Estación de Vilar de Barrio

Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Coordenadas: 42°09′48″N 07°35′55″O / 42.16333, -7.59861

Vilar de Barrio
SituaciónVilar de Barrio

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 203,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 705 metros de altitude,[1] entre as estacións da Alberguería-Prado e Baños de Molgas. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura realizada en pedra. Posúe dous pisos e unha galería na planta baixa formada por cinco arcos. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
  3. Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo

Véxase tamén

8 de novembro

O 8 de novembro é o 312º día do ano do calendario gregoriano e 313º nos anos bisestos. Quedan 53 días para rematar o ano.

Década de 1970

A década da 1970 foi o período de tempo entre 1 de xaneiro de 1970 e 31 de decembro de 1979. Foi a época en que aconteceu a Crise do Petróleo, o que conduciu EE.UU., Brasil, Suecia e Reino Unido á recesión económica. Xapón e a desaparecida Alemaña Occidental, ao contrario, iniciaron procesos de crecemento.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Vilar de Barrio

Vilar de Barrio é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1500 habitantes (1963 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «barriés».

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.