Estación de Ponferrada

Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 42°32′44″N 06°36′09″O / 42.54556, -6.60250

Ponferrada
120 Renfe Intercity - Ponferrada - 2013-05-12 - vivireltren
SituaciónPonferrada
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 251 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 512 metros de altitude[1], entre as estacións de Posada del Bierzo e de San Miguel de las Dueñas. O tramo é de vía única e está electrificado.

Nas proximidades da estación ponferradina, entre os barrios de Flores del Sil e Cuatrovientos, sitúase unha terminal de mercadorías ferroviarias[2] xestionada por Adif.

Historia

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de febreiro de 1882 coa posta en marcha do tramo Ponferrada-Brañuelas da liña que pretendía unir Palencia e A Coruña.[3] Os case catorce anos que separan a apertura deste tramo do anterior entre Brañuelas e Astorga deixan patente as dificultades atopadas para dar cun trazado cuxo desnivel fora asumible polas locomotoras da época. As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

A estación de Ponferrada supoñía o punto de ligazón entre o ferrocarril de Ponferrada a Villablino e a rede de Renfe para o intercambio do carbón procedente da conca mineira do Sil aos vagóns de vía ancha e desta maneira levalo ao resto de España. Grazas a isto, a estación e a súa contorna creceron moito. Nos anos 80, debido á crise e decadencia do carbón na zona, clausurouse o tren a Villablino entre Ponferrada e Cubillos del Sil co que a estación perdeu gran parte da súa actividade.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

A estación conta cun total de seis vías pasantes e dúas plataformas, así como varios feixes de vías mortas para o apartado de material de mantemento.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Vega-Magaz · Brañuelas · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las Dueñas Ponferrada 5 trens semanais por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
terminal
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Información da terminal ferroviaria de mercadorías de Adif
  3. 3,0 3,1 Palencia a La Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Control de Tráfico Centralizado

O Control de Tráfico Centralizado, coñecido polas súas siglas como CTC, é -segundo a propia definición do Regulamento de Circulación Ferroviaria español- o sistema que permite realizar desde un posto central, o accionamento remoto das instalacións dun conxunto de estacións e traxectos, ordeando os movementos e coordinando a circulación dos trens e manobras.As redes ferroviarias poden estar ao amparo dun CTC ou deixar o control do tráfico aos gabinetes de circulación localizados nas estacións ao longo da liña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.