Estación dos Peares

Os Peares é unha estación de tren de Adif, situada nos Peares, no concello da Peroxa, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Coordenadas: 42°27′05″N 07°44′07″O / 42.45139, -7.73528

Estación dos Peares
Viaducto de Los Peares
Viaduto dos Peares, xusto antes da estación situada á dereita fóra do plano da imaxe.
SituaciónA Peroxa
Liñas
Media distanciaRexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 28,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 137 metros de altitude, entre as estacións dos San Pedro do Sil e Barra de Miño.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Para acceder á estación, e en dirección a Ourense é necesario superar o viaduto dos Peares, unha ponte de ferro que permite superar o río Sil no punto no que se une co río Miño.

Historia

A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio para viaxeiros, de dúas plantas e base rectangular, foi restaurado polo Inorde e a Deputación de Ourense en 2010 para reconvertela en aula do ferrocarril que inclúe unha exposición permantente sobre a historia do ferrocarril na provincia de Ourense e unha biblioteca relacionada coa mesma temática.[3] Pola súa banda os trens que seguen parando na estación fano principalmente na vía que dá acceso ás plataformas lateral e central. Outra vía máis cumpre funcións de apartado e facilita o cruzamento de trens neste trazado de vía única.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Galería de imaxes

Puente de FFCC de Os Peares

Ponte dos Peares.

Vista del puente de FFCC de Os Peares

Ponte dos Peares.

Alvia 730 en os Peares

ALVIA S730 Híbrido entrando nos Peares.

ALVIA S730 Pasando por Os Peares

ALVIA S730 Híbrido entrando nos Peares.

Alvia 730 pasando os Peares

ALVIA S730 Híbrido saíndo dos Peares.

RENFE 333 de Mercancías

Unha RENFE 333 de mercadorías ao seu paso nos Peares.

Expreso Irún - Vigo en Os Peares

O expreso Irún - Vigo o seu paso pola ponte dos Peares.

Expreso Irún - Vigo pasando en Os Peares

O expreso Irún - Vigo o seu paso pola estación dos Peares.

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2012.
  3. A estación dos Peares comeza a funcionar hoxe como aula do ferrocarril Faro de Vigo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Os Peares

Os Peares é un núcleo de poboación galego repartido entre catro parroquias de catro concellos pertencentes a dúas provincias. Oficialmente, con este nome existen unha parroquia do concello ourensán da Peroxa e o único lugar desta parroquia. Por extensión úsase este topónimo para referirse ao núcleo de poboación que forman a parroquia e lugar anteriormente mencionados, máis os lugares do Coitelo no tamén ourensán concello de Nogueira de Ramuín, A Granxa no concello lugués de Carballedo e O Torrón no tamén concello lugués de Pantón. En 2015, segundo datos do IGE, tiña 155 habitantes, dos cales 78 eran homes e 77 mulleres. Os lugares máis poboados son Os Peares con 68 habitantes e A Granxa con 61, pola contra o lugar do Torrón é o menos poboado con 5 habitantes.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.