Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Coordenadas: 42°14′22″N 08°42′43″O / 42.23944, -8.71194

Vigo-Guixar
Vigo - Guixar Adif
Estación de trens de Vigo-Guixar
SituaciónRúa do Areal s/n
36201 Vigo
Servizosaseoscafeteríacarros portaequipaxesaparcamento
alugueiro de cochesservizos adaptadosaseos para persoas con discapacidadeaparcamentos para persoas con discapacidades
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaMD, Rexional Exprés, Rexional Internacional
Vigo 01-04f
Entrada á estación.

Historia

Situada na rúa Areal do barrio de Teis, tradicionalmente destinouse ó tráfico de mercadorías da zona portuaria da cidade. Foi reconstruída para acoller tráfico de pasaxeiros por mor do desmantelamento da Estación de Vigo-Urzáiz. Nesta última edificouse unha nova estación que acolle, entre outros, os servizos de alta velocidade.

As obras para a súa construción iniciáronse en marzo de 2010[1] e concluíron pouco máis dun ano despois en agosto do 2011. A estación inaugurouse o 27 de agosto de 2011.[2] O orzamento inicial de 11 millóns de euros acabou alcanzando os 17,5 millóns de euros unha vez rematada a obra.[2]

Aínda que inicialmente se proxectou como unha estación provisional mentres duraran as obras da principal estación da cidade, a de Urzáiz, finalmente optouse por manter as dúas estacións, unha para trens de vía convencional e a outra para servizos de alta velocidade maioritariamente.[3]

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo-Guixar
3 Rexional Exprés
Rexional Internacional
Porto-Campanhã Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. A estación provisional de Guixar comeza a tomar forma coa cimentación Faro de Vigo
  2. 2,0 2,1 O Ministro de Fomento pon en servizo a nova estación de Vigo-Guixar Ministerio de Fomento
  3. Urzaiz, rápido; Guixar, lento La Voz de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Antiga estación de Vigo

A estación de Vigo foi unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo destinada principalmente ao tráfico de pasaxeiros. Estaba situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca e próxima á rúa Urzáiz, foi derrubada en 2011 e constituía unha das dúas cabeceiras da liña Monforte - Vigo.

Estación de Chapela

Chapela é unha estación de tren de Adif, situada en Chapela, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Estaba situada na antiga liña que unía Vigo e A Coruña, actualmente abandonada.

En agosto de 2011, coa inauguración da estación de Vigo-Guixar para substituír á estación de Vigo-Urzáiz durante as obras de construción dunha nova estación para albergar os trens de alta velocidade, a vía na que se atopa a estación de Chapela quedou sen servizo.

Estación de Vigo

Estación de Vigo pode referirse a unha das seguintes estacións de ferrocarril da cidade de Vigo:

Antiga Estación de Vigo, derrubada en 2011.

Estación de Vigo-Urzáiz, situada no mesmo lugar que a anterior.

Estación de Vigo-Guixar.

Estación de Vigo-Urzáiz

A estación de Vigo-Urzáiz é unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo, constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzáiz - Bifurcación de Arcade", integrada no Eixe atlántico de alta velocidade. Foi inaugurada oficialmente o 16 de abril de 2015 e dous días máis tarde abríu ao público.Está situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca da cidade, próxima á rúa Urzáiz (que da nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar. Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais; mentres que Urzáiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre Coruña e Vigo.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Teis, Vigo

San Salvador de Teis é unha parroquia do concello de Vigo, cuxa parte meridional forma parte do núcleo urbano. En 2013, segundo o IGE, tiña 2.714 habitantes. Limita coas parroquias de Candeán, San Paio, San Xoán do Monte e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Teis. Ten 6 entidades de poboación (A Mouta, A Paradela, O Paraixal, A Presa, O Pugariño, e Rorís) e 35 lugares (Arnela, Cacharela, A Calzada, Cancelo, Os Caños, A Chumba, As Coutadas, O Espiñeiro, A Ferreira, As Flores, Foxos, Frián, A Guía, Guixar, A Igrexa, A Lagoa, O Laranxo, Maceiras, O Montecelo, A Oliveira, Padín, Poulo, A Punta, A Ribeira, Ríos, A Rotea, Santa Trega, Tizón, Tobel, O Toural, Trapa, Travesán, O Troncal, Valbarda e A Xorxa).

Está situada nas abas do monte da Guía e do monte da Madroa.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.