Estadio Vero Boquete de San Lázaro

O Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro[1], coñecido ata 2018 como Estadio Multiusos de San Lázaro, é un estadio situado no barrio de San Lázaro, na cidade de Santiago de Compostela. Nel caben 13.000 persoas, e as súas dimensións son 105 x 68 metros. Leva o nome da futbolista compostelá Vero Boquete.[1]

Na actualidade é o feudo local do SD Compostela. Nas súas instalacións teñen a súas sedes a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o departamento de Deportes do Concello de Santiago, a Delegación local de Fútbol, a Federación Galega de Baloncesto, a Federación galega de Caza, a Escudería Compostela, o Comité local de árbitros de Fútbol e o Moto Club Compostela.

Coordenadas: 42°52′57.96″N 8°30′57.65″O / 42.8827667, -8.5160139

Estadio Vero Boquete de San Lázaro
Vista do Estadio de San Lázaro
Exterior do estadio.
Datos
LocalizaciónSantiago de Compostela Flag of Galicia.svg
Construción
Inauguración24 de xuño de 1993
ArquitectoAndrés Fernández-Albalat Lois
Estadio
Superficieherba
Dimensións105x68
Capacidade13.000
PropietarioConcello de Santiago de Compostela
LocalíaSD Compostela (1993–presente)
SD Ciudad de Santiago (2006–2009)

Historia

San Lázaro Rugby1
Interior do estadio.

Fútbol

Formado en 1962, a SD Compostela comezou xogando no Estadio da Residencia da Universidade de Santiago de Compostela mentres se remataba a construción do Campo Municipal de Santa Isabel. O 22 de setembro de 1963 inaugurouse o dito campo. Tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas. A SD Compostela xogou nese campo ata 1993 (o seu filial ata 2003, cando o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel).

Os traballos de construción do Multiusos de San Lázaro comezaron en 1991, no arrabalde leste da parroquia de San Lázaro. O estadio ten forma oval e o tellado de cor terracota, deseñado para aguantar unha posible ampliación cun segundo chanzo no lado oeste. O campo está rodeado dunha pista de atletismo de 400 metros de lonxitude, algo inusitado nos estadios españois. A maior parte dos seareiros poden estar sentados en cadeiras individuais, todos eles baixo cuberto.

A inauguración tivo lugar o 24 de xuño de 1993, cun torneo a catro entre o Deportivo de la Coruña, CD Tenerife, CA River Plate e São Paulo FC. O Dépor e o River Plate xogaron o primeiro partido, marcando Bebeto o primeiro gol.

O 8 de novembro de 2018 o Concello de Santiago de Compostela aprobou o cambio de nome do estadio en recoñecemento a Vero Boquete, unha das mellores futbolistas galegas.[2]

Atletismo

O Estadio Vero Boquete de San Lázaro ten unha das 2 pistas de atletismo da capital galega, sendo a outra a do Estadio Universitario. A pista de atletismo de San Lázaro ten 8 carreiros pero realmente non chega ós 400 metros de lonxitude (por uns centímetros), polo cal o concello de Santiago de Compostela nunca puido acadar a homologación por parte da Federación Galega de Atletismo para a disputa de competicións oficiais. Non obstante, varios clubs de atletismo locais empregan as instalacións de atletismo do estadio para adestrar, sendo o número de usuarios rexistrados próximo ós 350, uns 300 federados e outros 50 particulares. Actualmente o horario de apertura para adestrar é de 17:00 a 22:00 horas, e calquera persoa pode empregar as instalacións de balde, previo rexistro nas oficinas do estadio.

Eventos deportivos

Encontros da selección galega de fútbol
Galicia Flag of Galicia.svg 3 – 2 Flag of Uruguay.svg Uruguai 29 de decembro de 2005 – San Lázaro, Santiago de Compostela
Asistencia: 12.000 espectadores
Árbitro: Bernardino González Vázquez
Nano Soccerball.svg 9'
Deus Soccerball.svg 48' Soccerball.svg 79'
Informe Pereira Soccerball.svg 83'
Albín Soccerball.svg 91'
 
Encontros da selección española feminina de fútbol
España Flag of Spain.svg 4 – 1 Flag of Austria.svg Austria 15 de febreiro de 2012 – San Lázaro, Santiago de Compostela
Asistencia: 3.000 espectadores
Árbitro: Beatriz Gil Gozalo
Sonia Soccerball.svg 61'
Marta Soccerball.svg 65'
Priscila Soccerball.svg 68'
Willy Soccerball.svg 91'
Informe Manhart Soccerball.svg 5'
 
Encontros da selección española de rugby
16 de marzo de 2013
18:00h
España España 9 - 9 Flag of Portugal.svg Portugal San Lázaro: 3.500 espectadores.
Árbitro: Francia Cedric Marchat

Notas

  1. 1,0 1,1 "O Estadio de San Lázaro será renomeado como Estadio Municipal "Vero Boquete" de San Lázaro". www.santiagodecompostela.gal. 8 de novembro de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2018.
  2. La Vanguardia. "El estadio municipal de Santiago pasa a llamarse Vero Boquete".

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Campo Municipal das Cancelas

O Campo Municipal das Cancelas é un recinto deportivo adicado ó fútbol situado a carón do cuartel da Garda Civil en Santiago de Compostela. As instalacións están xestionadas polo concello, o mesmo que o Estadio Multiusos de San Lázaro e o Campo Municipal de Santa Isabel.

Campo Municipal de Santa Isabel

O Campo Municipal de Santa Isabel é un recinto deportivo da cidade de Santiago de Compostela adicado á práctica do fútbol. O Campo de Santa Isabel forma parte do Complexo Deportivo Santa Isabel do barrio de Vista Alegre, composto polo Pavillón de Santa Isabel, a Piscina de Santa Isabel, o Ximnasio de Santa Isabel e o propio campo de fútbol.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Estadio de Atletismo da USC

O Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, coñecido como Stadium de La Residencia nos seus primeiros anos de existencia, é un recinto deportivo adicado á práctica do atletismo, situado no Campus Vida da USC, a carón do Pavillón Universitario, e rodeado polo edificio Monte da Condesa, o Colexio Maior Fonseca, o Observatorio astronómico Ramón María Aller, e polo edificio do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Pavillón Municipal de Santa Isabel

O Pavillón Municipal de Santa Isabel é un recinto deportivo de Santiago de Compostela, pertencente ó Complexo Deportivo de Santa Isabel, e xestionado polo concello. Ten capacidade para acoller 1.290 persoas sentadas. Ata a construción do Pavillón Multiusos Fontes do Sar en 1998, o de Santa Isabel foi o principal pavillón cuberto multiusos da cidade, e nel teñen xogado como locais ducias de encontros os principais equipos de baloncesto e fútbol sala santiagueses, como Obradoiro CAB ou Lobelle FS, entre outros.

Actualmente o pavillón acolle encontros de baloncesto e fútbol sala en categorías rexionais, aínda que a súa superficie de parqué podería acoller competicións de voleibol e balonmán se fose preciso.

Pavillón Polideportivo da USC

O Pavillón Polideportivo da Universidade de Santiago de Compostela é un recinto deportivo pechado e cuberto, disposto para a práctica de baloncesto, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima ou bádminton. Inaugurado en 1981, forma parte do Complexo Deportivo Universitario da USC, situado no Campus Vida. O pavillón ten capacidade para unhas 1.000 persoas sentadas nas bancadas, e o seu aproveitamento principal é o desenvolvemento das distintas ligas universitarias.

O edificio está situado a carón do Estadio de Atletismo da USC, do Edificio Monte da Condesa e da Facultade de Física.

Nos últimos anos houbo queixas sobre algunhas goteiras que ten o tellado do pavillón, o cal provocou que a Universidade deseñase un plan de renovación que terá como obxectivo a reforma do pavillón e doutras instalacións deportivas universitarias.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

San Lázaro, Santiago de Compostela

San Lázaro é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2013 tiña 206 habitantes (100 homes e 106 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Instalacións deportivas en Santiago de Compostela
Estadios de Fútbol e Atletismo:
Pavillóns de Baloncesto e Fútbol sala:
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Equipos desaparecidos
Torneos desaparecidos
Estadios (listaxe)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.