Estación intermodal

Unha estación intermodal é unha infraestrutura de transporte costruída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo, no seu caso, do AVE), de media distancia e proximidade (cercanías), unha Estación de autobuses para o transporte interurbano, unha parada de autobús urbano e unha parada de metro.

Oriente Station Lisboa roof
Estación de Oriente de Lisboa.

Exemplos

Exemplos destas estacións son:

  • a Estación de Oriente, de Lisboa, proxectada polo arquitecto e enxeñeiro español Santiago Calatrava e inaugurada en 1998, que dá servizo ás liñas de ferrocarril de Lisboa, Sintra e Azambuja, Intercidades, Alfa Pendular, Sud-Express (Internacional) e trens Rexionais, estación de autobuses, e é a estación de cabeceira da liña vermella do metro de Lisboa, ademais de contar con aparcamento e parada de taxis,
  • a Estación de Vigo-Urzáiz, a que será a primeira estación intermodal da comunidade. Os prazos previstos contemplan o inicio das obras da nova infraestrutura en 2016 e a súa conclusión en 2018. Nela se integrará a nova terminal de autobuses. Segundo a Xunta, estas actuacións deberán ir acompañadas da execución dos «compromisos do Concello no referente á reordenación dos accesos viais e das necesidades urbanísticas»,[1]
    A estación inaugurouse, de momento só para ferrocarril, o 6 de marzo de 2015, coa entrada do primeiro tren comercial de viaxeiros.[2]
  • a Estación da Coruña-San Cristovo, cuxa transformación en intermodal comezou a planearse nos primeiros anos da década do 2000, baseándose principalmente nas directrices do urbanista Joan Busquets, para agrupar nun mesmo recinto a estación de ferrocarril, a de autobuses interurbanos, a do proxectado metro lixeiro e unha parada de taxis, barallándose posibilidades de incluír vivendas e até un parque botánico nela.
    Entre os 7 proxectos presentados a concurso, foi elixido por unanimidade do xurado establecido ao efecto, en 2011, o presentado polo arquitecto César Portela.
    Como consecuencia da crise económica da que apenas estamos saíndo, a finais do 2012, o goberno central solicitou ao gañador do proxecto a presentación dunha nova proposta de cara a abaratar o seu custo.[3]

Notas

  1. La Xunta asegura que las obras para la estación intermodal de Vigo empezarán en el 2016 La Voz de Galicia, 1 de abril de 2015.
  2. "El primer tren entra en la estación del AVE Faro de Vigo, 7-03-2015.
  3. El Gobierno ordena abaratar el proyecto de la intermodal. Amplía el plazo para que Portela presente la propuesta de la nueva estación La Voz de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Centro de Kamppi

O Centro de Kamppi (en finés Kampin keskus), en sueco Kampens centrum) é un centro de servizos situado na praza Narinkka do barrio de Kamppi en Helsinqui. A súa superficie total alcanza os 37.000 m2.

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.

Estación da Coruña

A estación da Coruña, tamén coñecida como A Coruña–San Cristovo, é a principal estación de ferrocarril da cidade da Coruña. É de carácter terminal e dela parten servizos de media distancia a todas as cidades galegas e de longa distancia a varios puntos da península. Está chamada a ser a futura estación intermodal da cidade.

O edificio principal, acabado en 1935 é obra de Antonio Gascué Echeverría, posúe unha arquitectura única nas estacións españolas, e ata europeas, sendo a Estación Central de Helsinki a única que ten similitudes de estilo. Este é unha mestura entre racionalista e de posguerra.

A estación está situada na avenida do Ferrocarril xunto á Rolda de Outeiro, no barrio dos Mallos-Estación, relativamente apartada do centro urbano pero comunicada por autobús co mesmo. Hai outra estación na cidade, a de San Diego, adicada ao tráfico de mercadorías.

Estación de Almería

A estación de Almería, chamada intermodal, é a única estación de ferrocarril e autobús da cidade de Almería, en Andalucía.

Estación de Castelló de la Plana

A estación de Castelló de la Plana ou Castelló é a estación da rede de Adif de Castelló de la Plana. Pertence á liña Valencia-Tarragona do Corredor Mediterráneo (P.K. 69,5).

Estación de Lugo

A estación de Lugo é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Zaragoza-Delicias

A estación de Zaragoza–Delicias é unha estación intermodal de ferrocarril e autobuses situada no barrio de Las Delicias da cidade aragonesa de Zaragoza.

É un edificio de gran envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.

Estación de autobuses

Unha estación de autobuses, tamén denominada terminal de autobuses, é unha estrutura de correspondencia entre varias liñas de transporte público que circulan por estradas (autobuses ou trolebuses), na que se verifican as saídas de vehículos a diferentes cidades ou vilas, así como as entradas doutros procedentes dos mesmos lugares.

Poden implicar redes de diferentes tamaños, e así, poden ser urbanas/suburbanas, rexionais, interrexionais ou incluso internacionais. Cando proporcionan unha correspondencia cun modo de transporte público diferente (ferrocarril, metro, tranvía), cualifícase como estación intermodal.

Os autobuses colócanse en dársenas nas que se apean e soben os pasaxeiros.

As estacións de autobuses poden pertenceren ao transporte privado ou público.

Algunhas destas terminais tamén inclúen outros servizos comerciais para servir aos pasaxeiros como restaurantes e tendas, entre outras cousas.

Intermodalidade

Este artigo trata do transporte de pasaxeiros. Para a noción similar relacionada co transporte de mercadorías ver o artigo Transporte intermodal.A intermodalidade ou transporte intermodal de pasaxeiros é un concepto que implica a utilización de varios modos de transporte no curso dun mesmo desprazamento.

Algúns medios de transporte sempre foron intermodais. Por exemplo, a maioría dos aeroportos importantes teñen instalacións extensas para o estacionamento de automóbiles e teñen boas conexións de ferrocarril ou autobús ás cidades próximas. Así mesmo, os autobuses urbanos xeralmente chegan ás estacións de ferrocarril e paradas de metro é, ás veces, tamén chegan ao aeroporto máis próximo.

Un obxectivo esencial do transporte intermodal de pasaxeiros moderno, polo menos nos países desenvolvidos, é o de reducir a dependencia do automóbil como o medio esencial de uso para o transporte e aumentar máis o transporte público para, entre outras razón, axilizar o tráfico e diminuír a contaminación nas grandes cidades.

Para animar a conseguilo, os chamados Planificadores de viaxes intermodais desenvolven campañas para concienciar á poboación e ás autoridades das posíbeis alternativas aos usuarios e facilitar o seu uso.

Liña de alta velocidade Venta de Baños-Burgos-Vitoria

A liña de alta velocidade Venta de Baños–Burgos–Vitoria é unha liña de alta velocidade en construción que se estende entre o nó de Venta de Baños (Palencia) e a estación de Vitoria pasando polas estacións de Burgos e Miranda de Ebro. Formará parte da liña que unirá Madrid co País Vasco e prevese que o tramo Venta de Baños-Burgos estea operativo en 2018, mentres que non hai definido nin proxecto nin prazo concreto para a chegada a Vitoria.

O trazado entre o nó de Venta de Baños e Burgos está deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h e constará de plataforma para vía dobre de ancho UIC (1435 mm), aínda que entre o cambiador de Villamuriel de Cerrato (Palencia) e Burgos só se instalará unha.

Logroño

Logroño é unha cidade e concello do norte de España, capital da comunidade autónoma e provincia da Rioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.

Bañada polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da Península Ibérica durante a Idade Media. No último século, a cidade experimentou un crecemento demográfico lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión. Foi capital gastronómica española en 2012 e Cidade Europea do Deporte en 2014.

Metro de Palma

O Metro de Palma é un sistema de transporte rápido de ferrocarril na cidade balear de Palma, en Mallorca. Conta con dúas liñas operativas que conforman unha rede en forma de Y cunha lonxitude total de 15,55 km.

Proximidades Zaragoza

A rede de Proximidades Zaragoza (en castelán: Cercanías Zaragoza) é un servizo de trens interurbanos entre Zaragoza e parte dos municipios da súa área metropolitana, que forma parte da rede de Proximidades de Renfe Operadora. Actualmente devandita rede de proximidade unicamente está formada por unha liña en funcionamento, a C-1.

A liña C-1, operada por Renfe Operadora, é a primeira e única liña de Proximidades da cidade de Zaragoza. Foi inaugurada, e presta servizo desde entón, o 11 de xuño de 2008, días antes do inicio da Exposición Internacional de 2008 nesta cidade.

Para a súa creación aproveitáronse as vías xa existentes das liñas Zaragoza-Pamplona/Logroño e Zaragoza-Reus-Barcelona. Creáronse novas estacións no periférico barrio de Casetas, en Utebo, baixo a antiga estación do Portillo e en Miraflores, dentro do distrito de Las Fuentes. O 3 de abril de 2012 engadiuse á liña a estación de Zaragoza-Goya.

Recoñecemento facial en tres dimensións

O recoñecemento facial en 3D é unha técnica de recoñecemento facial, que se basea na xeometría tridimensional da cara para identificar aos usuarios do sistema. Está demostrado que o recoñecemento en tres dimensións ten unha fiabilidade moito maior que as técnicas que analizan imaxes de dúas dimensións.

Actualmente, o recoñecemento facial en 3D aínda se atopa practicamente en fase de investigación, aínda que varias empresas xa ofrecen solucións comerciais.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Transporte intermodal

Este artigo trata do transporte de mercadorías. Para a noción similar relacionada co transporte de pasaxeiros ver o artigo Intermodalidade.

O transporte intermodal é aquel que require tráfico mixto ou múltiplo, implicando máis dunha ou varias modalidades de transporte. Está indicado para alcanzar lugares de dificil acceso.

Zaragoza

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a.C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.