Estación de Pumares

Pumares é un apeadoiro de Adif, situado en Pumares, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Coordenadas: 42°24′16″N 06°51′33″O / 42.40444, -6.85917

Pumares
SituaciónCarballeda de Valdeorras

Situación ferroviaria

Está situada no punto quilométrico 285,9 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 368 metros de altitude,[1] entre as estacións de Sobradelo e Quereño. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Sitúase ao sur da localidade xunto ao río Sil. O seu edificio para viaxeiros é un simple refuxio. Posúe unha única plataforma lateral á que accede a vía principal.

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Pumares, Carballeda de Valdeorras

San Martiño de Pumares é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (34 homes e 29 mulleres), dous máis ca en 2004 (33 mulleres e 28 homes) e cinco menos ca en 1999. Ten dúas entidades de poboación,

Nesta parroquia está a estación de Pumares.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.