Estación de Veguellina

A estación de Veguellina é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Veguellina de Órbigo, no concello de Villarejo de Órbigo, na provincia de León. Ten servizos de media e longa distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 42°26′01″N 5°53′15″O / 42.43361, -5.88750

Veguellina
SituaciónVillarejo de Órbigo (León)
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 157,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 811 metros de altitude,[1] entre as estacións de Barrientos e Villabante. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 16 de febreiro de 1866 coa posta en marcha do tramo León-Astorga da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] Foi construída pola Compañía dos Ferrocarrís do Noroeste de España. En 1878, apremada polo Estado para que concluíse os seus proxectos en marcha, Noroeste declarouse en quebra tras un intento de fusión con MZOV que non prosperou.[2] Foi entón cando a estación pasou a mans da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León creada para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

A historicamente coñecida como liña Palencia-A Coruña cruza a pedanía de Veguellina de leste a oeste. O edificio para viaxeiros é unha sinxela estrutura de base rectangular e planta baixa con disposición lateral ás vías. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden a vía principal e unha derivada. Unha marquesiña encostada ao edificio de viaxeiros protexe a plataforma lateral.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 22 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Vega-Magaz · Brañuelas · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las Dueñas Ponferrada 5 trens semanais por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido

Media distancia

Actualizado a 22 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity León
Madrid-Chamartín
Vigo
23 RE León Ponferrada

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Palencia a La Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Veguellina de Órbigo

Veguellina de Órbigo é unha localidade española pertencente ao concello de Villarejo de Órbigo, na provincia de León. Tiña unha poboación de 2.113 habitantes en 2015, sendo a localidade máis poboada do concello.

Atópase na estrada que une León e La Bañeza e tamén conta cunha saída da autoestrada León-Astorga. Ademais pasa pola pedanía a liña férrea entre León e A Coruña, aberta en 1866, data na que tamén foi inaugurada a estación de Veguellina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.