Estación de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Localízase na Praza da Estación, ao norte da cidade, a escasos 100 metros da estación de autobuses e a 600 m do porto, cara o que parte un pequeno ramal.

Coordenadas: 42°36′08″N 8°45′45″O / 42.60222, -8.76250

Vilagarcía de Arousa
Estacion de trenes de Villagarcía de Arosa
Vista exterior da terminal de viaxeiros
SituaciónPraza da Estación, 2
36600 Vilagarcía de Arousa
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portaequipaxes
Liñas
Media distanciaG1.JPG

Historia

Foi inaugurada o 24 de xaneiro 1956, converténdose na principal estación da vila, que até aquela data tiña a estación de Carril como terminal de referencia.[1][2]

En 2005 foi acondicionada a súa contorna ante o aumento do tráfico de viaxeiros e a posta en marcha das primeiras obras para o Eixe Atlántico de Alta Velocidade.[3] En 2009 houbo un proxecto para derrubar parcialmente o predio de viaxeiros e construír un novo recibidor que finalmente foi desbotado.[4]

En 2013 botaron a andar as obras para anovar o ramal portuario.[5]

En 2014 a súa xestión foi asignada á recentemente creada Adif Alta Velocidad para a conclusión do Eixe Atlántico de Alta Velocidade.[6] Ese mesmo ano, Ana Pastor, daquela ministra de Fomento, asistía na estación á inauguración do desdobramento da liña entre Vilagarcía e Pontevedra.[7]

A comezos de 2017 remataron as obras de prolongación do ramal portuario, que parte desta estación cara o peirao do Ferrazo.[8] Os datos aportados ese ano por Renfe desprendían un aumento do número de viaxeiros na estación arousá que xa se viña producindo anos atrás.[9]

Trens

Rexionais

Liña Percorrido
G1 A CORUÑA · Uxes · Cerceda-Meirama · Ordes · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Osebe · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · PONTEVEDRA · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · VIGO - GUIXAR

Media Distancia

Liña Percorrido
G1 A CORUÑA · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · PONTEVEDRA · Arcade · Redondela AV · VIGO-URZÁIZ

Notas

  1. Manu Guinarte (2017-02-20). "NUEVA ESTACION Y TALLERES RENFE VILAGARCIA". Consultado o 2018-10-16.
  2. "Carril e o ferrocarril". www.patrimoniovilagarcia.com (en castelán). Consultado o 2018-10-16.
  3. Susana Luaña (2005-09-16). "Comienzan las obras de mejora en el entorno de la estación de ferrocarril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-16.
  4. S. González e S. Luaña (2015-11-10). "El ADIF remodela el interior de la estación de tren y el andén principal de Vilagarcía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-16.
  5. "Comezan as obras de renovación do tendido ferroviario entre O Ramal e a estación". Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa (en castelán). Consultado o 2018-10-16.
  6. M. González (2014-01-08). "La estación de Vilagarcía forma parte de la nueva división de Adif de alta velocidad". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2018-10-16.
  7. "Ana Pastor asiste a la inauguración del tramo de alta velocidad Vilagarcía-Pontevedra". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-10-16.
  8. "Finalizadas las obras del nuevo ramal ferroviario del puerto de Villagarcia". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2018-10-16.
  9. Vila, Sara; Lorenzo, Sofía. "Aumenta un 14 por ciento el número de usuarios del tren en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2018-10-16.

Véxase tamén

Galería de imaxes

Estacion de trenes de Villagarcía de Arosa

Fachada exterior do predio de viaxeiros

Estación de tren de Vilagarcía de Arousa (de noite)

Vista nocturna da estación antes das obras de reforma de desdobramento e electrificación. Marquesiña coa cor corporativa do GIF.

Estación de Vilagarcía (14618043155)

Vista da marquesiña coa cor corporativa de Adif.

12 de agosto

O 12 de agosto é o 224º día do ano do calendario gregoriano e o 225º nos anos bisestos. Quedan 141 días para finalizar o ano.

Década de 1970

A década da 1970 foi o período de tempo entre 1 de xaneiro de 1970 e 31 de decembro de 1979. Foi a época en que aconteceu a Crise do Petróleo, o que conduciu EE.UU., Brasil, Suecia e Reino Unido á recesión económica. Xapón e a desaparecida Alemaña Occidental, ao contrario, iniciaron procesos de crecemento.

Estación do Carril

O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertiva en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocaril.O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.