Estación de Villena Alta Velocidade

Villena Alta Velocidade (en castelán: Villena Alta Velocidad) é unha estación ferroviaria de alta velocidade situada no concello de Villena, na provincia de Alacant, a 6 quilómetros do núcleo urbano e a 2,5 quilómetros da autovía A-31.

Está estación ofrece servizos de alta velocidade ás comarcas alacantinas do Alt Vinalopó e Vinalopó Mitjà, á comarca albaceteña do Corredor de Almansa e á comarca murciana do Altiplano.

Coordenadas: 38°35′07″N 0°56′36″O / 38.5853062, -0.9433328

Villena AV
Stazione Villena AVE
Exterior da estación
SituaciónVillena (Alacant)
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiro
Liñas
Alta velocidadeAVE
Longa DistanciaAlvia
Na rede
Saídas e chegadas

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 435,5 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Alacant.

Historia

En marzo de 2009, Adif licitou as obras para a construción da estación de alta velocidade de Villena.

En setembro de 2012, Adif adxudicou o contrato de obras de construción da nova estación por un importe de 11,5 millóns de euros, cun prazo de execución de 12 meses. As obras da estación comezaron en novembro de 2012 e duraron 7 meses, 5 meses menos do previsto inicialmente.

A estación inaugurouse o 17 de xuño de 2013 con motivo da inauguración do tramo de alta velocidade Albacete-Alacant. Á inauguración asistiron o Príncipe Felipe de Borbón, o presidente do goberno Mariano Rajoy e o presidente da Generalitat Valenciana Alberto Fabra, entre outras autoridades.[1]

A estación

Villena AV de Vista aerea
Vista da estación

A estación atópase ao sur da cidade de Villena, nas proximidades da Colonia de Santa Eulalia. O recinto da estación ocupa unha superficie total de de 40.800 metros cadrados, dos cales 2.500 corresponden co edificio de viaxeiros. Esta parte inclúe a zona de embarque para os pasaxeiros, o vestíbulo e unha parte de locais comerciais onde se sitúan servizos como unha axencia de turismo.[2] Ademais a estación conta cun aparcadoiro de 300 prazas, coa posibilidade de ampliarse ata as 600.

Posúe infraestrutura bioclimática e está dotada de dúas plataformas duns 400 metros de lonxitude e 10 de ancho, con marquesiñas e pavimento de material antiescorregadizo.[2] A estación ten 4 vías de ancho UIC, das cales 2 son pasantes e as outras 2 son de estacionamento. O recinto, ademais de ser estación ferroviaria, ten unha función de posto de adiantamento e estacionamento de trens (PAET).

Accesos

Na actualidade accédese á estación por tres camiños rurais asfaltados. Desde a autovía A-31, un camiño rural que atravesa a Colonia de Santa Eulalia por unha vía pecuaria; desde Villena, o camiño de San Juan; e por último, a estrada CV-813, que se ampliou para que provisionalmente sexa o acceso principal.[2] O proxecto inicial contemplaba construír un ramal directo da autovía en liña recta que se orzou nuns 15 millóns de euros, pero a opción está actualmente desestimada.[2]

Así mesmo, está conectada co centro urbano de Villena grazas ao servizo de autobuses e taxis da cidade.[2]

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 20 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Albacete-Los Llanos · Villena AV Alacant-Terminal 7/8 trens diarios por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega Santander 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido

Notas

  1. Ramón Muñoz; Ezequiel Moltó; Ruben Esquitino (17 de xuño de 2013). "O AVE de Sevilla chega a Alacant". El País. Consultado o 24 de xuño de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ezequiel Moltó (24 de xuño de 2013). "A estación perdida do AVE". El País. Consultado o 24 de xuño de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Estación de Villena

A estación de Villena é unha estación de ferrocarril española propiedade de Adif situada na cidade homónima na provincia de Alacant, Comunidade Valenciana. É unha estación pasante que pertence á liña Madrid-Alacant e está situada entre o límite oeste do casco urbano e o Polígono Industrial Los Rubiales, xunto ao Paseo de Ruperto Chapí. A estación ten parada de trens de Grandes Liñas e de Media distancia.

Está en estudo a extensión da rede de Proximidades Murcia/Alacant até Villena.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.