Estación de Miranda de Ebro

A estación de Miranda de Ebro é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos. É un importante nó ferroviario onde conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. As súas instalacións complétanse cunha estación de clasificación chamada Miranda de Ebro-Mercadorías.[1]

Coordenadas: 42°41′27″N 2°56′28″O / 42.69083, -2.94111

Miranda de Ebro
Estación de Miranda de Ebro
Vías da Estación de Miranda de Ebro
SituaciónMiranda de Ebro
Servizosaparcamiento Cafetería Venta de billetes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Estrella, Trenhotel
Media distanciaMD
Intercity
Rexional Exprés
Intermodalidade
OutrosTaxis

Situación ferroviaria

A estación atópase a 462,73 metros de altitude no cruzamento ferroviario que forman as seguintes liñas de ancho ibérico:

Historia

Renfe Integria
Cartel de entrada aos talleres de Renfe Integria en Miranda de Ebro.

En 1855 o goberno central propúxose sacar a poxa algúns tramos do ferrocarril de Madrid a Irún. En 1856, a Sociedade de Crédito Mobiliario Español (que máis tarde foi a Compañía dos Camiños de Ferro do Norte) sacou adiante o tramo entre Burgos e a fronteira con Francia que discorrería por Miranda de Ebro, Vitoria, Altsasu e Donostia. A liña comezou a construírse en marzo de 1857 en Valladolid, e a sección correspondente a Miranda quedou en mans do enxeñeiro francés Letourneur. A pesar das dificultades que se atoparon en Pancorbo ou no Porto da Brújula, onde se seguiu traballando ata 1862, a liña estivo construída ao seu paso por Miranda en 1859.

O 13 de abril de 1862 inaugurouse o tramo entre Miranda de Ebro e Olazti, e o 26 de xullo dese mesmo ano abriuse o tramo Quintanapalla-Miranda de Ebro.[3] A liña completa entre Madrid e Irún foi inaugurada o 15 de agosto de 1864.

Paralelamente a Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao comezou a construción da súa liña, promovida, entre outras cousas, porque a vila de Bilbao quedou moi desprazada da liña Madrid-Irún. En decembro de 1857 iniciáronse as obras a cargo do enxeñeiro inglés Charles Vignoles, ata 1863, cando acabararon as obras. Esta compañía só durou ata 1878, cando a Compañía dos Camiños de Ferro do Norte absorbeuna.

Ambas as liñas tiveron como punto de ligazón a cidade de Miranda de Ebro, polo que desde o principio pensouse en construír unha estación singular e diferente do resto. Un primeiro proxecto, realizado por Manuel Estibaus en 1861, propuxo a construción de dous edificios comunicados entre sí por un paso elevado para dar servizo por separado a cada compañía. Pero esta idea non levou a cabo porque ambas as compañías decidiron levantar unha estación compartida. O proxecto definitivo foi redactado o 23 de abril de 1862 por Charles Vignoles, xusto seis días antes de que Letourneur presentase o proxecto da estación de Vitoria.

Gerencia Adif Miranda
Xerencia operativa de Adif en Miranda de Ebro

A estación de Miranda de Ebro foi unha das pioneiras en España, e a súa parte máis destacable, o edificio de viaxeiros de primeira clase, é un dos poucos exemplos de estilo victoriano do país. Trátase dun edificio de planta rectangular e dividido lonxitudinalmente en dúas partes iguais e simétricas. A excepción do vestíbulo común, cada compañía tivo as súas propias instalacións e as vías de cada lado do edificio correspondía a unha ou outra compañía.

As marquesiñas son sen dúbida a parte singular da estación. Trátase de dúas cubertas duns noventa metros de lonxitude realizadas cun armazón de ferro, todo iso fundido nos talleres londinienses Frederick Braby. O eixe longitudital do edificio só se altera por un transversal que nos indica o lugar do vestíbulo. Alí é onde se concentra o maior número de filigranas caladas no ferro, ménsulas, arcos, etc.

As instalacións ferroviarias deron traballo a máis de tres centenares de persoas a finais do século XIX, xusto a mesma poboación coa que contaba a entón vila de Miranda 150 anos antes. O trazado ferroviario marcou a estrutura urbanística que Federico Keller impuxo corenta anos máis tarde no seu Plan de Ordenación da Vila de Miranda de Ebro de 1903. O complexo ferroviario de Miranda era un dos máis sofisticados e completo do país naquela época.[4]

Na segunda metade do século XX o edificio principal recreceuse nunha planta e reformouse o seu interior. O 31 de xaneiro de 1987 inaugurouse o by-pass que transcorre baixo o cerro de La Picota, feito que supuxo a eliminación do trazado ferroviario polo centro da cidade. En 2007 inaugurouse o posto de mando do Adif, cuxa función é controlar o tráfico ferroviario do norte do país.[5] Ademais do transporte de viaxeiros, a estación de Miranda posúe unha importante praia de vías para o tráfico de mercadorías, así como diversos talleres pertencentes a Renfe Integria e Adif. O futuro ferroviario local está á espera da chegada da alta velocidade, xa que en Miranda confluirán as liñas de alta velocidade procedentes de Valladolid e Logroño co Y vasco. Mentres, desde decembro de 2007 a cidade está conectada coas principais capitais de provincia mediante o servizo de alta velocidade Alvia.

Tamén o futuro enclavamiento loxístico no Polígono Industrial de Ircio, actualmente en construción, terá un novo peirao de vías para facilitar o transporte entre ferrocarril e estrada que potenciará a creación de postos de traballo.[6] Con todo, algúns sindicatos ferroviarios móstranse preocupados pola perda de servizos de mercadorías e peso específico da estación de Miranda.

En 2009 confirmouse o novo "nó ferroviario" de alta velocidade de Miranda de Ebro que enlazará o corredor Cantábrico-Mediterráneo coa liña entre Madrid e Francia. Será, por tanto, un punto prioritario e imprescindible nas comunicacións por tren do norte do país.[7]

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Laudio Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Vitoria 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coimbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido
Estrella Picasso Málaga-María Zambrano Bobadilla · Puente Genil · Córdoba-Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Bilbao-Abando Ocasional

Media distancia

Actualizados a 24 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Bilbao-Abando Miranda de Ebro
  Intercity Irún Madrid-Chamartín
  MD
RE
Vitoria Madrid-Chamartín
  RE Burgos-Rosa de Lima Zaragoza-Miraflores
22 MD Valladolid-Campo Grande Zaragoza-Delicias
25 MD Irún Miranda de Ebro

Galería fotográfica

Galería de fotografías de locomotoras de vapor, diésel e eléctricas en Miranda de Ebro.

Locomotora Miranda Spain

Unidade 030-219 nunha praza de Miranda de Ebro (vapor)

269-230 en Miranda de Ebro 1

Unidade 269-230 (eléctrica)

RN311151

Unidade 311-151 (diésel)

RN319220

Unidade 319-220 (diésel)

RN321015

Unidade 321-015 (diésel)

321-044 en Miranda de Ebro 1

Unidade 321-044 (dieéel)

321-054 en Miranda de Ebro 1

Unidade 321-054 (diésel)

RN333-309

Unidade 333-309 (diésel)

RN333-025

Unidade 333-325 (diésel)

RN10349a

Unidade 10349 (diésel)

Colección de locos en Miranda de Ebro 2

Locomotoras

Colección de locos en Miranda de Ebro 1

Locomotoras e vías

Notas

  1. Adif. "Ficha técnica". Consultado o 6 de decembro de 2013.
  2. 2,0 2,1 Euroferroviarios (ed.). "Miranda de Ebro (Est.)". Consultado o 1 de febreiro de 2012.
  3. Spanishrailway (ed.). "Caminos de Hierro del Norte de España". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 1 de febreiro de 2012.
  4. Historia de Miranda de Ebro. Miranda de Ebro: Ayuntamiento de Miranda de Ebro/Nuclenor. 1999.
  5. "Miranda asume xa, desde o seu novo posto de mando, o control ferroviario do norte do país". El Correo. 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2016.
  6. Arroyo, Salvador (2008). "Campo defende que Miranda potenciará o seu futuro ferroviario co AVE e a rede de Ircio". El Correo. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2016.
  7. "Silván resalta que Miranda será punto referente en la conexión de alta velocidad". ABC (en castelán) (ABC). 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2016.

Ligazóns externas

Liña de alta velocidade Venta de Baños-Burgos-Vitoria

A liña de alta velocidade Venta de Baños–Burgos–Vitoria é unha liña de alta velocidade en construción que se estende entre o nó de Venta de Baños (Palencia) e a estación de Vitoria pasando polas estacións de Burgos e Miranda de Ebro. Formará parte da liña que unirá Madrid co País Vasco e prevese que o tramo Venta de Baños-Burgos estea operativo en 2018, mentres que non hai definido nin proxecto nin prazo concreto para a chegada a Vitoria.

O trazado entre o nó de Venta de Baños e Burgos está deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h e constará de plataforma para vía dobre de ancho UIC (1435 mm), aínda que entre o cambiador de Villamuriel de Cerrato (Palencia) e Burgos só se instalará unha.

Provincia de Burgos

A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

Renfe Integria

Renfe Integria é a marca comercial baixo a cal traballa a empresa de mantemento de material ferroviario española Renfe Fabricación y Mantenimiento, S. A., unha sociedade anónima propiedade do operador ferroviario Renfe Operadora.

Anteriormente, Renfe Integria era unha Unidade de Negocio integrada en Renfe Operadora. Foi segregada do devandito ente en xaneiro de 2013 a causa do plan do Goberno de España para a segregación das actividades de Renfe Operadora en catro sociedades anónimas da súa propiedade.Os labores de Renfe Integria comprenden o mantemento, fabricación e remodelación do material ferroviario de Renfe Operadora, a reparación dos compoñentes do devandito material, así como a súa venda e alugueiro. Tamén ofrece exerce labores de consultoría en enxeñería de produtos ferroviarios. Tras a integración de FEVE en Renfe Operadora en xaneiro de 2013, Renfe Integria é tamén a encargada do mantemento dos trens de vía estreita herdados da devandita empresa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.