Estación de Pontevedra

A estación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os do eixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.[1]

Coordenadas: 42°25′18″N 08°38′09″O / 42.42167, -8.63583

Pontevedra
Estación de ferrocarril de Pontevedra (28-01-2008)
Estación de ferrocarril de Pontevedra
SituaciónAvenida da Estación s/n
36003 Pontevedra
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portaequipaxesAlugamento de cochesVenda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD Rexional
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
Estación de Autobuses
OutrosTaxi

Situación ferroviaria

A estación forma parte da seguintes liña férreas de ancho ibérico:

Historia

Pontevedra - Estación de Adif 1
Área de plataformas

En 1863 creouse a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.[4] Esta sociedade foi vendida en 1866 a The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o mencionado tramo o 15 de setembro de 1873 tras once anos de traballo. En 1889 púxose en marcha o tramo de 42 quilómetros que permitiu prolongar a liña ata Pontevedra.[4]

Tres anos antes, en 1886, a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (xeralmente abreviada como MZOV) concluíra o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.[5] Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba a recentemente creada estación de Pontevedra.

O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited.[5] Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe quen xestionou a estación ata a súa separación en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A actual estación foi inaugurada o 8 de agosto de 1966[6], substituíndo a vella do barrio de Campolongo.

Pontevedra Capital Vialia Pontevedra
Centro Comercial Vialia Pontevedra.

En 2007 e 2008 adxudicáronse as obras dos tramos que unen a cidade co chamado eixe atlántico de alta velocidade que facilitarán as conexións de alta velocidade con Pontevedra.

Entre 2013 e 2015 a estación de Pontevedra recibiu unha profunda remodelación total das instalacións ferroviarias. Demoléronse todas as plataformas e vías, construíronse 3 novas plataformas e unha nova praia de vías con dúas vías centrais pasantes e 5 vías con plataforma. Realizouse un enorme paso inferior que substitúe ao antigo paso inferior, actualmente transformado en galería de servizos. Instaláronse ascensores nas tres plataformas e fíxose a preinstalación para 6 escaleiras mecánicas, instalando finalmente só dúas, de subida nas 2 plataformas máis usadas.

A estación

O edificio de viaxeiros da estación de Pontevedra é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular revestida de pedras e adornada no seu acceso principal por un amplo arco nun frontón triangular. Sitúase na Avenida da Estación, na zona sueste da cidade, no lugar da Parda. Está a carón do río dos Gafos e da estación de autobuses, e por diante dela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago.

Conta con tres plataformas, a principal pegada ao edificio e dúas laterais cinco vías. Entre a plataforma principal e as dúas laterais hai dúas vías centrais pasantes. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existen varias zonas de aparcadoiro e unha parada de taxi.

No ano 2000 inaugurouse o Centro Comercial Vialia, anexo á estación de ferrocarril, explotada por ADIF. Nel hai 8 salas de cinema, amais de tendas de agasallos, servizos, lecer e restauración.

Servizos ferroviarios

Estación tren Pontevedra
Acceso á estación de Pontevedra
Estación de Pontevedra
Vista xeral.

Longa Distancia

Actualizados a 12 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizados a 12 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Avant (MD) A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
<> Vigo-Urzáiz
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. Ficha técnica Adif
  2. Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2014.
  3. Liña Pontevedra-Marín Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  4. 4,0 4,1 Pontevedra a Santiago (The West Galicia Railway Company Limited) Arquivado 29 de xuño de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  5. 5,0 5,1 Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  6. No-Do do 22 de agosto de 1966, na Filmoteca de RTVE.

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Torre, Rafael (2015): "La nueva estación de ferrocarril", pp. 226–235, en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).

Ligazóns externas

Amargas han sido las horas

Amargas han sido las horas. Las aventuras del pirata Edgar Allan Poe é unha novela de aventuras en lingua castelá, escrita por Alberto Fortes e publicada en 1992 por Editorial Novo Século.

Apeadoiro de Arcade

Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.

Germán Fernández Gracia

Germán Fernández Gracia, nado en Vigo e finado en Pontevedra o 28 de decembro de 1936, foi un político galego.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Manuel Quiroga Losada

Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma vila o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasión por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".Os grandes violinistas da súa época —Eugène Ysaÿe, Fritz Kreisler, George Enescu, Mischa Elman e Jascha Heifetz— así como compositores como Igor Stravinskii e Jean Sibelius, tiñan a arte de Quiroga en gran consideración. Guilhermina Suggia, a violonchelista portuguesa (e unha vez compañeira de Pau Casals), describiu a súa interpretación de Il trillo del diavolo de Giuseppe Tartini como "marabillosa e impecable".

Monbus

Monbus é unha compañía galega de transporte de viaxeiros en autobuses, de tipo regular, discrecional, escolar e laboral.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Pontevedra (homónimos)

O topónimo Pontevedra pode referirse a:

Pontevedra, concello galego, que dá nome a:

Provincia de Pontevedra, provincia de Galicia;

Comarca de Pontevedra, comarca desta provincia;

Ría de Pontevedra, unha entrada de mar, que forma parte das Rías Baixas;

Pontevedra, lugar da parroquia de Liñaio, no concello coruñés de Negreira;

Pontevedra, municipio filipino da provincia de Negros Occidental.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.