Estación de Parga

Parga é un apeadoiro, anteriormente estación, de tren de Adif situada en Parga, no concello de Guitiriz, provincia de Lugo. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 43°09′49″N 07°50′15″O / 43.16361, -7.83750

Estación de Parga
Guitiriz, Santo Estevo de Parga, Adif
SituaciónGuitiriz
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

O apeadoiro atópase no punto quilométrico 466,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Baamonde e Guitiriz. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

Foi inaugurada como estación o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 14 de agosto de 2019.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  3. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Parga

O topónimo galego Parga pode referirse a:

Parga, parroquia do concello de Guitiriz;

Pobra de Parga, lugar de dita parroquia;

San Breixo de Parga, parroquia do concello de Guitiriz;

San Salvador de Parga, parroquia do concello de Guitiriz;

Santa Cruz de Parga, parroquia do concello de Guitiriz;

Santa Locaia de Parga, parroquia do concello de Guitiriz;

A Casa de Parga, lugar da parroquia de Ousá no concello de Friol;

Parga, lugar da parroquia de Boebre no concello de Pontedeume;

Parga, lugar da parroquia de Gándara no concello de Zas.

Río Parga, curso fluvial da Terra Chá.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.