Estadio Municipal de Balaídos

O Estadio Municipal de Balaídos é un estadio de fútbol situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española.

Coordenadas: 42°12′42.63″N 8°44′22.96″O / 42.2118417, -8.7397111

Estadio Municipal de Balaídos
Estadio de Balaídos
Datos
LocalizaciónVigo, Galicia
Construción
Inauguración30 de decembro de 1928
ArquitectoGenaro de la Fuente
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 69
Capacidade32.000
PropietarioConcello de Vigo
LocalíaReal Club Celta de Vigo
Eventos

Historia

O topónimo do lugar deriva de Abeladíos, facendo referencia a un lugar onde abondan as abeleiras[1]. O estadio é obra do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez e foi inaugurado o 30 de decembro de 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-0. Entre 1967 e 1971 o concello levou a cabo unha reforma en profundidade unha por unha a tódalas bancadas, dándolle a configuración actual, salvo a banda de Río (que recibe o seu nome por estar sobre o río Lagares).

No ano 1969 realizouse unha remodelación para ampliar a zona de pé e asento baixo viseira nas bancadas de Marcador, Tribuna e Gol. O proxecto foi asinado polo arquitecto Antón Román Conde en colaboración coa empresa madrileña Construcciones Laminares S.L., dos arquitectos José Ruiz-Castillo y Ucelay e mais Ricardo Urgoiti, especializados nas láminas de formigón armado. Representou un grande desafío técnico xa que debía construírse en moi pouco tempo e a cuberta de formigón acadaba na lonxitude máxima os 16,5 metros.[2]

Posteriormente foi remodelado con motivo da acollida do Mundial de fútbol de 1982, na que se completa a remodelación anterior e reformase entre outras cousas a bancada de Río. Tamén se fixeron obras no campo en 2004 con motivo da primeira participación do Celta na súa historia na Liga de Campións, e adecuando o estadio á normativa da FIFA. Naquel momento o estadio tería unha capacidade de 31.800 espectadores.

A comezos da tempada 2012/13 acometeuse unha reforma para acondicionar o vetusto estadio, tapando o foso que circundaba o terreo de xogo e eliminando algunha das primeiras filas da bancada, nas que era moi mala a visibilidade, para eliminar os obstáculos entre o afeccionado e o terreo de xogo, emulando así os campos de xogo ingleses[3]. Con esta remodelación a capacidade do estadio quedaría en pouco menos de 30.000 asentos.

En 2015 comezou unha reforma en todo o recinto, aumentando a súa capacidade en máis de mil asentos, ata os 31.100 cando finalicen as obras, que se espera que teñan rematado pasados dous anos e medio.[4]

Partidos internacionais

Ao longo da historia acolleu diversos partidos internacionais da selección galega e enfrontamentos da selección española e a portuguesa.

O 2 de abril de 1933 acolleu o encontro España-Portugal (3-0). Antes do partido a galega Emilia Docet, miss España dese ano, saíu ao campo cun traxe típico portugués, acompañada doutras rapazas co traxe galego. Acadouse unha recaudación de 130.000 pesetas[5]. Os combinados peninsulares volveron enfrontarse o 26 de setembro de 1979 (1-1) e o 19 de xaneiro de 1994 (2-2).

O 27 de decembro de 2007 a selección galega enfrontouse á Camerún, no terceiro partido da época contemporánea. Rematou con empate (1-1), os dous goles metidos de penalti, adiantándose primeiro Galicia, por medio de Xulio Álvarez no minuto 70, e empatando para Camerún Song, no minuto 87[6].

Mundial de Fútbol de 1982

O 14 de xuño de 1982 foi a primeira ocasión en que se celebrou en Galicia un encontro dunha Copa Mundial de Fútbol. Os participantes, Italia e Polonia, que ese día empataron a cero goles, serían, ao finalizar o campionato, gañador e terceiro clasificado respectivamente.

Xogáronse, en total, tres partidos:

Italia Flag of Italy.svg 0 – 0 Flag of Poland.svg Polonia 14 de xuño de 1982 – Estadio de Balaídos, Vigo
Asistencia: 33.000 espectadores
Árbitro: Michel Vautrot (Francia)
 
Italia Flag of Italy.svg 1 – 1 Flag of Peru.svg Perú 18 de xuño de 1982 – Estadio de Balaídos, Vigo
Asistencia: 25.000 espectadores
Árbitro: Walter Eschweiler (Alemaña Federal)
Conti Anotado no 18º minuto 18' Díaz Anotado no 83º minuto 83'
 
Italia Flag of Italy.svg 1 – 1 Flag of Cameroon.svg Camerún 23 de xuño de 1982 – Estadio de Balaídos, Vigo
Asistencia: 20.000 espectadores
Árbitro: Bogdan Dotchev (Bulgaria)
Graziani Anotado no 60º minuto 60' M'Bida Anotado no 61º minuto 61' 
 

Outros eventos

Amais de encontros deportivos, o estadio de Balaídos acolleu tamén diversas actuacións musicais[7].

O 29 de xullo de 1990 actuou Madonna ante 20.000 persoas, como parte da súa xira Blond Ambition Tour, con Siniestro Total como abreconcertos. A artista cantou varias cancións cunha camiseta do Celta.[8]. En xullo de 1992 o festival Afroamérica trouxo durante dous días artistas como Tracy Chapman, B.B. King, Gilberto Gil, Willy DeVille, Dr. John, Celia Cruz con Tito Puente e Milton Nascimento. O 21 de agosto de 1992 a banda Dire Straits actuou ante 40.000 persoas. O 18 de xullo de 1998 tocaron The Rolling Stones, na xira Bridges to Babylon, ante 35.000 espectadores. O 21 de xullo de 2001 actuou Alejandro Sanz ante 15.000 persoas.

Galería de imaxes

Balaidos Celta-Juve Champions

Celta-Juventus na Copa da UEFA.

Grada Río

Bancada de Río.

Grada Marcador

Marcador.

Grada Gol

Bancada de Gol.

Notas

  1. "Balaídos: existen máis lugares con ese nome? Que significa?" Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine., no blog Toponimia de Vigo, 6 de setembro de 2012.
  2. Conde, A. Román; Presa, Emilio; Lumbreras, José (1972-04-30). "Nuevo estadio municipal de Balaidos – España". Informes de la Construcción (en castelán) 24 (239): 73–79. ISSN 1988-3234. doi:10.3989/ic.1972.v24.i239.3254.
  3. "Balaídos estrena "maquillaje" en el partido contra el Wigan", artigo de Armando Álvarez en Faro de Vigo, 11 de agosto de 2012 (en castelán).
  4. "El nuevo Balaídos tendrá un aforo para 31.100 espectadores". Marca (en castelán). 5 de setembro de 2014.
  5. "El duelo ibérico en 33 anécdotas", artigo en Marca, 16 de novembro de 2010 (en castelán).
  6. "Un pobo contra os elementos", artigo n' A Nosa Terra, 29 de decembro de 2007.
  7. "Madonna marcou en Balaídos, en 1990, o inicio da presenza das grandes estrelas da canción", artigo en La Voz de Galicia, 24 de febreiro de 2008.
  8. Veinte años de la "Revolución Rubia" de Vigo", artigo no Faro de Vigo, 30 de xullo de 2010 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Antón Román Conde

Antón Román Conde, tamén coñecido como Antonio Román Conde, nado en Vigo en 1909 e finado na mesma cidade en 1998, foi un arquitecto galego. Na súa obra combina o racionalismo, o vangardismo e mesmo a estética tradicional, se era a solución axeitada. Foi un arquitecto prolífico pola cantidade, variedade e versatilidade estilística dos varios centos de proxectos asinados co seu nome. A súa pegada está moi presente na cidade e na bisbarra de Vigo en edificios na área urbana, chalés e obra pública. Deixou obras singulares en diversos lugares de Galicia e mais na Guinea Ecuatorial, onde exerceu o cargo de arquitecto xefe delegado do goberno no período colonial, entre 1940 e 1948. Da súa ampla produción cómpre salientar as igrexas do Calvario e Navia polo seu carácter vangardista na concepción da estrutura, que o sitúa no ronsel de Le Corbusier.

Blond Ambition World Tour

O Blond Ambition World Tour foi a terceira xira da cantante americana Madonna. Foi posta en marcha en apoio ó seu cuarto álbum de estudo , Like a Prayer, e da banda sonora, I'm Breathless. O tour percorría Norteamérica, Europa e Asia. Foi unha xira extremadamente controvertida, sobre todo debido á xustaposición de iconografía católica e sexualidade. A revista Rolling Stone dixo da mesma que "posuía unha coreografía moi elaborada e que se trataba dun espectáculo sexualmente provocativa" e proclamou que o mesmo era "o mellor tour de 1990". No ano 1991, foi lanzado o documental Truth or Dare (In Bed with Madonna outside North America), unha crónica da xira. O espectáculo recibiu o premio á "produción escénica máis creativa" nos premios da industria de Pollstar Concert. Esta xira atinxiu a cifra de máis de 60 millóns de dólares norteamericanos, vendendo tan só en Norteamérica 482,832 entradas ás dúas primeiras horas da pre-venda, conseguindo así 14,237,000 $.A xira topouse cunha forte reacción por parte de grupos relixiosos debido á actuación de "Like a Virgin", durante a cal dous bailaríns acariciaban o corpo de Madonna antes de que esta simulase unha masturbación. A Igrexa de Inglaterra e a Igrexa Católica criticaron a súa actuación e incluso o Papa Xoan Paulo II pediu ó público en xeral e á comunidade cristiá que non acudisen ó concerto. Unha asociación privada de católicos os cales se nomeaban a si mesmos como Famiglia Domani tamén boicotearon o tour debido ó seu erotismo. En resposta a toda esta controversia, a cantante dixo, O tour non fere os sentimentos de ninguén. É unha xira que axuda a abrir as mentes e que mostra a sexualidade dende outro punto de vista. A súa e a dos demais."O tour foi gravado en diferentes ocasións, incluíndo concertos nos Estados Unidos, Francia, o Xapón e España. Tamén se fixo un especial de televisión para HBO TV, titulado Madonna - Live! Blond Ambition World Tour 90, filmado en Niza.

Estadios de fútbol de Galicia

En primeiro lugar amósase unha relación de estadios de fútbol de Galicia actuais por provincias, e equipos que xogan neles. Na segunda táboa amósanse outros estadios e campos de fútbol desaparecidos, clasificados baixo o mesmo criterio.

Jenaro de la Fuente Álvarez

Non confundir con Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922), o pai.Jenaro de la Fuente Álvarez, nado en Vigo o 30 de abril de 1891 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1963, foi un arquitecto galego, un dos incursores do movemento modernista en Vigo. Inicialmente usará motivos próximos á Art Nouveau, sen perder o uso do estilo eclecticista. Entre outros estilos traballou o academicismo e o racionalismo.

Keltoi!

Keltoi! é unha banda galega de oi! formada en Vigo no ano 1995 e desaparecida a principios do ano 2005 para volverse a xuntar no 2010.

Manuel Gestoso Costas

Manuel Gestoso Costas, máis coñecido como Chicha, nado en Bouzas, Vigo, foi un futbolista galego dos anos 20 que xogaba na demarcación de dianteiro. Irmán do tamén futbolista do Celta de Vigo Antonio, ao que se coñeceu como Chicha II.

Pepe Bar

Pepe Bar, finado en Vigo en 1930 foi un futbolista e adestrador de fútbol galego e un dos promotores da fusión do Fortuna e o Vigo Sporting para crear o Celta de Vigo. Irmán do tamén futbolista fortunista Félix Bar.

Real Club Celta de Vigo

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da Liga Europa, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Santiago Rugby Club

O Santiago Rugby Club é un equipo de rugby de Santiago de Compostela que compite na segunda división da Liga Galega de Rugby na tempada 2017-18. O equipo disputa os seus encontros como local no Campo de Rugby da USC.

O club é o herdeiro da antiga tradición rugbística que existe na capital galega, e que no seu tempo estivo representada sobre todo polo equipo universitario. Despois de varios anos sen equipo de rugby na cidade, en 2007 fundouse o Gallaecius Rugby Club, que en 2011 trocou o seu nome polo actual Santiago Rugby Club.

Santo André de Comesaña, Vigo

Santo André de Comesaña é unha parroquia do concello de Vigo. En 2013 tiña 5.905 habitantes (2.854 homes e 3.051 mulleres), repartidos en 16 entidades de poboación.

The Rolling Stones

The Rolling Stones é un conxunto de rock británico formado na cidade de Dartford no ano 1962. Marcaron o renacemento do rock and roll tralo período de Elvis Presley e ocuparon un lugar importante no redescubrimento do blues negro. Estivo na vangarda das bandas da British Invasion que se fixeron populares nos Estados Unidos dende 1964-1965, e foi unha importante peza da contracultura dos anos 60.

A súa primeira formación estivo composta por Brian Jones na guitarra e na harmónica, Ian Stewart no piano, Mick Jagger nas voces e na harmónica, Keith Richards na guitarra e nos coros, Bill Wyman no baixo e Charlie Watts na batería. Jones deixou a banda un mes antes da súa morte en 1969, e foi substituído por Mick Taylor, que á súa vez sería substituído por Ronnie Wood en 1975. Dende a saída de Wyman en 1993, o baixista Darryl Jones vén colaborando coa banda.

Os seus integrantes máis destacados son o guitarrista Keith Richards e Mick Jagger, cantante e líder do conxunto.

Trofeo Memorial Quinocho

O Trofeo Memorial Quinocho é un torneo futbolístico de verán de carácter amigábel que se disputa anualmente no Estadio Municipal de Balaídos e que é organizado polo Celta de Vigo. Está dedicado ao antigo xerente do equipo, Joaquín Fernández Santomé 'Quinocho', asasinado tras un atraco á sede do club.Comezou a disputarse no ano 1995 e, desde entón, tan só deixou de celebrarse en 2006 e 2016 por mor do mal estado do céspede e obras, respectivamente, en Balaídos.

Val do Fragoso

O Val do Fragoso é un entorno natural do río Lagares, en Vigo. Está situado ao sueste da cidade, entre as parroquias de Lavadores e Valadares. É unha das áreas de expansión urbana da cidade, no contorno do Estadio municipal de Balaídos.[Cómpre referencia]

Ángel Iglesias Rodríguez

Ángel Iglesias Rodríguez, máis coñecido como Machicha I, nado o 8 de decembro de 1908 en San Tomé de Freixeiro (Vigo) foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista. Era irmán e pai dos tamén futbolistas José, Machicha II, compañeiro seu no Celta de Vigo e Ángel Iglesias Domínguez, tamén alcumado Machicha.

Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Equipos desaparecidos
Torneos desaparecidos
Estadios (listaxe)
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.