Estación de Redondela AV

A estación de Redondela AV é unha estación de Adif na cidade de Redondela, pertencente ao Eixe atlántico de alta velocidade. Está situada no leste do núcleo urbano de Redondela, na confluencia entre a rúa dos Eidos e a estrada de Pazos.

Coordenadas: 42°17′04″N 8°36′14″O / 42.28444, -8.60389

Redondela AV
Estación Redondela AVE
Estación do AVE de Redondela, inaugurada o 29 de marzo de 2015.
SituaciónRedondela
ServizosAseos Aparcadoiro Servizos adaptados
Liñas
Longa DistanciaAlvia
Media distanciaMD

Características

A estación, que custou 7'3 millóns de euros[1], encóntrase ao leste do núcleo urbano de Redondela, na esquina entre a Rúa Os Eidos e a Estrada de Pazos.

A estación está a unha cota inferior ás vías e ten un par de ascensores e escaleiras mecánicas para subir ás plataformas. No seu interior conta cun amplo vestíbulo, sala de espera, venda de billetes e aseos, ademais dun local comercial. Pero aínda que conta con estes espazos, tanto o punto de venda de billetes como o local comercial están baleiros. Está habilitada para persoas con discapacidade.

Na zona de vías dispón de dúas plataformas laterais cubertas parcialmente con marquesiñas. A praia de vías está formada por dúas vías laterais con plataforma e dúas vías centrais pasantes. A vía 3 conecta tamén coa liña convencional Redondela-Bifurcación Arcade que utilizan os trens para ir aos talleres de Redondela.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizados a 6 de maio de 2019.

Na estación efectúan parada varios servizos de Media Distancia operados por trens da serie 121 de Renfe, que circulan polo Eixe Atlántico con destino ás estacións de Vigo-Urzáiz ou A Coruña, e con paradas en Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Santiago de Compostela e Cerceda-Meirama.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo-Urzáiz

Os habitantes de Redondela ven insuficiente o servizo que ofrece Renfe na estación con tan só 3 paradas por sentido. [2]

Notas

  1. "La estacion fantasma de Redondela". La Voz de Galicia. 21 de abril de 2015.
  2. "Redondela ve insuficientes las paradas del AVE en el municipio". Atlántico Diario (en castelán). 20 de abril de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Apeadoiro de Arcade

Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.

Apeadoiro de Redondela-Picota

Redondela-Picota é un apeadoiro de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña Santiago - Redondela.

Estación de Redondela

A estación de Redondela, coñecida anteriormente como Redondela de Galicia, é unha das tres estacións de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.