Estación do Porriño

A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.

Coordenadas: 42°09′50″N 08°37′19″O / 42.16389, -8.62194

O Porriño
Estación de trens do Porriño
Estación de ferrocarril do Porriño
SituaciónO Porriño
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación está situada no punto quilométrico 151,6 da liña que une Monforte de Lemos con Redondela.[1] Atópase a 31 metros de altitude, e a liña é de vía única electrificada.

Historia

Frontal estación do Porriño
Fachada da estación

A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A compañía encargada das obras foi MZOV. O enxeñeiro Francisco Javier Boguerín clasificouna como de terceira categoría. Nos primeiros anos houbo unha construción provisional de madeira. O edificio foi construído entre marzo de 1889 e xaneiro de 1890.

En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

O 9 de setembro de 2016 tivo lugar na entrada da estación o accidente ferroviario do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal que se dirixía de Vigo a Porto descarrilou ás 9:25 da mañá, e provocou a morte de 4 persoas e máis de 40 feridas.[3]

A estación

Está situada ao norte do municipio. O seu edificio para viaxeiros segue o esquema doutras estacións deste tramo e componse dun corpo central de dúas alturas ao que se anexan dúas ás laterais de menor altura. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras dúas vías terminan en toperas. No exterior do recinto hai unha zona de aparcadoiro habilitada.

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 11 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizados a 11 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
3 Rexional Exprés
Rexional Internacional
Porto-Campanhã <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. "Rede ferroviaria de España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2016.
  2. 2,0 2,1 Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  3. "Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño". Europa Press. 9 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

9 de setembro

O 9 de setembro é o 252º día do ano do calendario gregoriano e o 253º nos anos bisestos. Quedan 113 días para finalizar o ano.

Accidente ferroviario do Porriño

O accidente ferroviario do Porriño de 2016 foi un descarrilamento ferroviario que tivo lugar o 9 de setembro de 2016 no Porriño. O tren cubría o servizo Celta entre Vigo e Porto.

O accidente tivo lugar ás 9:25 da mañá á entrada da estación do Porriño desde Redondela. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrilou e provocou a morte de 4 persoas (o maquinista José Arnaldo Moreira, de nacionalidade portuguesa, o interventor e dous pasaxeiros, un deles de Vigo e outro estadounidense) e 48 feridas. En total viaxaban no tren 63 persoas.

Tras a recuperación da caixa negra comprobouse que o tren circulaba a 118 km/h nun tramo limitado a 30. Estaba nun tramo recto cando descarrilou, e logo de chocar cuns paus o tren quedou parado contra unha torre de electricidade.

Tras o accidente abriuse unha investigación por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.

Antonio Crespo

Antonio Crespo, Capitán ou Fotógrafo, finado no Porriño 31 de marzo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Galería de imaxes do Porriño

Galería de imaxes do concello do Porriño na provincia de Pontevedra.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.