Estación de Lleida-Pirineus

Lleida–Pirineus é a estación de ferrocarril de Adif da cidade de Lleida. É un importante eixo de comunicación entre o interior da Península Ibérica e as grandes cidades do Corredor Mediterráneo e a fronteira francesa.

A estación consta de dous edificios, o antigo e o anexo recentemente construído para a chegada do tren de alta velocidade. Ademais dispón dun cambiador de ancho para material de Talgo actualmente sen uso.

Lleida–Pirineus
Estacio Lleida-Pirineus
Vista exterior da estación
SituaciónLleida
Servizosaccesible PMR aparcamiento restauración venta de billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE, Avant
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaR12 Rodalies de Catalunya.svg R13 Rodalies de Catalunya.svg R14 Rodalies de Catalunya.svg R43.jpg
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
MadridMetro-EMT.svg
OutrosFGC.svg FGC

Situación ferroviaria

Dentro da rede clásica, Lleida-Pirineus atópase nun importante nó ferroviario no que conflúen as seguintes liñas:

Ademais forma parte da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Barcelona e que continúa ata a fronteira con Francia, punto quilométrico 442,1.[2]

Historia

O ferrocarril chegou a Lleida o 30 de maio de 1860 coa apertura do tramo Lleida-Manresa da liña férrea que pretendía conectar Zaragoza con Barcelona. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Barcelona a Zaragoza.[3] Buscando mellorar tanto a ligazón da liña con outros trazados, así como a súa saúde financeira, a compañía decidiu en 1864 unirse coa empresa que xestionaba a liña férrea que enlazaba Zaragoza con Pamplona dando lugar á Compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e a Barcelona.[3]

Un ano despois, en 1865, iniciouse a construción da liña Tarragona-Lleida que non completou o seu último tramo entre Juneda e Lleida ata maio de 1879. As obras neste caso corresponderon á Compañía do Ferrocarril de Lleida a Reus e Tarragona. A precaria situación económica de ambas as compañía facultou que a poderosa Norte se fixera con ambas as entre 1878 e 1885.

Máis tardía é a liña Lleida-La Pobla de Segur xa que a mesma iniciouse entre a cidade ilerdense e Balaguer en 1922, impulsada polo propio Estado dentro do ambicioso plan de liñas transversais que ideara o directorio de Primo de Rivera e que ao cabo só logrou completar o xa mencionado trazado.[4]

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición de Norte e a creación de RENFE que xestionou desde ese momento a estación de Lleida.

En 1997 o edificio, que data de principios do século XX foi restaurado recuperando o estado orixinal da súa fachada sur, a principal, e mellorando a súa ordenación interior. Estas obras tiveron continuación no 2003 cunha modificación de maior calado froito da adaptación das instalacións á chegada da alta velocidade á cidade. Dotouse dunha moderna marquesiña que xerou críticas debido á súa difícil integración co clásico edificio para viaxeiros.[5] A chegada do AVE xerou tamén un cambio de nome do recinto que pasou a chamarse Lleida-Pirineus.

A estación

Estacio Lleida-Pirineus 2
Vista interior das vías

A estación atópase ao norte da cidade, fronte á Plaça Ramon Berenguer. Posúe dúas partes claramente diferenciadas: a parte clásica, palacio de estilo francés de principios do século XX, e os engadidos realizados en 2003.

O edificio para viaxeiros é de planta rectangular. Está formado por un corpo central de tres alturas dividido en tres bloques con dous torreóns de maior altura en ambos os extremos. En total alcanza unha lonxitude aproximada de 68 metros e unha altura de 19 metros. Sobre esa base aséntase a parte nova caracterizada nunha ampla marquesiña de vidro e metal formada por ondas que cobre as vías e plataformas do recinto.

Baixo a marquesiña sitúanse tres vías de ancho ibérico e cinco de ancho UIC.[2] Destas últimas dúas son terminais e reciben os trens que proveñen de Tarragona. Para acceder a todas elas a estación está dotadas de catro plataformas, unha lateral e tres centrais, todas elas practicamente cubertas e accesibles grazas a pasos subterráneos e ascensores fóra da vía 1.[2] Máis vías de ancho ibérico sen uso para viaxeiros completan as instalacións.

O recinto conta con venda de billetes, puntos de información, atención ao cliente, cafetería, hotel, alugamento de coches, aseos e diversos locais comerciais. No exterior hai varios aparcadoiros habilitados, así como paradas de autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios

Media Distancia

Liña Estación > Destino/orixe
Media Distancia Renfe
R13 Rodalies de Catalunya.svg R14 Rodalies de Catalunya.svg Puigverd de Lleida
Juneda
Barcelona-Estació de França
Barcelona-Sant Andreu Comtal
R12 Rodalies de Catalunya.svg Bell-lloc d'Urgell Cervera
L'Hospitalet de Llobregat
R43.jpg Binéfar Zaragoza-Delicias
Avant Camp de Tarragona Barcelona-Sants
Liña Lleida-La Pobla de Segur de FGC
FGC.svg FGC Alcoletge Balaguer
La Pobla de Segur

Alta velocidade e longa distancia

Tren << >> Paradas intermedias Características
AVE Figueres-Vilafant Madrid-Puerta de Atocha Xirona · Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Zaragoza · Calatayud · Guadalaxara-Yebes
Barcelona-Sants Sevilla-Santa Justa Camp de Tarragona · Zaragoza · Calatayud · Madrid-Puerta de Atocha · Córdoba Central 1 tren diario
Málaga-María Zambrano Camp de Tarragona · Zaragoza · Córdoba Central · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana 1 tren diario
Alvia Barcelona-Sants Bilbao-Abando Camp de Tarragona · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro · Laudio 2 trens diarios
Irún Camp de Tarragona · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia-San Sebastián
Vigo-Guixar Camp de Tarragona · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria-Gasteiz · Miranda de Ebro · Burgos · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela 1 tren diario
Trenhotel
Galicia
Barcelona A Coruña-San Cristovo Camp de Tarragona · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Burgos · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta
Vigo-Guixar As mesmas que a rama da Coruña ata Monforte de Lemos e ademais: Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela
Alvia Barcelona Xixón-Cercanías Camp de Tarragona · Estación de Zaragoza - Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos · Palencia · Sahagún · León · Oviedo · Xixón-Jovellanos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Ministerio de Fomento. "Red ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lleida Pirineus Trenscat
  3. 3,0 3,1 Zaragoza a Barcelona Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
  4. Lleida a Balaguer y La Pobla de Segur Arquivado 09 de marzo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
  5. A marquesiña da nova estación do AVE en Lleida xenera a oposición dos veciños 324.cat

Véxase tamén

Ligazóns externas

Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España, pertencente á Rede de Interese Xeral xestionada pola empresa pública estatal Adif. A infraestrutura está deseñada para unha velocidade de 350 km/h, se ben actualmente a velocidade comercial máxima alcanzada polos trens é de 310 km/h, que permite a conexión por AVE entre as cidades de Madrid e Barcelona nun tempo de dúas horas e media.A liña ten unha lonxitude total de 804 quilómetros. Comeza na estación de Madrid-Puerta de Atocha e finaliza tras a estación de Figueres-Vilafant, onde ten continuidade cunha sección internacional ata Perpiñán que conecta as redes ferroviarias de España e Francia. A liña intérnase nas cidades de Barcelona, coas estacións de Barcelona-Sants e Barcelona-La Sagrera (actualmente en construción), e Xirona. Ademais, ten dúas variantes que permiten saíndo da liña acceder ás estacións de Zaragoza-Delicias e Lleida-Pireneos, e dispón de tres estacións en plena liña: Guadalaxara-Yebes, Calatayud e Camp de Tarragona.

Ademais dos servizos internos da liña (AVE para os de longa distancia e Avant para os de media distancia), existen cambiadores de ancho no ámbito de Zaragoza que permiten saír da liña, ademais dun ramal en ancho internacional que finaliza en Huesca. Mediante cambio de ancho en Zaragoza utilizan esta liña os trens entre Madrid e Navarra e A Rioxa, e entre Barcelona e o norte de España. Ademais, unha conexión coa LAV Madrid-Sevilla permite conexións Cataluña-Andalucía sen entrar en Madrid.

A liña foi inaugurada en varios tramos comezando dende Madrid. En outubro de 2003 abriuse ata Lleida, en decembro de 2006 chegouse ata Tarragona, en febreiro de 2008 ata Barcelona e en xaneiro de 2013 completouse a liña alcanzando Figueres e a fronteira francesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.