Estadio Municipal de Riazor

O Estadio Municipal de Riazor (Abanca-Riazor por motivos de patrocinio)[1] é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña.

Cunha capacidade para 32.660 espectadores sentados[2] tras a reforma de 1995 a 1998 e un terreo de xogo cunhas medidas de 105×68 metros tras ser remodelado en 1982, é o estadio con maior capacidade de Galicia. O seu enderezo é Rúa de Manuel Murguía, s/n 15011 - A Coruña.

Coordenadas: 43°22′7″N 8°25′3″O / 43.36861, -8.41750

Estadio Municipal Abanca-Riazor
Estadio Riazor
Datos
LocalizaciónRúa de Manuel Murguía, s/n 15011
A Coruña, Galicia
Construción
Inauguración28 de outubro de 1944
Renovación1982, 1998, 2018
Arquitecto
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións105 × 68
Capacidade32.660
PropietarioConcello da Coruña
LocalíaDeportivo da Coruña (1944–presente)
Eventos

Historia

Desde 1909 o Deportivo xogaba os seus partidos como equipo local no antigo campo de Riazor, situado nos terreos nos que actualmente se ergue o colexio das Escravas[3], a escasos metros do lugar onde se levantou o actual estadio inaugurado en 1944.

1ª Etapa: Proxecto e construción orixinais

Así, o proxecto do novo Stadium Municipal foi redactado polo arquitecto Santiago Rey Pedreira en xuño de 1939 e as obras terían comezo o ano seguinte. Durante o proceso de execución, ante a necesidade de resgardar as autoridades das inclemencias atmosféricas, ao proxecto inicial incorpóraselle unha cuberta na zona da tribuna de honra, no ano 1941. A trama urbana que tiña que soportar a construción do estadio correspondíase coa dun trazado de ensanche, en concreto de ampliación do Ensanche, na cal o tamaño dos quinteiros era escaso para aloxar dimensionalmente a instalación deportiva, o que fixo precisa a agregación de tres quinteiros, resultando unha única de formato rectangular. Nela dispúxose un rectángulo de 320 × 130 metros, contornado por unha tapia, co seu eixo principal paralelo á Avenida da Habana, límite norte da Cidade Xardín. No interior do pechamento foran dispostas diversas instalacións deportivas: campo de fútbol, campos de adestramento, campos de hóckey sobre patíns e tenis, pistas de atletismo, e un frontón descuberto para o xogo de pelota. O Stadium Municipal foi, por tanto, concibido como unha cidade deportiva[4].

A inauguración do novo terreo de xogo produciuse o 28 de outubro de 1944, cun partido entre o Deportivo e o Valencia no que caerían derrotados os coruñeses por 2-3. O enorme tamaño do novo estadio, con capacidade para máis de 60 000 espectadores de pé, permitiu a celebración nas súas instalacións de partidos internacionais, sendo o primeiro deles un España-Portugal celebrado o 6 de maio de 1945, e no que venceu a selección española por 4-2. Do mesmo xeito permitía a celebración de finais de torneos oficiais, sendo a primeira a final da Copa do Xeneralísimo da tempada 1946-47, que enfrontou o Real Madrid e o Espanyol, e que gañaron os primeiros por 2-0.[5]

2ª Etapa: Reforma para o Mundial '82

Estatuamundial82
Estatua conmemorativa do Mundial de 1982.

No ano 1979 o pleno municipal aprobou o encargo da redacción dun proxecto de remodelación, de xeito que servira para acubillar unha das sedes do campionato mundial de 1982. Aínda que no proxecto orixinal a obra afectaba exclusivamente ás bancadas de Tribuna e Marathon, defectos estruturais graves en Preferencia obrigaron tamén ao seu derrubamento e posterior reconstrución, o cal supuxo a remodelación total do complexo. A execución da nova Tribuna foi efectuada nun tempo récord para ser inaugurada co gallo do Trofeo Teresa Herrera en agosto de 1981, téndose comezado as obras en febreiro do mesmo ano[6].

A gran capacidade do campo e as pistas de atletismo que o rodeaban facían de Riazor un campo frío, que nunca se enchía. Con motivo da disputa en España do Mundial de fútbol de 1982 estes problemas paliáronse en parte, debido ás remodelacións necesarias para que o campo puidese aloxar partidos de tan alta competición. Así, a capacidade do estadio viuse reducida a 29 000 localidades, capacidade coa que albergaría tres partidos do Mundial, todos de primeira rolda.

Con motivo de tal evento o recinto foi tamén protagonista dos décimos da lotaría nacional española do 22 de maio de 1982. Curiosamente, a imaxe que del se amosou foi a previa á reforma e non a que aparecería nas cámaras dos media que cubriron aqueles encontros internacionais[7].

Lume en 1991

O 9 de xuño de 1991, poucos minutos despois do comezo do partido de promoción no que o Deportivo se xogaba o ascenso a 1ª división contra o Real Murcia, a cuberta da bancada de Preferencia Superior comezou arder, o que provocou a suspensión temporal do encontro e a evacuación dos seareiros que se atopaban nesa bancada cara o terreo de xogo. Non houbo que lamentar vítimas e o partido puido ser retomado con vitoria final para o conxunto local. Nos días posteriores, as pescudas sobre o suceso foron incapaces de atopar a bengala que -presuntamente- provocara o lume[8].

Ampliación de Preferencia Superior en 1994

Co ascenso do Deportivo aos primeiros postos da 1ª División a partir do ano 1992 a asistencia de público ao campo aumentou e se fixo necesaria unha urxente ampliación que finalmente se fixo na bancada de Preferencia Superior, foi o que se deu en chamar a bancada dos "exipcios"[9]. Esta bancada sería rapidamente derrubada para acometer as obras de ampliación e peche perimetral das bancadas que se acometerían pouco tempo despois[10].

3ª Etapa: Reforma e ampliación de 1995

Estadio de Riazor - 1
Vista exterior do estadio.

Na tempada 1995-96, Riazor sofre unha nova remodelación coa finalidade de pechar o recinto polos seus catro costados, pois ata entón tiña forma de ferradura. Primeiramente o terreo de xogo foi retranqueado cara á bancada de Xeral, a fin de gañar espazo entre o mesmo e o Palacio dos Deportes para poder erguer a bancada que logo se habería chamar de "Pavillón". Unha vez rematado este fondo, procedeuse a derrubar as bancadas de Xeral e Marathon para erguer outra practicamente idéntica en canto estética e dimensións á acabada de construír. Riazor pasaba así a ter todas as súas localidades de asento. Unha vez concluída a obra, o estadio perdería as pistas de atletismo nos fondos, ficando así as dos laterais inutilizadas a pesar de que anos despois as liñas divisorias volverían ser pintadas. Acadáronse 34 600 localidades, todas de asento e foron instalados tamén dous novos e modernos videomarcadores nas cubertas das novas bancadas. Esta obra foi proxectada polo Grupo TAU e executada pola empresa Dragados[11]. Tras o remate da mesma, do estadio orixinal, conservaríase unicamente a Torre de Maratón[12].

Novo convenio e melloras a comezos do século XXI

O Concello e o Deportivo asinaron no ano 2000 un novo convenio de concesión das instalacións axustado á nova realidade xurídica do club, convertido desde había uns anos en Sociedade Anónima Deportiva. Nel, reflectiuse a posibilidade de que dito acordo podería ser rescindido se o club pasaba a ser controlado por un accionista ou grupo de accionistas maioritarios. Adicionalmente, incluíuse a responsabilidade por parte do RC Deportivo da organización do Trofeo Teresa Herrera, até entón xestionado polo Concello. Os asinantes foron o entón alcalde, Francisco Vázquez, por parte da corporación municipal e Augusto César Lendoiro como máximo responsábel da entidade deportivista[13].

Deportenda Estadio de Riazor
DeporTienda.

Coa primeira participación do Deportivo na Liga de Campións da UEFA, chegan tamén as primeiras e (algunhas) obrigadas actualizacións da recente reforma[3]: a construción dos palcos VIP na bancada de Preferencia Inferior, habilitación de zonas especiais para atender aos xornalistas tralo remate dos partidos ou substitución dos antigos asentos de plástico de Preferencia Inferior, que carecían de respaldo, por outros de maiores dimensións que si o tiñan, foron algunhas das melloras.

En xaneiro de 2001 suprimíronse os valados metálicos que evitaban que os seareiros invadisen o campo[14]. Ese mesmo ano, nos novos locais comerciais resultantes das obras de ampliación na bancada de Tribuna, inaugurouse o 7 de agosto[15] a primeira Deportienda (onde se venden produtos oficiais do conxunto herculino) na esquina máis próxima á praia, e a partir de 2003 un ximnasio coñecido como ZonaFit (xestionado por unha empresa externa, allea a Concello e Deportivo) na esquina oposta da mesma Rúa de Manuel Murguía[16]. Baixo as bancadas de Preferencia Superior e con acceso desde a Avenida da Habana, foron habilitadas oficinas de atención ao socio e de venda de entradas, feito que provocou o abandono das históricas instalacións que para ese fin tiña até entón o club herculino na Avenida da Mariña.

Melloras de 2015 e 2016 e futuro museo

No verán 2015, a directiva acomete melloras parciais das instalacións[17]:

1906deportivo
Nova faciana após as reformas de 2015.
  • Eliminación das pingueiras nas bancadas que por mor de sucesivos temporais danaran a cuberta.
  • Os asentos de Pavillón e Preferencia Inferior foron tratados e repintados «para se amosar como novos» e permitiren a configuración da palabra Dépor e a data 1906, visíbeis co estadio baleiro.
  • Os chanzos de ambas as bancadas foron pintados de gris para mellorar a estética e tratados cun produto antiescorregante para evitar o perigo cando estean mollados.
  • O espazo para discapacitados foi trasladado a Preferencia Inferior, xusto na entrada da porta 27, á que se chega directamente pola rampla da Deportienda.
  • Substitución dos videomarcadores dos fondos por outros máis modernos e de maior tamaño.
  • Instalación de céspede artifical no perímetro do terreo de xogo a fin de ocultar os antiestéticos restos das vellas pistas de atletismo.

O 2 de xullo, pouco despois de ser elixido, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou tras unha reunión co presidente deportivista Tino Fernández, a súa predisposición a aprobar un hipotético cambio no nome do estadio baixo o patrocinio dunha empresa privada sempre que se respectase á vez o nome orixinal e oficial[18].

O 31 de decembro dese mesmo ano o Deportivo anunciou o peche definitivo do ximnasio ZonaFit (do que asumira tempo atrás a súa xestión) para dedicalo a un futuro museo relacionado coa historia do club[19].

Xa en 2016, foron substituídos todos os asentos das bancadas superiores que formaban franxas brancas e azuis por outros novos, todos eles azuis a semellanza dos das bancadas inferiores. Posteriormente, xa no outono dese ano, foi tamén anovado o sistema de rego e a capa de céspede, obra que non se acometía desde había vinte anos. Unha das razóns que motivou esta obra foi o cumprimento da nova normativa da LFP cara mellorar a calidade das retransmisións televisivas.[20]

Proxecto de 2017 para anovar as cubertas das bancadas

O 3 de xuño de 2017 os concelleiros José Manuel Sande e Xiao Varela presentaron o proxecto de substitución da totalidade das cubertas, logo de que estas padeceran anos de escaso ou nulo mantemento, circunstancia que chegou a provocar o adiamento dun encontro de 1ª División entre o Deportivo e o Real Betis por mor dun temporal[21]. O comezo das obras está previsto para maio de 2018.[22]

A anterior corporación local, liderada por Carlos Negreira, xa adxudicara unha obra para unha nova cuberta a Dragados por valor de 2,5 millóns de euros, porén a empresa construtora decidiu renunciar ao contrato por considerar dita cantidade insuficiente.[22]

Patrocinio do nome

O 29 de xullo de 2017, os presidentes da entidade financeira Abanca e máis o RC Deportivo presentaron ante os medios un acordo para a reestruturación da débeda do segundo, que incluía o uso da marca comercial "Abanca" canda a denominación oficial do estadio. O día anterior o alcalde, Xulio Ferreiro, e Tino Fernández deran outra rolda de prensa anunciando os acordos acadados por ambas as partes para continuar coa a xestión da instalación, entre as que se incluía como novidade a posibilidade de agregar un patrocinador.[23]

Eventos futbolísticos

Final da Copa do Xeneralísimo de 1947

En 1947 xogouse a segunda e ata o momento última final da Copa do Rei disputada en Galicia. Os finalistas foron o Real Madrid e o Espanyol, sendo o resultado favorable ao conxunto branco (2-0), que gañou na prórroga.

Real Madrid 2 – 0 Espanyol 22 de xuño de 1947, 18:00 (CET) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 30.000
Árbitro: Francisco Echave
Vidal Anotado no 107º minuto 107'
Pruden Anotado no 119º minuto 119'
Informe

Mundial de Fútbol de 1982

Con motivo do Mundial de Fútbol de 1982 organizado en España, Riazor acolleu tres partidos de primeira rolda, especificamente do Grupo A do mundial, a saber: Polonia-Perú, Polonia-Camerún e Perú-Camerún.

Perú Flag of Peru.svg 0 – 0 Flag of Cameroon.svg Camerún 15 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 11.000 espectadores
Árbitro: Franz Wöhrer (Austria)
Informe
 
Polonia Flag of Poland.svg 0 – 0 Flag of Cameroon.svg Camerún 19 de xuño de 1982, 19:15 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 19.000 espectadores
Árbitro: Alexis Ponnet (Bélxica)
Informe
 
Polonia Flag of Poland.svg 5 – 1 Flag of Peru.svg Perú 22 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 25.000 espectadores
Árbitro: Mario Rubio Vázquez (México)
Smolarek Anotado no 55º minuto 55'
Lato Anotado no 58º minuto 58'
Boniek Anotado no 61º minuto 61'
Buncol Anotado no 68º minuto 68'
Ciolek Soccerball.svg 76'
Informe La Rosa Anotado no 83º minuto 83'
 

Partidos da selección galega

Co renacer da Selección galega de fútbol a comezos do século XXI, o estadio de Riazor converteuse tamén en escenario dalgún dos enfrontamentos da Irmandiña, acollendo os partidos de 2006 e 2008 contra Ecuador e Irán respectivamente. En abril de 2016 o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, anunciou que a selección había volver aos terreos de xogo cun amigábel fronte a selección de Venezuela en Riazor o 20 de maio dese mesmo ano[24].

Galicia Flag of Galicia.svg 1 – 1 Flag of Ecuador.svg Ecuador 28 de decembro de 2006 – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 20.000 espectadores
Árbitro: Bernardino González Vázquez
Pereira Anotado no 68º minuto 68' Informe Calle Anotado no 63º minuto 63'
 
Galicia Flag of Galicia.svg 3 – 2 Flag of Iran.svg Irán 27 de decembro de 2008, 20:45 (CET) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 12.000 espectadores
Árbitro: Ignacio Iglesias Villanueva
Novo Anotado no 23º minuto 23' Anotado no 59º minuto 59'
Losada Anotado no 66º minuto 66'
Informe Borhani Anotado no 32º minuto 32'
Khalatbari Anotado no 82º minuto 82'
 
Galicia Flag of Galicia.svg 1 – 1 Flag of Venezuela.svg Venezuela 20 de maio de 2016 – Estadio Municipal de Riazor, A Coruña
Asistencia: 18.000 espectadores
Árbitro: Ignacio Iglesias Villanueva
Aspas Anotado no 36º minuto 36' Informe Martínez Anotado no 92º minuto 92'
 

Partidos da selección española

España Flag of Spain.svg 4 – 2 Flag of Portugal.svg Portugal 6 de maio de 1945 – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: Sen datos sobre espectadores
Árbitro:
Zarra Anotado no 37º minuto 37' Anotado no 40º minuto 40'
Herrerita Anotado no 74º minuto 74'
César Anotado no 81º minuto 81' (pen.)
Peyroteo Anotado no 10º minuto 10' Anotado no 88º minuto 88'
 
España Flag of Spain.svg 5 – 0 Flag of Belgium.svg Bélxica 5 de setembro de 2009, 22:00 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 33.000 espectadores
Árbitro: Bertrand Layec (Francia)
Silva Anotado no 41º minuto 41' Anotado no 68º minuto 68'
Villa Anotado no 49º minuto 49' Anotado no 85º minuto 85'
Piqué Anotado no 50º minuto 50'
Informe
 

Partidos da 1ª división feminina na década de 1980

O Karbo Deportivo, cando se encontraba no cumio da súa carreira, chegou xogar como local algúns dos seus partidos en Riazor[25].

Competicións oficiais europeas de clubs

Eliminatorias da Copa da UEFA

O Deportivo disputou os seus primeiros partidos oficiais como local en competición europea na UEFA Europa League, baixo o anterior formato de eliminatorias coñecido daquela como Copa da UEFA. O primeiro equipo en visitar Riazor sería o danés Aalborg BK. Logo desa histórica tempada 1993-1994 repetiría noutras catro ocasións máis: 1994-1995, 1997-1998, 1999-2000 e 2008-2009.

Eliminatorias da Recopa de Europa 1995-1996

O Deportivo xogou como local as eliminatorias a dobre partido na extinta competición europea. O seu último encontro en Riazor foi nas semifinais, onde caería fronte o futuro campión desa mesma edición, o Paris Saint-Germain FC.

UEFA Champions League

Após a conquista da Liga española na tempada 1999-2000 o Deportivo pasaría xogar durante as cinco tempadas seguintes na máxima competición europea de clubs, usando sempre Riazor como campo local, tanto para as liguiñas como para as eliminatorias a dobre partido.

Liga de Fútbol Profesional e eliminatorias de Copa do Rei

Desde a inauguración de Riazor como campo para acubillar os encontros que o Deportivo xogase como local en competicións oficias, estes tiveron todos carácter profesional agás nas tempadas 1974-1975 e 1980-1981, nas que o conxunto herculino fora descendido a categorías que non gozan de tal consideración, se ben hai que puntualizar que a Liga de Fútbol Profesional non foi constituída xuridicamente como tal até o ano 1984.

A maior goleada encaixada en Riazor en competición ligueira foi un 0-7 contra o Futbol Club Barcelona na tempada 1955-1956 e a maior goleada acadada foi un 10-1 contra a Unió Esportiva Lleida, na 1950-1951[26].

O Deportivo non puido xogar como local en competición oficial en Riazor en febreiro de 1997, despois de que un seareiro lanzara desde a bancada de Pavillón unha moeda que foi impactar na cabeza do árbitro, no final do partido de 1ª división contra o Rayo Vallecano. Este feito provocou que o comité sancionador castigase o Deportivo a celebrar o seu encontro como anfitrión fronte o Club Atlético de Madrid fóra da Coruña. O campo escollido foi o Estadio Multiusos de San Lázaro[27].

Presentacións, partidos e torneos amigábeis

Ademais de partidos oficiais, Riazor tamén acolle partidos amigábeis do Deportivo e torneos estivais, como os extintos Conde de Fenosa e Juan Acuña ou o veterano Trofeo Teresa Herrera. Nesa mesma época son tamén habituais as presentacións ante socios e seareiros de novas fichaxes, así como a estrea do primeiro equipo para a tempada entrante[28].

Sede da Copa Mundial de Clubs da FIFA 2001 (cancelada)

A Copa Mundial de Clubs 2001 foi un intento de segunda edición do torneo organizado pola FIFA que foi cancelado. Estaba planeado que se celebrase en España e o Deportivo, como campión da primeira categoría do país organizador sería o equipo convidado e Riazor, por tanto, unha das sedes[29]. O problema foi que se xa na primeira edición o torneo fora acollido con desagrado por un bo número de clubs, o intento de realizar un novo torneo o ano seguinte por parte da FIFA supuxo o golpe definitivo por mor da negativa dos clubs a participaren neste campionato. Tras esta cancelación, o 18 de maio de 2001 planeouse pospoñelo para 2003, idea que tamén se desbotou rapidamente[30][31].

Outros eventos

Atletismo

Campionatos galegos

En 1947 disputáronse por primeira vez os campionatos galegos ao aire libre neste recinto. Esta competición volveu en 1948, 1949, 1951, 1952, 1954, 1955, 1957, 1958, 1960 (compartindo sede con Balaídos[32]), 1970, 1973, 1976 e 1978[33].

Campionatos de España

No ano 1946, os campionatos de España de atletismo na categoría xuvenil, entón chamado "Campeonato nacional de atletismo del Frente de Juventudes", foron presididas polo entón xefe do Estado Español, Francisco Franco[34] e celebradas en Riazor. Outros campionatos de España que haberían repetir nestas instalacións, xa en categoría absoluta, serían o de combinadas de 1948 e ao aire libre en 1957, 1958 (sede compartida coas pistas de Anoeta[35]), 1960 (compartidos co Estadi Olímpic Lluís Companys[35]) e 1962[36].

Competicións Internacionais

En 1964, do 6 ao 9 de agosto, celebráronse os XIX Campionatos Mundiais Militares de Atletismo[37].

O 6 de agosto de 1986, nunha Reunión Internacional celebrada nas pistas coruñesas, o marroquí Said Aouita quedou a 47 centésimas de segundo do récord mundial de 5 000 metros que el mesmo ostentaba[38].

De 1987 a 1991 disputáronse cinco edicións do Trofeo Internacional Teresa Herrera, organizado polo Concello coruñés[39][40].

Concertos e actos culturais

Do 20 de xullo ao 10 de agosto de 1967 Riazor foi sede do auditorio itinerante de "Festivales de España", no que se celebrou a "Festa da Cantiga" en lingua galega, correndo o pregón a cargo do entón presidente da Real Academia Galega, Sebastián Martínez-Risco. Tamén se fixeron nese mesmo festival representacións teatrais en castelán, houbo ballet, e interpretouse música folclórica e popular e zarzuelas[41].

O 24 de agosto de 1983, o concerto "El rock de una noche de verano" de Miguel Ríos conseguiu xuntar máis de 18 000 asistentes malia as condicións meteorolóxicas adversas[42], Leño e Luz Casal foran daquela os abreconcertos[43]. Na seguinte semana, o 28 de agosto, un concerto de Julio Iglesias congregaría unhas 15 000 persoas[44].

Os días 9, 10 e 11 de xullo de 1993 tiveron lugar os últimos concertos musicais no estadio. O fondo que, por aquel entón, aínda non dispoñía de bancadas para o público foi ocupado polo escenario no que artistas como Bob Dylan, Neil Young, Sting, Wilson Picket, Robert Plant, Bo Diddley ou The Kinks, entre outros, representaron os seus temas dentro dos actos organizados pola Xunta de Galicia co gallo do Xacobeo, que se estaba a celebrar ese mesmo ano[45].

Afluencia

O Deportivo tivo dúas épocas na súa historia recente de grande afluencia ao estadio de Riazor. A primeira delas, entre os anos 1992–93 e 1996–97, onde a media de entrada se situaba en 25 000 espectadores,[46] para un estadio con capacidade para 29 000. Na segunda etapa, xa cunha capacidade para 35 000 espectadores, o número de socios e de afluencia situábase arredor dos 30 000 espectadores,[47] entre as tempadas 2000–01 e 2003–04.

A asistencia media a Riazor desde 1999 (sen estimacións anteriores) é:[48][49][50]

3818-Somos de Primera (Depor-Jaen 1-0)
Partido Deportivo-Real Jaén da tempada 2013/14 no que o Deportivo acadou o ascenso á Primeira División.
Tempada Categoría Espectadores Variación en Liga Asistencia máis alta Asistencia total Partidos
1999-2000 Primeira División 27.211 34.600 517.009 19
2000-2001 Primeira División 28.921 Green Arrow Up.svg 6.3% 34.600 549.499 19
Liga de Campións 28.143 - 34.600 197.000 7
2001-2002 Primeira División 29.368 Green Arrow Up.svg 1.5% 34.000 557.992 19
Liga de Campións 28.500 - 34.600 199.500 7
2002-2003 Primeira División 28.079 Red Arrow Down.svg 4.4% 34.600 533.501 19
Liga de Campións 26.127 - 34.600 156.761 6
2003-2004 Primeira División 26.061 Red Arrow Down.svg 7.2% 34.600 495.159 19
Liga de Campións 26.079 - 34.600 156.473 6
2004-2005 Primeira División 21.684 Red Arrow Down.svg 16.8% 34.600 411.996 19
Liga de Campións 17.473 - 28.000 52.418 3
2005-2006 Primeira División 19.105 Red Arrow Down.svg 11.9% 34.000 362.995 19
2006-2007 Primeira División 16.620 Red Arrow Down.svg 13.0% 34.600 315.780 19
2007-2008 Primeira División 17.800 Green Arrow Up.svg 7.1% 34.600 338.200 19
2008-2009 Primeira División 18.316 Green Arrow Up.svg 2.9% 34.600 348.004 19
Copa da UEFA 17.800 - 20.000 71.200 4
2009-2010 Primeira División 18.932 Green Arrow Up.svg 3.4% 34.600 359.708 19
2010-2011 Primeira División 19.984 Green Arrow Up.svg 5.6% 34.600 379.696 19
2011-2012 Segunda División 26.438 Green Arrow Up.svg 32.3% 34.600 555.198 21
2012-2013 Primeira División 29.517 Green Arrow Up.svg 11.6% 34.600 560.823 19

A asistencia a Riazor, xa con datos oficiais facilitados polo club ao remate de cada partido e sobre unha capacidade real de 33.639 espectadores é:

Tempada Categoría Espectadores Asistencia máis alta Asistencia total Partidos
2013-2014 Segunda División 23 871 33 639 417 283 21
2014-2015 Primera División 21 254 30 334 403 818 19

Proxectos desbotados de novos estadios

Proxecto de Peter Eisenman

En 2003 o presidente Augusto César Lendoiro presentou unha maqueta dun novo estadio de Riazor[51] deseñado polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O presidente declarou que sería o estadio máis bonito do mundo, de cinco estrelas e que tería unha capacidade de 36 000 espectadores. O proxecto prevía a súa construción enriba do actual estadio, porén as non demasiado boas relacións entre o club e o Concello, así como o alto custo económico fixeron que o proxecto fose deixado de lado.

Proxecto para a candidatura do Mundial de Fútbol de 2018

En 2008, a raíz da candidatura conxunta das federacións española e portuguesa de fútbol para se converteren en sede oficial do mundial de fútbol de 2018, as reivindicacións para a construción dun novo estadio na Coruña víronse avivadas. Deportivo e o Concello presentaron toda a documentación necesaria para postularen A Coruña como unha das sedes do campionato (de feito foi a primeira cidade en facelo) e amosaron o apoio non só do propio Concello senón tamén doutras institucións como a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Esta candidatura levaba consigo o problema de que Riazor non cumpre os requisitos (por exemplo ter unha capacidade superior aos 40 000 espectadores), o que compromete as institucións a realizaren ben unha remodelación do estadio actual, ou ben a construír un novo estadio,[52][53] tal e como levaba reivindicando Lendoiro nos últimos anos.

O 18 de marzo de 2010, desde o Concello da Coruña presentábase o proxecto de reforma, no suposto de que a cidade fose elixida como sede para o Mundial de fútbol de 2018 ou 2022. O novo estadio tería unha capacidade de 45 000 espectadores e remodelaríase a zona próxima, incluíndo o soterramento das rúas próximas, para crear así unha nova área de lecer na cidade. O custo do proxecto estímase en 170 millóns de euros e o prazo de execución sería dun ano[54]. Finalmente, o fracaso da candidatura e os tempos de crise económica, tanto do país como do propio club, fixeron que esta idea tivese que ser desbotada[55].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Estadio Municipal de Riazor.
Riazor

Interior do estadio

Estadio de Riazor - 2

Interior do estadio

Estadio de Riazor. (A Coruña)

Bancadas baleiras

Estadio de riazor

Vista do estadio

Estadio de Riazor

Exterior

RiazorDepor

Vista das bancadas de Preferencia na temporada 20015-2016

TrofeosDeportivo

Banco

Jimmy Riazor Blues

Mural dedicado ao seareiro Jimmy na Torre de Maratón

Notas

  1. "ABANCA financia al Dépor para reestructurar su deuda y construir un proyecto más sólido y competitivo". comunicacion.abanca.com (en castelán). Consultado o 2017-08-04.
  2. "RIAZOR". Páxina Oficial do R.C. Deportivo de La Coruña. Consultado o 2017-06-04.
  3. 3,0 3,1 "Riazor: Historia". canaldeportivo.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 2016-02-26.
  4. López González, Cándido; Carreiro Otero, María. "La identidad del lugar: La manzana del deporte en Riazor". upc.edu. Consultado o 26-02-2016.
  5. "Información deportiva". ABC (en castelán). 24-6-1955. Consultado o 24-5-2016.
  6. Revista do CSIC: Estadio Municipal de Riazor / La Coruña
  7. "Décimo de Lotería Nacional de 1982 - ESTADIO RIAZOR. LA CORUÑA". nacionalloteria.es. Consultado o 27-02-206.
  8. M. Piñeiro | La Voz de Galicia (9 de xuño de 2015). "Cando o Deportivo queimou as meigas". Consultado o 26-02-2016.
  9. "Fútbol / 1994: Toda una Liga en un penalti". Deportes con Historia. Consultado o 27-02-2016.
  10. C. Fernández. La Voz de Galicia (7 de xuño de 2001). "Riazor, del olimpismo alemán al estilo inglés". Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 27-02-2016.
  11. "Ampliación Estadio Riazor". Grupo TAU. Consultado o 27-02-2016.
  12. Concello da Coruña. PXOUM 2013. "Fichas de elementos patrimoniales"
  13. "Texto íntegro del convenio entre el Ayuntamiento y el Club". canaldeportivo.com. Arquivado dende o orixinal o 07-03-2016. Consultado o 26-02-2016.
  14. Jacobo Mosquera. Vavel (27 de xaneiro de 2014). "13 años sin vallas en Riazor, 13 años sin fútbol en cuadrículas". Consultado o 27-02-2016.
  15. CanalDeportivo.com (7 de agosto de 2001). "Resumen de prensa: La presentación y la Deportienda". Consultado o 26-02-2016.
  16. La Voz de Galicia | Hemeroteca Web (7 de xullo de 2003). "El Ayuntamiento paraliza unas obras del Deportivo en los bajos de Riazor". Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 26-02-2016.
  17. La Voz de Galicia: "Dos enormes videomarcadores destacan en el lavado de cara de Riazor"
  18. La Opinión A Coruña (30 de xullo de 2015). "El Concello, abierto a autorizar un patrocinio para el estadio". Consultado o 28-02-2016.
  19. La Opinión A Coruña (18 de novembro de 2015). "Cierra Zona Fit, donde el club pretende ubicar un museo histórico". Consultado o 26-02-2016.
  20. "Comienzan las obras de sustitución del césped y del sistema de riego de Riazor". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-10-03. Consultado o 2017-06-04.
  21. "O partido Deportivo-Betis, adiado polo temporal". www.crtvg.es. Consultado o 2017-06-04.[Ligazón morta]
  22. 22,0 22,1 Gutiérrez, Jose Manuel (03-06-2017). "La prolongación de Preferencia aumentará un 17% el coste de las cubiertas de Riazor". Consultado o 2017-06-04.
  23. Real Club Deportivo de La Coruña (2017-06-28). "Rueda de prensa de Tino Fernández y Xulio Ferreiro. 28.06.2017". Consultado o 4-8-2017.
  24. "A selección galega volverá en Riazor con Fran e Míchel Salgado de adestradores - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2016-04-15.
  25. Manuel Rivas. El País (3 de xuño de 1984). "Karbor, las futbolistas que ganaron a los hombres". Consultado o 27-02-2016.
  26. "Palmarés blanquiazul". Canal Deportivo. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
  27. Xosé Hermida. El País (13 de febreiro de 1997). "Silva promete fútbol ofensivo en el Deportivo". Consultado o 27-02-2016.
  28. Eugenio Cobas. La Opinión A Coruña (6 de agosto de 2015). "Más de 3.000 aficionados dan la bienvenida a los últimos fichajes". Consultado o 28-02-2016.
  29. Fernández, Jose M. (6 de marzo de 2001). "El sorteo del Mundial de Clubes premia a Riazor con un Dépor-Boca". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 05-03-2016. Consultado o 29-02-2016.
  30. "Copa Mundial de Clubes de la FIFA 2001". Wikipedia en español. Consultado o 29-02-2016.
  31. Pérez, Juanan (18 de decembro de 2014). "El (no) Mundial de Clubes España 2001". ABC. Arquivado dende o orixinal o 07-03-2016. Consultado o 29-02-2016.
  32. "CAMPEONES GALLEGO ABSOLUTOS HOMBRES AIRE LIBRE 1960" (PDF). atletismogalego.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13-01-2015. Consultado o 28-02-2016.
  33. "Información Estatística do Atletismo Galego". atletismogalego.com. Arquivado dende o orixinal o 05-03-2016. Consultado o 28-02-2016.
  34. Rodríguez Mateos, Araceli (2008). Un franquismo de cine: la imagen política del régimen en el noticiario NO-DO (1943-1959). Rialp S. A. ISBN 978-84-321-3671-9.
  35. 35,0 35,1 "Campeonatos de España absolutos al aire libre" (PDF). RFEA.es. Consultado o 28-02-2016.
  36. "Campionatos nacionais celebrados en Galicia" (PDF). atletismogalego.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-03-2016. Consultado o 28-02-2016.
  37. ABC (14 de marzo de 1964). "Los XIX Campeonatos Mundiales Militares de Atletismo, en La Coruña, del 6 al 9 de agosto". Consultado o 27-02-2016.
  38. Agencias. El País (7 de agosto de 1986). "Said Auita se quedo a 47 centésimas de su récord mundial en la reunión internacional de La Coruña". Consultado o 28-02-2016.
  39. Atletas de Jaén (10 de xullo de 2012). II Trofeo de Atletismo Internacional Teresa Herrera, A Coruña 1988 Final 1500 (YouTube).
  40. Trisquel 47. LUIS NOGUEIRA en el V Trofeo Teresa Herrera de Atletismo, Riazor 1991 (Vimeo).
  41. Hemeroteca do xornal ABC (21 de xullo de 1967). "La Coruña, en fiestas". Consultado o 26-02-2016.
  42. "Veinte años después del “Concierto de los Mil Años”". diariodearousa.com. Consultado o 26-02-2016.
  43. Pereira, Nonito. "HISTORIA E HISTERIA DEL "ROCK DE UNA NOCHE DE VERANO" EN EL ESTADIO MUNICIPAL DE RIAZOR DE ACORUÑA". Todo Música & Más. Consultado o 26-02-2016.
  44. Rivas, Manuel (29 de agosto de 1983). "Julio Iglesias cantará en beneficio de los damnificados del norte de España". Consultado o 26-02-2016.
  45. "Losada dice que nadie pidió hacer conciertos en el estadio de Riazor". lavozdegalicia.es.
  46. O deportivismo, unha afección cos pés no chán
  47. A polos 32.000 socios
  48. Asistencia en España
  49. Asistencia en Liga de Campeones
  50. Asistencia en UEFA
  51. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 01 de xaneiro de 2009.
  52. DeporSport: Xoán Cajigal, Concelleiro de Deportes de A Coruña: "Non se descarta facer un novo estadio". 11 de setembro de 2009[Ligazón morta]
  53. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2009.
  54. Axencia EFE (18 de marzo de 2010). "La remodelación de Riazor costará 170 millones de euros". Diario Marca. Consultado o 2016-02-26.
  55. Miranda, C. (8 de decembro de 2010). "Quieren reparar Riazor antes del 9 de enero". Diario As. Consultado o 26-02-2016.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Campo da Rata

O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Adormideiras, cerca da Torre de Hércules.

Tralo triunfo do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presos, a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.

Campo de Riazor

Para o actual estadio de Riazor véxase: Estadio Municipal de Riazor.O campo de Riazor foi un campo de fútbol na Coruña no que o Deportivo da Coruña xogou os seus partidos como local entre 1909 e 1944. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas. O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ó Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ó actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.

Casa Cornide

A casa Cornide é un edificio de estilo barroco situado na Cidade Vella da Coruña.

Casa Museo de María Pita

A Casa Museo de María Pita é unha casa museo da Coruña lembra a vida desta heroína que loitou contra unha frota inglesa no século XVI liderada por Francis Drake. No soar que ocupa levantábase no século XVI unha vivenda propiedade do primeiro marido de María Pita, Xoán Alonso de Rois.

Casa da Aduana da Coruña

A Aduana Real é un edificio de estilo clasicista situado no barrio da Pescadería da Coruña.

Castro de Nostián

O castro de Nostián é un poboado pertencente á cultura castrexa situado no lugar de Nostián, cerca da refinería da Coruña.

Cidade Deportiva Municipal da Torre

A Cidade Deportiva Municipal da Torre é un complexo polideportivo situado na cidade da Coruña empregado tanto por clubs e sociedades deportivas locais como por cidadáns a título particular. O seu propietario é o Concello da Coruña e o seu nome obedece á proximidade do recinto coa Torre de Hércules.

Algúns dos clubs de fútbol modesto coruñés que empregan ou empregaron acotío estes campos son o Club Atlético dos Castros, Club Torre SD, Maravillas SD, Batallador SD, Caixa Aforros, Deportivo Ciudad, CD Ciudad Jardín, Sporting María Pita, Marola FC, CD Marte, Orillamar SD, Orzán SD, Sporting Ciudad ou o Sporting Coruñés.

Convento de San Domingos da Coruña

O convento de San Domingos é un convento da Orde dos Predicadores situado na cidade vella da Coruña.

Estadios de fútbol de Galicia

En primeiro lugar amósase unha relación de estadios de fútbol de Galicia actuais por provincias, e equipos que xogan neles. Na segunda táboa amósanse outros estadios e campos de fútbol desaparecidos, clasificados baixo o mesmo criterio.

Expocoruña

O Recinto Feiral Expocoruña é a institución feiral da Coruña, que organiza salóns relacionados cos diferentes sectores económicos. Está situado en Someso.

Igrexa de Santa María de Oza

A igrexa de Santa María de Oza é un templo relixioso situado en Monelos, Oza (A Coruña).

Kiosco Alfonso

O Kiosco Alfonso é unha sala de exposicións da cidade da Coruña. Realiza todo tipo de exposicións, artísticas, informativas, fotográficas, de deseño industrial e gráfico, arquitectónicas, holográficas etc... así como outro tipo de actos, como conferencias, mesas redondas, edicións de catálogos. Está situado en pleno centro da cidade, nos Xardíns de Méndez Núñez

O foi deseñado por Rafael González Villar en 1912 en estilo modernista. O edificio foi inaugurado en 1913 e ao longo da súa historia foi café, sala de espectáculos e cine. O Kiosco Alfonso recibe o seu nome do rei Afonso XIII, para conmemorar unha visita que fixo á cidade. Dende 1982 é sala de exposicións municipal

PALEXCO

O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en Marzo do 2005.

O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 metros cadrados e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.

Pazo dos Deportes de Riazor

O Pazo dos Deportes de Riazor é un pavillón polideportivo situado na cidade da Coruña (Galiza), situado á beira do paseo marítimo da capital coruñesa, na Rúa de Manuel Murguía, xusto ao carón do Estadio Municipal de Riazor. O edificio, obra de Santiago Rey Pedreira, foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e ten capacidade para 5.000 espectadores. Está catalogado como elemento patrimonial.

Praia das Lapas

A praia das Lapas, praia da Lagoa ou praia do Areal é unha pequena praia urbana situada ó pé da Torre de Hércules, no concello da Coruña. Conta con duchas, aseos, aparcadoiro e, durante o verán, servizo de vixilancia, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.

Ata aló chegan as liñas de autobuses urbanos 3, 3A e 5.

Antes da súa rexeneración empregábase como canteira para obter area fina.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia do Matadoiro

A praia do Matadoiro, antigamente chamada Berbiriana ou Birbiriana, é unha pequena praia urbana da Coruña situada ó norte da praia do Orzán. Dispón de aseos, duchas, aparcadoiro, servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios.

É habitual a práctica do surf, bodyboard e longboard cando as condicións meteorolóxicas son as adecuadas, marea baixa e vento do suroeste ou nordés. Celébrase un campionato anual de longboard, o Matadero Longboard Festival, de participación nacional e internacional.

Nesta praia está prohibida a entrada de animais.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praza das Bárbaras

A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.

Lugares de interese da Coruña
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe
Espazos naturais
Outros lugares
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Equipos desaparecidos
Torneos desaparecidos
Estadios (listaxe)
Deporte na Coruña
Equipos
Instalacións
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.