Estación de Pontedeume

Pontedeume é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pontedeume, na provincia da Coruña. Ten servizos de Longa e Media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 43°24′42″N 08°10′50″O / 43.41167, -8.18056

Pontedeume
Estación de Pontedeume
Estación de Pontedeume
SituaciónPontedeume
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Na rede
Saídas e chegadas en Adif.es

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 23,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 29 metros de altitude,[1] entre os apeadoiros de Perbes e Cabanas-Areal. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos, actualmente sen servizos ferroviarios como despachos de billetes ou aseos. Atópase no noroeste da vila, preto da desembocadura do Eume na ría de Betanzos, e un pouco afastada do centro urbano de Pontedeume. Recentemente recrecéronse as plataformas da estación, ademais de instalarse farois nelas para unha mellor visibilidade.

Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías. Existe outra vía morta que se usa de forma esporádica para o apartado de material de mantemento da liña.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido

Media distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andrés do Barro

Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Liña Betanzos - Ferrol

A liña Betanzos Infesta-Ferrol, tamén coñecida como O Ramalillo, é unha liña de ferrocarril de 42,7 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. É un trazado curto que busca conectar a cidade de Ferrol e toda a súa área portuaria á rede na estación de Betanzos-Infesta. Segundo a catalogación do Adif é a liña 804.Entrou en funcionamento o 5 de maio de 1913. Foi construída polo propio Estado ao quedar desertas as diferentes subhastas que se celebraron para outorgar a concesión.

Pontedeume (homónimos)

O topónimo Pontedeume pode referirse a:

Pontedeume, un concello coruñés na comarca do Eume.

Pontedeume, unha parroquia do concello de Pontedeume.

Pontedeume,un lugar da parroquia de Pontedeume do concello de Pontedeume.

Distrito electoral de Pontedeume, unha demarcación electoral vixente desde 1847 ata 1923.

Estación de Pontedeume, unha estación de tren de Adif, situada na vila de Pontedeume, na provincia da Coruña.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.