Estación do Irixo

O Irixo é unha estación de tren de Adif situada na vila do Irixo, provincia de Ourense. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 42°31′10″N 8°06′19″O / 42.51944, -8.10528

O Irixo
Estación do Irixo
Plataforma da Estación do Irixo
SituaciónO Irixo
Liñas
Media distanciaRexional

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 298,0 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 549 metros de altitude, entre as estacións do Carballiño e Lalín.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Atópase ao sur do Irixo. Seguindo a liña arquitectónica das estacións deste tramo da liña o edificio para viaxeiros é unha construción en pedra, de planta irregular e dúas alturas con cheminea lateral e tellado de tella de varias vertentes. Dous soportais apoiados en arcos rebaixados adornan as dúas fachadas da estación. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco

Galería de imaxes

Estación de tren do Irixo
Estación do Irixo

Notas

  1. Carballiño (Est.) Euroferroviarios
  2. Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Estación, Campo, O Irixo

A Estación é un lugar da parroquia de Campo no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE, en 2011 tiña 17 habitantes (5 homes e 12 mulleres).

Recibe o seu nome da estación do Irixo.

Galería de imaxes do Irixo

Galería de imaxes do concello do Irixo na provincia de Ourense.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.