Estación de Vigo-Urzáiz

A estación de Vigo-Urzáiz é unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo, constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzáiz - Bifurcación de Arcade", integrada no Eixe atlántico de alta velocidade. Foi inaugurada oficialmente o 16 de abril de 2015[1] e dous días máis tarde abríu ao público.[2]

Está situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca da cidade, próxima á rúa Urzáiz (que da nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar.[3] Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais; mentres que Urzáiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre Coruña e Vigo.

Coordenadas: 42°14′05″N 8°42′46″O / 42.23472, -8.71278

Vigo-Urzáiz
Adif Alta Velocidad Vigo-Urzáiz
Estación de Vigo-Urzáiz
SituaciónPraza da Estación s/n
36201 Vigo
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portaequipaxesAlugamento de cochesVenda de Billetes
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
4A, 4C, 5A, 9A, 9B, 11, 15B, 15C, 24
Aiga taxi.svg
Taxi
Si

Historia

Véxase tamén: Antiga estación de Vigo.
12 053
Acceso á nova Estación Vigo-Urzáiz.

En xaneiro 2011 o Ministerio de Fomento adxudicou á UTE formada polas empresas FCC Construcción e Acciona Infraestructuras as obras de nova estación de Vigo-Urzáiz, cabeceira do Eixe atlántico de alta velocidade. O orzamento da adxudicación ascendeu a 68,4 millóns de euros.[3]

O proxecto consiste na execución da obra civil a nivel de praia de vías (nivel de plataformas) da nova estación de Vigo-Urzáiz, a cal se sitúa no mesmo lugar que a estación de 1987, pero a unha cota 15 metros inferior, como consecuencia do trazado adoptado para o acceso a Vigo da nova liña ferroviaria do Eixe atlántico, e cuxo acceso se realiza, desde Redondela, a través dun túnel de 8 km de lonxitude, o túnel das Maceiras.[3]

Adif Alta Velocidad Vigo-Urzáiz, superficie
Superficie.

A nova estación, que será intermodal proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de largo, situados de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros.[3]

O 27 de agosto de 2011 pechou temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións incluíndo as naves de mantemento para proceder á construción dunha estación subterránea a 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse á ata entón estación de mercancías de Vigo-Guixar ata a reapertura da estación en 2015 en que se producirá unha repartición de servizos, os servizos de alta velocidade faranse dende Vigo-Urzáiz e os servizos convencionais e o enlace internacional con Portugal continuaran na estación de Vigo-Guixar. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012.

12 049
Escaleiras mecánicas desde a plataforma da estación ao nivel da rúa.

A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria que finalizaron en marzo de 2015. Inicialmente íase construír un centro comercial Vialia enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, tendo as estruturas preparadas para a súa futura construción. Debido a iso tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do Vialia.

O 6 de marzo de 2015 entrou o primeiro tren, serie 121 de Renfe, á nova estación en probas.[4] O 16 de abril de 2015, 14 nos despois de que se asinara o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebra Galicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña, inaugurando así esta a nova terminal Vigo-Urzáiz deseñada por Tom Mayne.[1]

Finalmente, o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-Coruña e viceversa, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido que unirán ambas as cidades nun tempo de viaxe de 83 minutos, o que representa unha diminución de 47 min respecto a anterior.[2]

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo-Urzáiz

Galería de imaxes

Obras para a nova estación en 2012.
Obras para a nova estación en 2012
Vista xeral da nova estación, en obras.
Vista xeral da nova estación, en obras. 
Acceso, en obras.
Acceso, en obras. 
Plataformas, en obras.
Plataformas, en obras. 

Notas

  1. 1,0 1,1 "Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015.
  2. 2,0 2,1 "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" El Correo Gallego, 18/04/2015.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net (en castelán).
  4. Faro de Vigo (ed.). "O primeiro tren entra na estación do AVE". Consultado o 9 de marzo de 2015.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Madroa, Candeán, Vigo

A Madroa, ás veces coñecida como monte da Madroa, é un lugar da parroquia de San Cristovo de Candeán, no concello de Vigo.

Antiga estación de Vigo

A estación de Vigo foi unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo destinada principalmente ao tráfico de pasaxeiros. Estaba situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca e próxima á rúa Urzáiz, foi derrubada en 2011 e constituía unha das dúas cabeceiras da liña Monforte - Vigo.

Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

Eixe interior de Galicia

O Eixe interior de Galicia é unha liña de alta velocidade que unirá as cidades galegas de Vigo, Ourense e Monforte de Lemos. Está previsto que estea en servizo antes de 2020[Cómpre referencia].

Segundo o Plan español de infraestruturas 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

Eixe atlántico, en Vigo

L.A.V. Olmedo-Zamora-Galicia, en Ourense

L.A.V. Subcantábrica, en Monforte de Lemos

Estación de Chapela

Chapela é unha estación de tren de Adif, situada en Chapela, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Estaba situada na antiga liña que unía Vigo e A Coruña, actualmente abandonada.

En agosto de 2011, coa inauguración da estación de Vigo-Guixar para substituír á estación de Vigo-Urzáiz durante as obras de construción dunha nova estación para albergar os trens de alta velocidade, a vía na que se atopa a estación de Chapela quedou sen servizo.

Estación de Vigo

Estación de Vigo pode referirse a unha das seguintes estacións de ferrocarril da cidade de Vigo:

Antiga Estación de Vigo, derrubada en 2011.

Estación de Vigo-Urzáiz, situada no mesmo lugar que a anterior.

Estación de Vigo-Guixar.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Estación intermodal

Unha estación intermodal é unha infraestrutura de transporte costruída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo, no seu caso, do AVE), de media distancia e proximidade (cercanías), unha Estación de autobuses para o transporte interurbano, unha parada de autobús urbano e unha parada de metro.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Plataforma (ferrocarril)

Unha plataforma é, xeralmente, unha superficie elevada de cemento, formigón ou, nalgúns casos de madeira, que nas estacións do camiño de ferro (ou semellantes: metro, tranvía) se sitúa ao longo da vía para que poidan andar os pasaxeiros e permitir o fácil acceso aos trens. As plataformas separan as vías férreas.

Túnel das Maceiras

O túnel das Maceiras, tamén coñeido como túnel da Madroa ou túnel Vigo-Redondela, é un túnel ferroviario de dous tubos dus 8,5 km de lonxitude que, desde As Maceiras, Redondela, acaba na nova estación subterránea de Vigo-Urzáiz, o que fai del o túnel máis longo do eixe atlántico de alta velocidade (EAAV).

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.