Estación de Silleda

Silleda é un apeadoiro de Adif, situado na parroquia do Castro, preto da vila de Silleda, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Silleda
Estación de Silleda
Estación de Silleda.
SituaciónSilleda

Características

Inaugurouse en 1958, cando se abriu o trazado da liña de ferrocarril Zamora - Santiago de Compostela. Amais do edificio principal consérvase o almacén e a báscula de mercadorías, os servizos, os farois, o muro divisorio e as casa dos ferroviarios de planta baixa.

Galería de imaxes

Plataforma da estación de Silleda

Plataforma da estación de Silleda.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

O Castro, Silleda

San Mamede do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 105 habitantes (49 homes e 56 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.

Nesta parroquia atópase o asentamento castrexo da Copa do Castro, ao pé do cal está a igrexa de San Mamede, así como a Estación de Silleda.

PO-211

A PO-211 é unha estrada secundaria que une a vila de Silleda coa estación de Silleda, situada na parroquia do Castro. Ten unha lonxitude de 3.51 quilómetros

Silleda

Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2018 tiña 8.698 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».

En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.