Estación de Pedrelo-Céltigos

Pedrelo-Céltigos é un apeadoiro de Adif, situado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 42°49′58″N 07°23′36″O / 42.83278, -7.39333

Pedrelo-Céltigos
Apeadoiro Pedrelo Céltigos Sarria, Lugo
Apeadoiro de Pedrelo Céltigos
SituaciónSarria
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 402,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

Aínda que se atopa no tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña aberto ao tráfico o 2 de agosto de 1878 polo Estado[2], non se dispuxo de ningunha estación nesta zona. A súa construción é moi posterior e vai unida a unha zona industrial dedicada ao embotellamento de auga mineral propiedade da empresa Fontecelta.

A estación

As instalacións limítanse a un pequeno refuxio dotado de zonas de asento. Polo apeadoiro só cruza a vía principal á que se accede grazas a unha plataforma lateral.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles

Véxase tamén

Ligazóns externas

Céltigos, A Veiga, Sarria

Céltigos é un lugar da parroquia de Santiago da Veiga no concello lugués de Sarria na comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2012 tiña 85 habitantes (48 mulleres e 37 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 112 habitantes.

En Céltigos existiu un balneario que desapareceu na década de 1960. O edificio está ocupado agora pola planta de Fontecelta. Hai un apeadoiro do ferrocarril.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.