Estación de ferrocarril

Unha estación ferroviaria ou estación de ferrocarril é unha instalación ferroviaria con vías á que poden chegar e desde a que se poden expedir trens. Componse de varias vías, con desvíos entre elas, e delimítase por sinais de entrada e saída. Adicionalmente son un punto de acceso ao ferrocarril de pasaxeiros e mercancías, aínda que non é unha condición indispensable para ser unha estación.

Adoitan comporse de plataformas xunto ás vías e un edificio de viaxeiros con servizos como venda de billetes e sala de espera.

Frankfurt am Main Hauptbahnhof von oben
Estación de Frankfurt.

Denominacións regulamentarias

Unha estación é segundo o Regulamento de Circulación Ferroviaria vixente na rede ferroviaria galega (pertencente na súa totalidade á Rede Ferroviaria de Interese Xeral[1] do Estado español):

"Unha infraestrutura ferroviaria consistente nunha instalación de vías e os seus aparatos asociados, protexida con sinais, e na que se desenvolven procesos de circulación.

A efectos deste Regulamento consideraranse estacións os Postos de Bloqueo, Postos de Banalización, Postos de Cantonamento, Postos de Adiantamento e Estacionamento de Trens e as Bifurcacións. Tamén os Cambiadores de Largo e as Bases de Mantement, cando non estean integrados dentro de outra estación."[2]

Tipos, clases ou subdivisións

Estación telemandada: nas que o seu control e accionamento das súas instalacións se realiza a distancia.

Estacións colaterais: estacións contiguas que nun momento concreto, interveñen no bloqueo.

Copenhagen H street side

Estación de Copenhaguen

Notas

  1. "BOE.es - Documento consolidado BOE-A-2015-4382". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2018-10-15.
  2. "Real Decreto 664/2015, de 17 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Circulación Ferroviaria" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). Consultado o 2018-10-15.

Véxase tamén

Outros artigos

Aeroporto de Rijeka

O aeroporto de Rijeka (IATA: RJK, OACI: LDRI) é un aeroporto internacional que serve a Rijeka, Croacia. Está situado preto do pobo de Omišalj na illa de Krk, a 17 quilómetros da estación de ferrocarril de Rijeka. A meirande parte das operacións no aeroporto prodúcense durante os meses de verán, cando é usado por varias aeroliñas de baixo custo europeas operando voos con turistas a partes do norte da costa croata.

Alzira

Alzira (en valenciano e oficialmente Alzira) é unha cidade da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta e capital da mesma, ten 44.440 habitantes (INE 2008) cun área de influencia que excede os 250.000.

Athens, Xeorxia

Athens é unha cidade estadounidense do condado de Athens-Clarke, na ribeira do río Oconee, no nordés de Xeorxia. Ten 100.266 habitantes .

Fundouse en 1801 para situar a Universidade de Xeorxia (33.000 alumnos en 2004), en 1806 converteuse oficialmente en cidade, en 1841 o construíuse unha estación de ferrocarril, favorecendo o comercio de algodón.

Ayerbe

Ayerbe é un concello situado na provincia de Huesca, a 28 km da capital, Huesca, na comunidade autónoma de Aragón. Forma parte da comarca Hoya de Huesca. Ocupa unha superficie de 63,89 km². O alcalde é José Antonio Sarasa Torralba PSOE.

Situada nunha depresión erosiva escavada na facies margosa terciaria, á esquerda do Río Gállego, goza de ceo alegre e clima saudable. Atópase na estrada autonómica A-132 con dirección a Pamplona. Ten estación de ferrocarril na liña de Madrid a Jaca e Canfranc.

Compoñen o seu territorio 6.329 ha que limitan polo norte cos termos de Las Peñas de Riglos e Loarre; polo leste con Loarre e Loscorrales; polo sur con Lupiñén-Ortilla, e polo oeste con Biscarrués e Murillo de Gállego. Con terreo apto para o regadío, en xeral é de secaño, frouxo e pedregoso formado por extensas chairas salpicadas por pequenos cerros illados. A aciñeira, a amendoeira, a vide e a oliveira ocupan gran parte da terra tamén poboada por romeus, aliagas e outros arbustos en engadido das herbas de pasto, sustento de gando e unha infausta caza de coellos, lebres, perdices, pombas.

Distrito de Kumi

O distrito de Kumi (en inglés: Kumi District) é un distrito da Rexión Leste de Uganda. A principal poboación é Kumi, a súa capital.

Limita co Distrito Katakwi polo norte, co Distrito Nakapiripirit polo nordeste, co Distrito Bukedea polo leste, co Distrito Pallisa polo sur e co Distrito Ngora polo oeste.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 165.400 habitantes.

Ten unha área de 2.821 km².

Posúe unha estación de ferrocarril da Ugandan Railways.

Estació del Nord (Valencia)

Valencia - Estació del Nord ou Valencia - Terme, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valencia e un dos monumentos máis emblemáticos da súa arquitectura civil.

Estación da Coruña-San Diego

A Coruña–San Diego é unha estación de ferrocarril da cidade da Coruña, dedicada exclusivamente ao tráfico de mercadorías, que dá servizo ao porto. Entrou en servizo en 1967.

As súas principais actividades son ou foron a exportación de peixe, madeiras, ferro, cinc, carbón e contedores procedentes do porto. Existe outra estación na cidade, a de San Cristovo, dedicada exclusivamente ao tráfico de viaxeiros.

En 2014 foi suprimida a liña regular de contedores e o PXOUM prevé a desafectación destes terreos para o tráfico ferroviario unha vez se poña en servizo unha nova terminal que se ha construír no Porto Exterior.

Estación da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón é unha estación de ferrocarril de Adif situada no lugar da Estación, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo, Galicia. Ten servizos de media distancia.

Estación de Albacete-Los Llanos

Albacete-Los Llanos é a estación de ferrocarril da cidade española de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Entrou en servizo o 18 de decembro de 2010, tres días despois da inauguración do tramo Madrid-Albacete/Valencia da Liña de alta velocidade Madrid-Levante. Ten amplos servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

É a estación de ferrocarril máis grande de Castela-A Mancha. Está situada na rúa Federico García Lorca, ao final da Avenida da Estación, moi preto da autovía A-31, nas inmediacións da estación de autobuses da capital, e a 10,5 km do aeroporto de Albacete.

Estación de Barcelona-Sants

Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

Estación de Ferrol

A estación de Ferrol é unha estación de ferrocarril terminal situada na cidade coruñesa de Ferrol, final das liñas que a unen con Betanzos e Xixón. Está situada no centro da cidade, na Avenida de Compostela, ao lado da Estación de Autobuses. Conta con servizos de longa distancia, rexionais e proximidades, tanto de ancho ibérico como de vía estreita. Ten tamén funcións loxísticas.

Estación de Pontevedra

A estación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os do eixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.

Estación de Sahagún

A estación de Sahagún é unha estación de ferrocarril de Adif situada no concello de Sahagún, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Estación de Vigo-Urzáiz

A estación de Vigo-Urzáiz é unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo, constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzáiz - Bifurcación de Arcade", integrada no Eixe atlántico de alta velocidade. Foi inaugurada oficialmente o 16 de abril de 2015 e dous días máis tarde abríu ao público.Está situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca da cidade, próxima á rúa Urzáiz (que da nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar. Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais; mentres que Urzáiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre Coruña e Vigo.

Hendaia

Hendaia (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia, literalmente "baía grande") é unha comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania, no extremo suroeste do país. Sitúase no territorio vasco de Lapurdi, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia.

A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.

Parc de l'Espanya Industrial

O Parc de l'Espanya Industrial (en galego: Parque da España Industrial) é un parque que se atopa entre os barrios de Sants e de Hostafrancs, no distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona, a carón da estación de ferrocarril de Barcelona-Sants.Foi construído no ano 1985 polos arquitectos Luis Peña Ganchegui, Antón Pagola e Monserrat Ruiz, nos terreos que deixou libres l'Espanya Industrial, unha antiga fábrica téxtil fundada no ano 1847 e que en 1972 se trasladou a Mollet del Vallès. O parque reformouse a fondo no ano 2009.

Hoxe en día, o escorregadoiro do dragón da Espanya Industrial ten unhas reixas que impiden a entrada na parte interior da estrutura.

Santiago Calatrava

Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español. A súa oficina atópase na cidade de Zúric, Suíza.

Utiel

Utiel é un concello español da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, situado nun altiplano, a beiras do río Magre, na comarca de Requena-Utiel, ao oeste da provincia, cerca do límite coa provincia de Cuenca, Castela-A Mancha. Ten 12.421 habitantes segundo o INE en 2010.

É un importante nó de comunicacións; sitúase á beira da autovía A-3, Madrid-Valencia. Posúe estación de ferrocarril desde finais do século XIX, liña Madrid-Cuenca-Valencia e proximidades Utiel-Valencia, N-330 Alacant a Francia por Zaragoza e unha rede de estradas locais e comarcais, dous polígonos industriais e un parque empresarial.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.