Estación de Lalín

Lalín é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Estación, na parroquia de Botos, nas proximidades da vila de Lalín, provincia de Pontevedra. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 42°37′58″N 8°08′36″O / 42.63278, -8.14333

Lalín
Andén da Estación de Botos, Lalín
Plataforma da Estación de Botos, Lalín
SituaciónLalín
Liñas
Media distanciaRexional

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 315,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 472 metros de altitude, entre as estacións da Ponte Taboada e O Irixo.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central e dous anexos laterais. Conta con dúas plataformas curvadas, unha lateral e outra central e con catro vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <>  Ourense-San Francisco

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Estación de Botos, Lalín.
Train station in Lalín, Ourense, Galicia
Vías na Estación de Botós, Lalín
Estación de Botos, Lalín
Edificio da Estación de Botos, Lalín

Notas

  1. Carballiño (Est.) Euroferroviarios
  2. Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Botos, Lalín

San Xoán de Botos é unha parroquia do concello de Lalín. En 2018 tiña 524 habitantes (296 homes e 296 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.

Lalín (homónimos)

O topónimo galego Lalín pode referirse a:

Lalín, concello da provincia de Pontevedra;

Lalín, parroquia de dito concello;

Lalín de Arriba, lugar de dita parroquia;

Lalín, lugar da parroquia do Carballal, no concello de Palas de Rei.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.