os asuntos económicos e xurídicos. Estes estamentos ás veces convertéronse en parlamentos, pero outras perderon o seu poder en favor do monarca, o que aumentou a concentración do poder na súa persoa. A comezos do século XV, este proceso centralizador deu lugar ao estado absolutista.[21]

Estado Moderno

Véxase tamén: Burocracia, Constitución, Corporación, Globalización e Neoliberalismo.

A homoxeneización cultural e nacional tivo un importante papel na aparición do sistema estatal moderno. Dende o período absolutista, os estados organizáranse só nun ámbito nacional. Porén, o concepto de estado nacional non é o mesmo que o de estado nación. Incluso nas sociedades máis homoxéneas culturalmente, non se dá sempre unha correspondencia entre estado e nación, polo tanto, o estado adopta a miúdo un papel activo na promoción do nacionalismo, a través da exaltación dos símbolos e a identidade nacional.[22]

Crítica ao Estado

Artigo principal: Antiestatismo.

O estado é un dos poucos seres institucionais que sobrevive sen unha evolución importante na súa estrutura e funcionamiento, con excepción do seu crecemento. O estado moderno apareceu coa revolución industrial, pero o mundo e a dinámica da sociedade cambio moito dende o século XIX. Por exemplo, mentres a industria moderna, que foi creada durante a revolución industrial, cambiou segundo a demanda do mercado, pero os estados non cambiaron as súas leis da mesma forma.

Ademais, o enfoque crítico difire entre o institucionalismo e o clasismo como factor determinante da natureza do estado. Algunhas concepcións como o anarquismo consideran necesario a total desaparición dos estados, en favor do exercicio soberano da liberdade individual a través de asociacións e organizacións libres. Outras concepcións aceptan a existencia do Estado, con maior ou menor autoridade ou potestade, pero difiren en canto cal debera ser a súa forma de organización e o alcance das súas facultades:

Anarquismo

O anarquismo sostén que o estado é unha estrutura de poder que pretende ter o monopolio da utilización da forza sobre un territorio e a súa poboación, e que é recoñecido como tal polos estados veciños. Os elementos máis aparentes que sinalan o poder do estado son:

  • o control de fronteiras.
  • a recadación de impostos.
  • a emisión de moeda.
  • Un corpo de policía e un exército de bandeira común.
  • Un sistema burocrático administrado por traballadores funcionarios.

Critícaselle a falsa ostentación da seguridade, defensa, protección social e xustiza da poboación; exercendo en realidade un goberno obrigatorio e violentando a soberanía individual e a non coacción. Os anarquistas sinalan que o Estado é unha institución represora que mantén unha orde económica e de poder vinculado ao poder público. Atribúenlle ao estado boa parte dos males que afectan á sociedade, como a pobreza, as crises económicas, as guerras, a inxustiza social etc.[23][24]

Marxismo

Artigo principal: Concepción marxista do Estado.

O marxismo afirma que calquera Estado ten un carácter de clase, e que só é o executor no plano armado e administrativo dos intereses da clase social dominante.[25] Polo tanto, aspiran á conquista do poder político por parte da clase traballadora, a destrución do Estado burgués e a construción dunha necesaria Ditadura do proletariado como paso de transición cara o socialismo e o comunismo, unha sociedade onde a longo prazo non debería haber estado, por terse superado as contradicións e a loita entre as clases sociais.[26] Discútese a viabilidade da eliminación das condicións da existencia burguesa, como suposto para o paso á sociedade comunista.[27]

Liberalismo

Desde o liberalismo deféndese a redución ao mínimos necesario (Estado mínimo), dende un sentido civil para o respecto das liberdades básicas, é dicir o Estado debería encargarse da seguridade (exército e policía para garantir as liberdades cidadás) e da xustiza (poder xudicial independente do poder político). Segundo esta ideoloxía, en ningún caso o Estado debe intervir para distribuír a renda, e deben ser os axentes económicos os que regulen o mercado a través do sistema de prezos, asignando a cada cousa o seu valor.[28]

Notas

  1. KELSEN, Hans, Compendio de Teoría General del Estado, editora Nacional, México, 1980, pp. 129-130
  2. Hay, 2001: p. 1469
  3. Skinner
  4. Bobbio, 1989: pp.57-58
  5. Giddens 1887
  6. 6,0 6,1 6,2 klaus kästle. "Countries of the World". Nationsonline.org. Consultado o 20 de febreiro de 2013.
  7. Press Release ORG/1469 (3 de xullo de 2006). "United Nations Member States". United Nations. Consultado o 28 de febreiro de 2011.
  8. Robert L. Carneiro, "Political expansion as an expression of the principle of competitive exclusion", p. 219 in: Ronald Cohen and Elman R. Service (eds.), Origins of the State: The Anthropology of Political Evolution. Philadelphia: Institute for the Study of Human Issues, 1978.
  9. Shaw, Ian & Jameson, Robert (2002). "Neolithic". A dictionary of archaeology (6th ed.). Wiley-Blackwell. p. 423. ISBN 978-0-631-23583-5.
  10. Hassan, F.A. (2007). "The Lie of History: Nation-States and the Contradictions of Complex Societies". En Costanza, Robert; et al. Sustainability or collapse?: an integrated history and future of people on earth. MIT Press. p. 186. ISBN 978-0-262-03366-4.
  11. Scott, 2009: p. 29
  12. Langer, Erick D. & Stearns, Peter N. (1994). "Agricultural systems". En Stearns, Peter N. Encyclopedia of social history. Taylor & Francis. p. 28. ISBN 978-0-8153-0342-8.
  13. Cohen, Ronald (1978). "State Origins: A Reappraisal". The Early State. Walter de Gruyter. p. 36. ISBN 978-90-279-7904-9.
  14. Roosevelt, Anna C. (1999). "The Maritime, Highland, Forest Dynamic and the Origins of Complex Culture". En Salomon, Frank & Schwartz, Stuart B. Cambridge history of the Native peoples of the Americas: South America, Volume 3. Cambridge University Press. pp. 266–267. ISBN 978-0-521-63075-7.
  15. Mann, Michael (1986). "The emergence of stratification, states, and multi-power-actor civilization in Mesopotamia". The sources of social power: A history of power from the beginning to A. D. 1760, Volume 1. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-31349-0.
  16. Yoffee, Norman (1988). "Context and Authority in Early Mesopotamian Law". En Cohen, Ronald & Toland, Judith D. State formation and political legitimacy. Transaction Publishers. p. 95. ISBN 978-0-88738-161-4.
  17. Yoffee, Norman (2005). Myths of the archaic state: evolution of the earliest cities, states and civilizations. Cambridge University Press. p. 102. ISBN 978-0-521-81837-7.
  18. Christian, David (2005). Maps of time: an introduction to big history. University of California Press. p. 278. ISBN 978-0-520-24476-4.
  19. Nelson, 2006: p. 17
  20. Jones, Rhys (2007). People/states/territories: the political geographies of British state transformation. Wiley-Blackwell. pp. 52–53. ISBN 978-1-4051-4033-1. ... véxase tamén pp. 54-....
  21. Poggi, G. (1978). The Development of the Modern State: A Sociological Introduction. Stanford University Press.
  22. Breuilly, John. Nationalism and the State. Nova York: St. Martin's Press. ISBN 0719038006.
  23. El Estado, por Piotr Kropotkin
  24. Anatomía del Estado Arquivado 31 de maio de 2008 en Wayback Machine., por Murray Rothbard
  25. El Estado democrático - Crítica de la soberanía burguesa, de Karl Held y Emilio Muñoz
  26. O Estado e a Revolución de Lenin
  27. Herrera, Hugo Eduardo, ¿De qué hablamos cuando hablamos de Estado? Ensaio filosófico de xustificación da praxis política Op. cit., pp. 27 ss.
  28. El Estado de Frédéric Bastiat.

Véxase tamén

Bibliografía

Biblioteca Real dos Países Baixos

A Biblioteca Nacional dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Bibliotheek, tamén coñecida como KB), con sede na Haia, foi fundada en 1798. O rei Lodewijk Napoleón deulle o seu nome actual en 1806. A institución independizouse do Estado en 1996, aínda que está financiada polo Departamento de Educación, Cultura e Ciencia.

Brasil

O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 204 450 649 (2015), así como en territorio. Porén, presenta un dos máis baixos índices de densidade de poboación. A súa capital é a cidade de Brasilia, a cal substituíu a Río de Xaneiro en 1960. Antes da cidade fluminense a primeira capital do país fora Salvador.

O Brasil comparte fronteiras con tódolos países suramericanos exceptuando Chile e Ecuador. Así, ao norte limita con Colombia, Venezuela, a Güiana, Suriname e a Güiana Francesa, ao sur coa Arxentina, o Uruguai e Paraguai e ao oeste con Bolivia e o Perú. Ao leste, durante 7.491 km, o país está bañado polas augas do océano Atlántico. Ademais do territorio continental, o Brasil posúe grandes grupos de illas no Atlántico, por exemplo o Arquipélago de San Pedro e San Paulo, Atol das Rocas, Fernando de Noronha, territorio especial do estado de Pernambuco, e Trindade e Martim Vaz en Espírito Santo. Conta tamén cun complexo de pequenas illas e corais chamado Atol das Rocas, que pertence ao estado de Río Grande do Norte.

Habitado orixinariamente polos amerindios, o Brasil converteuse nunha colonia do Reino de Portugal tralo seu descubrimento da man de Pedro Álvares Cabral no ano 1500 e o Tratado de Tordesillas. No ano 1815, foi elevado á categoría de Reino, aínda que xa perdera os seus lazos coloniais varios anos antes, en 1808, despois da invasión portuguesa de Napoleón. O país obtivo a súa completa independencia o 7 de setembro de 1822, constituíndose como un estado unitario gobernado baixo unha monarquía constitucional e un sistema parlamentario. Anos despois, en 1889, un golpe de estado militar proclamou a República. A súa última Constitución, formulada en 1988, define ao país como unha república federal.

Climaticamente é un país tropical, xa que se atopa sobre a liña ecuatorial, abarcando partes tanto no hemisferio sur como no hemisferio norte, con todo as estacións climáticas non se senten dun xeito radical. Parte do seu territorio está cuberto pola selva tropical amazónica, que con 3,6 millóns de km² é a máis grande do mundo. Grazas a todo isto é o país con máis especies de animais distintas no mundo. Demograficamente, a maior parte da súa poboación concéntrase ao longo do litoral, mentres o interior está marcado por enormes baleiros demográficos. A nivel lingüístico, o Brasil é o único país de lingua portuguesa do continente, aínda que tamén son faladas outras moitas linguas. A relixión con máis seguidores é o catolicismo, sendo o país con maior número de católicos nominais do mundo. A sociedade brasileira é unha das máis multiétnicas do planeta, formada por descendentes de europeos, indíxenas, africanos e asiáticos.

A economía brasileira é a maior de América Latina e do hemisferio Sur, así como a sétima maior do mundo polo seu Produto Interior Bruto nominal e por paridade de poder adquisitivo. É ademais unha das principais economías con máis rápido crecemento económico. O país é membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da que é membro fundador, G20, Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), Unión Latina, Organización dos Estados Americanos (OEA), Organización dos Estados Iberoamericanos (OEI), Mercado Común do Sur (Mercosur) e da Unión de Nacións Suramericanas (Unasur), ademais de ser un dos países BRICS, xunto coa China, a India, Rusia e Suráfrica.

California

California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Capital

Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen:

A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.

A cidade é a sede do poder xudicial.

A cidade é sede do parlamento.

Nunha monarquía é frecuente que a capital sexa o lugar onde o monarca ten a corte, sendo normal que acuda con relativa frecuencia.

A cidade é un importante centro de actividade para o país.

Existencia de leis que determinen a localización da capital.Un país (ou entidade política equivalente) pode ter máis que unha capital oficial ao mesmo tempo. Pode ser ou non a sede do goberno e pode mesmo mudarse periodicamente.

En Suráfrica, por exemplo, a capital administrativa é Pretoria, a capital lexislativa é a Cidade do Cabo e a capital xudicial é Bloemfontein. Esta é unha herdanza deixada polo compromiso acordado entre a maioría das diferentes provincias cando foi creada a Unión de Suráfrica en 1910. Fronte a isto, unha forte cidade economicamente é Xohanesburgo, e turisticamente Durban xunto a Cidade do Cabo.

En Chile, o congreso nacional mudouse para a cidade de Valparaíso, manténdose no entanto Santiago do Chile como capital. Nos Países Baixos, o goberno, xefe de Estado e supremo tribunal están situados na A Haia, mais a constitución determina que a capital oficial sexa Ámsterdan. Outro país con capitalidade múltiple é o Canadá, con Otava e Montreal.

Outras cidades poden ser consideradas capitais económicas ou culturais, pola súa enorme forza fronte á capital política, pero non ter recoñecemento oficial: é o caso do Río de Xaneiro ou São Paulo fronte a Brasilia ou Barcelona fronte a Madrid.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Estado de Nova York

Este artigo trata sobre o Estado de Nova York. Para a cidade homónima véxase Nova York.

Nova York é un dos 50 estados de Estados Unidos, localizado na rexión Mid-Atlantic do país, ao nordeste do mesmo. A súa capital é Albany. É o maior centro financeiro e comercial do país, e o cuarto maior centro industrial dos Estados Unidos, por detrás de California, Texas e Ohio. Cos seus 19 millóns de habitantes, Nova York é o terceiro estado máis poboado dos Estados Unidos, detrás de California e Texas.

Non debe confundirse coa cidade homónima, a Cidade de Nova York, localizada no extremo sur do estado. Por iso, ao estado adóitaselle chamar Estado de Nova York. A Cidade de Nova York non é só a maior cidade do estado, cos seus 8,5 millóns de habitantes (preto da metade da poboación estatal), senón tamén a maior cidade dos EEUU.

O alcume de Nova York é Empire State (Estado do Imperio). Os historiadores cren que este alcume vén dun comentario feito por George Washington -unha vez comentou que Nova York era o centro do Imperio (americano). O lema do Estado é Excelsior, unha palabra latina que significa "Sempre Arriba", "Sempre no Cume" ou "Aínda Máis Alto".

Nova York foi colonizado orixinalmente polos neerlandeses, que chamaron á rexión Novos Países Baixos. Tamén fundaron un asentamento na illa de Manhattan, chamado Nova Ámsterdan. Cando Inglaterra capturou o Estado dos neerlandeses, os ingleses renomearon tanto ao Estado como á cidade localizada en Manhattan a Nova York. Nova York foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron na Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Neste estado tiveron lugar un terzo de todas as batallas da guerra.

Logo da guerra, Nova York pasou a ser o 11º Estado en entrar á Unión, o 26 de xullo de 1788. Converteuse no máis poboado do país por ao redor de 1810, aínda que foi excedido por California na década de 1960 e por Texas na década de 1990.

Estado de conservación

Estado de conservación fai referencia á dinámica das poboacións de determinada especie, ou taxon superior, dun ser vivo.

Xeralmente, a ameaza ás especies débese na actualidade á acción antrópica, sexa pola agricultura intensiva, a construción de cidades ou de estradas, centrais hidroeléctricas e outras obras.

O estudo das poboacións permite coñecer o seu estado de conservación, aínda que a protección delas depende de medidas de preservación que son tomadas polos poderes públicos ou, ás veces, por particulares.

Estados Unidos de América

Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) son un estado federal composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2 e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países. A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Os paleoindios migraron dende Eurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos, e a colonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das Trece Colonias Británicas localizadas na Costa Atlántica. As disputas entre o Reino de Gran Bretaña e as colonias levaron á Revolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron a Declaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 co recoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia exitosa contra un imperio colonial europeo. A actual Constitución foi adoptada o 17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente Declaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX. Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados. Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país. A finais dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o Océano Pacífico, e a súa economía comezou a evolucionar. A guerra hispano-estadounidense e a primeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron da segunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin da guerra fría e a disolución da Unión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficaran como a única superpotencia.Os Estados Unidos son un país desenvolvido e a meirande economía do mundo. A economía aliméntase da abundancia de recursos naturais e a produtividade da man de obra. Mentres a economía estadounidense está considerada como post-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo. O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar, sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.

Florida, Estados Unidos de América

Florida é un estado da rexión Sur dos Estados Unidos, o máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte con Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas.

Florida foi inicialmente explorada e colonizada por España. Os españois descubriron Florida na estación da Pascua, que se chama Pascua Florida en castelán, de aí o nome do estado. Florida foi controlada polos españois ata 1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.

Forma de goberno

Forma de goberno, sistema de goberno ou réxime político son diferentes termos, que en ocasións se utilizan con matices diferentes, pero que son comunmente utilizados para referirse ao conxunto das institucións políticas mediante as cales un estado se organiza para exercer os seus poderes sobre unha comunidade política. Esta definición é válida aínda que o goberno sexa ilexítimo ou estea incapacitado para exercer os seus poderes.

Moi habitualmente emprégase de forma sinónima a expresión forma de estado, que tamén se utiliza, ás veces, limitada á contraposición monarquía-república, aínda que a súa definición pode ser máis complexa.

Un concepto confluente é o de sistema político, que pode entenderse coa simplificación do espectro político esquerda-dereita, co que é un concepto máis efémero e cambiante, mentres que a forma de goberno é máis estable no tempo, aínda que tamén suxeita a cambios e ata a transformacións revolucionarias. O sistema político adoita incorporarse ao nome oficial do estado, como no caso da República Arxentina, os Estados Unidos Mexicanos, o Reino de España, a Federación Rusa ou a Gran Jamahiriya Árabe Libia Popular e Socialista. Só hai dezaoito países que non o fan así, como Xamaica, mentres que once só indican que son "estados". A forma máis común é "república", con 132 casos de moi distinto tipo. As monarquías son 33, 18 delas "reinos".

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Inglaterra

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Massachusetts

A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira con Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación. O seu nome provén dunha voz indíxena local que significa "lugar do monte grande" e historicamente formou parte das 13 colonias orixinais que se rebelaron contra o Reino Unido na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

Massachusetts é o centro económico, cultural e educativo de Nova Inglaterra, e tamén o estado máis populoso da rexión, con aproximadamente a metade de toda a súa npoboación. A capital e a maior cidade é Boston, capital financeira, de transportes e educativo do estado e de Nova Inglaterra.

A rexión onde está localizado o estado foi unha das primeiras en ser colonizada polos británicos. A provincia colonial de Massachusetts foi fundada en 1620 (só a provincia colonial de Virxinia foi fundada antes). Massachusetts é famoso no país por ser pioneira en diversas áreas: o primeiro xornal foi publicado en Massachusetts, e a primeira biblioteca pública tamén, a primeira institución americana de educación superior foi fundada aquí en 1636. Posteriormente, o estado construiría as primeiras escolas públicas de ensino de segundo grao no país, durante a década de 1820.

Massachusetts foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron contra o dominio británico en 1775, na Revolución Americana de 1776. Varios eventos que levaron ao inicio da guerra ocorreron en Massachusetts, así como as primeiras batallas da guerra. O 6 de febreiro de 1788, o Massachusetts ratificou a constitución americana, converténdose así no sexto estado dos Estados Unidos de América.

O nome do estado vén da tribo indíxena masachusett, unha tribo indíxena pertecente á familia dos algonquinos. Masachusett significa no idioma algonquino Próximo á gran montaña, unha referencia ao Great Blue Hill, unha montaña localizada ao sur de Boston.

O alcume máis coñecido do Massachusetts é The Bay State. A orixe vén da localización do primeiro asentamento permanente fundado en Massachusetts, ás marxes da Baía de Massachusetts. O xentilicio é Bay Staters. Outros nomes menos usados son The Old Colony State, The Puritan State e The Baked Bean State.

O estado é famoso internacionalmente pola calidade das súas universidades privadas, entre as cales salientan a Universidade Harvard e mailo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, así como os numerosos Colleges como Wellesley College. Tamén é coñecido polos sitios de veraneo, cualidade non privativa do seu Cape Cod famoso, senón de moitos outros lugares de Nova Inglaterra.

Tamén é coñecido por ser o primeiro estado do país en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

Nova York

Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.

Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos da América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.

As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como o seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").

Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socioeconómico. Preto dun millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pola cidade. Moitas persoas, os "sen teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldes ou outras rexións do país.

Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos, senón do mundo, atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Texas

Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración.

Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira. A palabra Texas deriva da palabra indíxena que significa "amigos".

Xeograficamente, Texas é un estado de contrastes. Mentres as partes norte e leste do estado están cubertas por varios ríos, lagos e bosques, que posúen un clima propicio á agricultura, as partes sur e oeste do estado posúen un clima máis árido, desértico en varias rexións. Foron nestas áreas, escasamente poboadas, onde xurdiron os cowboys, coa misión de coidar o gando da rexión e defendelo dos ataques da poboación nativa. Os cowboys tornáronse rapidamente un símbolo do estado, e ata hoxe aínda existen en varias áreas rurais do estado.

Texas foi explorado e colonizado inicialmente polos españois. Pasou ao control mexicano cando México se independizou de España, en 1821. A crecente migración de norteamericanos a Texas fixo que crecesen movementos pro-secesión de Texas do México. En 1836, unha rebelión en El Álamo foi extinguida polos mexicanos, que mataron a todos os norteamericanos participantes desta rebelión - con excepción de algunhas mulleres, meniños e escravos. Xa no mesmo ano, Texas independizouse de México, converténdose nunha república e, nove anos despois, nun estado norteamericano, sendo admitido como o vixésimo oitavo estado norteamericano da Unión en 29 de decembro de 1845.

Actualmente, a economía de Texas posúe un importante papel na economía norteamericana. Inicialmente un estado agropecuario, desde o inicio do século XX a economía do estado diversificouse, e hoxe son as industrias petrolífera e aerospacial, así como o sector financeiro, os que posúen maior importancia na economía de Texas.

Unión Soviética

A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.