Estación de Ribadavia

Ribadavia é unha estación de tren de Adif situada na vila de Ribadavia, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia.

Coordenadas: 42°17′35″N 08°08′21″O / 42.29306, -8.13917

Ribadavia
Estación ferrocarril Ribadavia
Estación de ferrocarril de Ribadavia
SituaciónRibadavia
Liñas
Longa DistanciaTrenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 72,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 87 metros de altitude, entre as estacións de Barbantes e Filgueira.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Está situada ao norte do concello. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e dúas alturas que recobre un tellado de catro vertentes. Dispón de dúas plataformas curbadas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías. A plataforma lateral conta cunha marquesiña metálica encostada ao edificio principal como elemento de protección.

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 14 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Galicia na segunda guerra mundial

A participación de Galicia na segunda guerra mundial estivo marcada pola súa situación fronte ás costas do Atlántico. A segunda guerra mundial foi un conflito armado a nivel global que durou dende 1939 a 1945. A pesar da neutralidade española, a guerra tamén afectou ao país debido á súa situación estratéxica. O volframio extraído de minas como as de San Fins era utilizado pola industria bélica nazi. A extracción e transporte do mineral realizábano empresas tapadeiras, como a Sociedade Financeira e Industrial (SOFINDUS).Centos de galegos viaxaron para loitar cos alemáns na fronte oriental, dentro da División Azul, por outra banda, antigos combatentes republicanos loitaron cos aliados, sendo moitos deles recluídos en campos de concentración. Dos portos galegos saían U-Boot alemáns, e para manter a comunicación con estes, os nazis construíron en Cospeito unha antena que enviaba o sinal que permitía a navegación. Unha vez rematou o conflito, moitos criminais nazis utilizaron os portos de Vigo e Ferrol para fuxir a Suramérica.

Irmás Touza

As irmás Touza foron tres mulleres de Ribadavia que na década de 1940 colaboraron nunha rede de apoio para axudar os fuxidos do nazismo cruzando a fronteira de Portugal.

José Rivera Álvarez

José Rivera Álvarez foi un mestre e político galego.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.