Estación de Lugo

A estación de Lugo é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 43°00′55″N 07°33′08″O / 43.01528, -7.55222

Lugo
Estación de Lugo Renfe Galiza Spain
Estación de Lugo.
SituaciónPraza do Conde Fontao s/n 27003 Lugo
ServizosAparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD
Intermodalidade
OutrosTaxi

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 432,1 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Rábade e Laxosa. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

O ferrocarril chegou a Lugo o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea entre Palencia e A Coruña por parte da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León que tivo que embarcarse nunhas obras de gran complexidade debido á orografía do terreo nalgunhas zonas.[2] En 1885, a mala situación económica da empresa concesionaria obrigoulle a fusionarse coa potente Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. En 1941, Norte foi nacionalizada e integrada na recentemente creada RENFE quen xestionou a estación ata a súa separación en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

O 4 de agosto de 2010, Fomento, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia asinaron un acordo para a construción da nova estación intermodal de Lugo que integrará tren e autobús e que se situará no emprazamento da actual estación de tren.[3] A obra abrirá as portas á chegada do AVE á cidade. O 29 de abril de 2011 Fomento aprobou un anteproxecto de estación con forma de ponte presentada por Eptisa Servicios de Ingeniería, Junquera Arquitectos e Calter Ingeniería.[4] Unha vez asinado o contrato o prazo de execución será de 27 meses.

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular que loce un aspecto clásico. Sitúase no centro da cidade preto da muralla romana e da zona vella. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras catro vías completan as instalacións. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Recentemente adaptouse a estación para persoas minusválidas subindo a altura das plataformas para que estas persoas poidan subir facilmente aos trens. Construíronse dous ascensores que se comunican co paso subterráneo para ser usados para equipaxes, carriños de bebés e persoas minusválidas.

Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro situado enfronte do edificio, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <>  Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Palencia á La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 12 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
  3. Fomento, Concello e Xunta rubrican o acordo pola estación de Lugo
  4. Uz, Carmen (29 de abril de 2011). "Fomento propón unha estación-ponte sobre a vía do tren en Paradai". El Progreso. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 29 de abril de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Estación de Bóveda

A Estación de Bóveda foi unha estación do concello lugués de Bóveda. Foi destruída o 10 de febreiro de 1977 cando un tren entrou nunha vía morta e se estrelou contra o edificio. Contribuíu ademais a que deixase de funcionar o escaso número de pasaxeiros que tiña e o preto que estaba da estación de Rubián, onde vai o tráfico de mercadorías.

Estaba situada na liña que une León e A Coruña, entre as estacións de Monforte de Lemos e Rubián. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Estación de Lugo-Mercadorías

Lugo-Mercadorías é unha estación de tren de Adif para tráfico de mercadorías, situada no concello de Lugo, na liña León - A Coruña. Foi posta en servizo no ano 2008, cun investimento superior aos 13 millóns de euros.Ocupa unha superificie de 100.000 metros cadrados que foron cedidos polo Concello. Polas súas características é posíbel atender até cen trens por semana. Dispón de vías de recepción, expedición y tratamento de trens, tanto de transporte intermodal como de carga directa de mercadorías sobre vagón. Unha das vías permite a entrada de composicións de até 750 metros de lonxitude. A lousa de carga e descarga ten capacidade para almacenar até 360 contedores.

Esta estación supuxo un incremento en 4,7 veces máis a superficie existente daquela, na propia estación de viaxeiros de Lugo; a lonxitude das vías de carga e descarga pasou de 230 a 1.335 m; as de estacionamento, de 1.620 a 2.069 m.Lugo-Mercadorías é canda Vigo-Guixar e Taboadela unha das tres estacións desde onde se despachan os trens cargados de lixo cara a planta de SOGAMA.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Liña León - A Coruña

A liña León-A Coruña é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León, Ourense, Lugo e A Coruña. Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.