Estación de Milano Centrale

A estación Milano Centrale (Estación Central de Milán en galego) é unha das principais estacións de ferrocarril de Europa, situada en en Milán, Italia.

Existe un servizo diario que conecta Milano Centrale con Barcelona-Estació de França mediante o Trenhotel Salvador Dalí.

MilanoCLEd
Vista de Milano Centrale a través do Trenhotel a Barcelona
VistaMilanoCLE
Vista da estación Milano Centrale

Historia

É unha terminal ferroviaria oficialmente inaugurada en 1931 para substituír a vella Estación Central que fora edificada en 1864, unha estación de tránsito que non podía manexar o aumento do tráfico de pasaxeiros ocasionado pola apertura do Túnel de Sempione (1906).

O rei Víctor Manuel III de Italia colocou a pedra fundamental da nova estación o 28 de abril de 1906, ata antes de que o plano para a estación sexa seleccionado. O definitivo e oficial concurso para a súa construción, foi gañado en 1912 polo arquitecto Ulisse Stacchini, cuxos deseños foron modelados en base á Union Station de Washington, capital dos Estados Unidos de América, logo do cal a construción da nova estación comezou.

Debido á crise económica italiana durante a Primeira Guerra Mundial, a súa construción avanzou moi lentamente, e o proxecto, simplista nun principio, estivo cambiando constantemente e cada vez volvíase máis complexo e majestuoso. Isto sucedeu principalmente cando Benito Mussolini converteuse en Primeiro Ministro, e quixo que a estación representase o poder do réxime fascista.

Os cambios máis importantes foron o novo tipo de plataforma e a introdución de grandes cúpulas de aceiro por parte de Alberto Fava, de 341 metros de longo e cubrindo unha área de 66,500 .

A construción renovouse en 1925 e o 1° de xullo de 1931 a estación foi oficialmente inaugurada en presenza do Ministro de Relacións Exteriores Galeazzo Ciano.

O 25 de setembro de 2006, foi anunciado un proxecto por 100 millóns, que xa está en progreso, para remodelar a estación. Do orzamento total, €20 millóns foron destinados a restaurar "certas áreas de importante valor artístico", mentres que os restantes €80 millóns serán utilizados para melloras máis xerais na estación para facela máis funcional cos actuais servizos. O proxecto inclúe o traslado da boletería e a instalación de novos elevadores e escaleiras mecánicas para mellorar a accesibilidade.

Arquitectura

A súa fachada ten un ancho de 200 metros e a súa bóveda unha altura de 72 metros, foi toda unha marca no seu momento. Ten 24 plataformas. Cada día aproximadamente 330,000 pasaxeiros utilizan a estación, totalizando uns 120 millóns por ano.

A estación non ten un estilo arquitectónico definido, senón que é unha mestura de diferentes estilos, especialmente o Art Nouveau e Art Deco, pero sen limitarse a estes.

foi definido por Frank Lloyd Wright como unha das máis belas estacións no mundo, xunto á Grand Central Terminal de Nova York.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.