Estación de autobuses

Unha estación de autobuses,[1] tamén denominada terminal de autobuses, é unha estrutura de correspondencia entre varias liñas de transporte público que circulan por estradas (autobuses ou trolebuses), na que se verifican as saídas de vehículos a diferentes cidades ou vilas, así como as entradas doutros procedentes dos mesmos lugares.

Poden implicar redes de diferentes tamaños, e así, poden ser urbanas/suburbanas, rexionais, interrexionais ou incluso internacionais. Cando proporcionan unha correspondencia cun modo de transporte público diferente (ferrocarril, metro, tranvía), cualifícase como estación intermodal.

Os autobuses colócanse en dársenas nas que se apean e soben os pasaxeiros.

As estacións de autobuses poden pertenceren ao transporte privado ou público.

Algunhas destas terminais tamén inclúen outros servizos comerciais para servir aos pasaxeiros como restaurantes e tendas, entre outras cousas.

Estación de autobuses de Vigo
Estación de autobuses de Vigo.
Estació Autobusos Granollers
Estación de autobuses interurbanos cataláns en Granollers (Cataluña).
Bus station in Ankara1
Unha estación de autobuses moi importante, en Ancara (Turquía).
Kusatsu-Onsen Bus Station
Dársena na Estación de autobuses de Kusatsu-Onsen (Xapón).

Características

Unha estación de autobuses difire dunha simple parada de autobús polo seu tamaño e polas infraestruturas que posúa, que poden ser en forma dun edificio que alberga tanto as dársenas como diversos servizos para os pasaxeiros como: sala de espera, quioscos de prensa, despachos de tabaco, bebidas, restaurante, caixa de venda de billetes e tarxetas de bono, servizos hixiénicos (lavabos, urinarios, retretes) etc.

Historia

A historia destas estacións comezou en 1830 a partir da invención do autobús (bus en inglés) en Londres, Inglaterra.

Despois de varios anos en que se usaron experimentalmente, chegaron aos Estados Unidos de Norteamérica en 1920 e, na seguinte década, desenvolveuse a construción de terminais polo resto dos países.

A maior estación do mundo é a Estación Central de Autobuses de Tel Aviv en Israel, aberta en 1993, que ocupa unha superficie de 44.000 m².[Cómpre referencia]

Notas

  1. estación, 2ª acep. no dicionario da RAG.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazón externas

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

César Portela

César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.

Estación de Albacete-Los Llanos

Albacete-Los Llanos é a estación de ferrocarril da cidade española de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Entrou en servizo o 18 de decembro de 2010, tres días despois da inauguración do tramo Madrid-Albacete/Valencia da Liña de alta velocidade Madrid-Levante. Ten amplos servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

É a estación de ferrocarril máis grande de Castela-A Mancha. Está situada na rúa Federico García Lorca, ao final da Avenida da Estación, moi preto da autovía A-31, nas inmediacións da estación de autobuses da capital, e a 10,5 km do aeroporto de Albacete.

Estación de Alxeciras

A Estación de Algeciras é unha estación de ferrocarril de Adif, situada na cidade de Alxeciras. É a terminal da liña Bobadilla-Alxeciras. Nela chegan e parten trens con destino a Ronda, Granada, Córdoba e Madrid.

Atópase moi ben comunicada, ao estar situada na antiga travesía da estrada Cádiz-Málaga, xusto en fronte dunha estación de autobuses e a 500 metros do porto e heliporto da cidade.

Estación de Ferrol

A estación de Ferrol é unha estación de ferrocarril terminal situada na cidade coruñesa de Ferrol, final das liñas que a unen con Betanzos e Xixón. Está situada no centro da cidade, na Avenida de Compostela, ao lado da Estación de Autobuses. Conta con servizos de longa distancia, rexionais e proximidades, tanto de ancho ibérico como de vía estreita. Ten tamén funcións loxísticas.

Estación de Huesca

A estación de Huesca é unha estación de ferrocarril de Adif de carácter terminal situada na cidade española de Huesca, en Aragón. É un recinto intermodal que alberga tamén a estación de autobuses da cidade cuxas dársenas están situados nos laterais deste.

En 2010 os seus servizos de Longa e Media Distancia foron usados por preto de 130.000 viaxeiros.

Estación de Málaga-María Zambrano

Málaga-María Zambrano é a estación central de ferrocarril de Málaga, incluída dentro da rede de estacións de Adif. Está situada sobre unha estación pasante de trens da rede de Proximidades Málaga denominada Málaga-Renfe, actualmente pechada por obras. Actualmente realízanse obras para crear un enlace co futuro intercambiador de Renfe e así facilitar a mobilidade entre esta, a estación de autobuses e a estación do Metro de Málaga. A estación leva o nome de María Zambrano dende 2007, xa que antes chamábase Málaga-Término.

É cabeceira da liña C-2 de Proximidades Málaga, situada na zona 0 da rede, parada de trens de Media distancia Renfe e de trens de longa distancia.

Estación de Oviedo

A Estación de Oviedo, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de tren de Adif da cidade de Oviedo, en Asturias. Dispón de amplos servizos de longa distancia, media distancia, rexionais e proximidades operados por Renfe tanto sobre vía ancha como sobre vía estreita.

A estación sitúase ao final da rúa Uría, eixo comercial por excelencia de Oviedo, situado no centro da cidade. Está contigua á nova Estación de Autobuses de Oviedo, construída no 2003.

Estación de Palencia

A estación de Palencia, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade española de Palencia, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten amplos servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Encóntrase preto do centro da cidade, ao lado do Parque de los Jardinillos de la Estación e da estación de autobuses da capital.

Estación de Pontevedra

A estación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os do eixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.

Estación de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Localízase na Praza da Estación, ao norte da cidade, a escasos 100 metros da estación de autobuses e a 600 m do porto, cara o que parte un pequeno ramal.

Estación intermodal

Unha estación intermodal é unha infraestrutura de transporte costruída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo, no seu caso, do AVE), de media distancia e proximidade (cercanías), unha Estación de autobuses para o transporte interurbano, unha parada de autobús urbano e unha parada de metro.

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Gao Xingjian

Gao Xingjian, nado en Ganzhou, China, o 4 de xaneiro de 1940, é un escritor en chinés. Nado en China, na actualidade reside en Francia e é cidadán francés. No ano 2000 obtivo o Premio Nobel de Literatura.

É dramaturgo e novelista. A súa obra máis importante é a novela A Montaña da alma.

Heliporto de Alxeciras

O Heliporto de Alxeciras é un heliporto público situado no porto da cidade andaluza de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi inaugurado o 1 de xullo de 2010 polo ministro de fomento, José Blanco. É o segundo heliporto da rede Aena tras o heliporto de Ceuta.

Hospital Álvaro Cunqueiro

O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de 600.000 persoas, a maior de Galicia.

Transportes Urbanos de Santiago S. A.

Transportes Urbanos de Santiago S. A. (Tussa) é unha empresa de transportes compostelá, responsable do transporte público urbano nesa cidade, así como da xestión de varios aparcamentos públicos da cidade. A empresa ten en réxime de concesión un total de 22 liñas, que prestan servizo á cidade e áreas limítrofes, mesmo con zonas de concellos da Área metropolitana de Santiago de Compostela.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.