Estación de Hendaia

A estación de Hendaia (en francés: gare d'Hendaye) é a principal estación ferroviaria da localidade de Hendaia, en Francia. É unha estación internacional situada moi preto da fronteira francoespañola e por ela circulan trens operados por SNCF e Renfe.

Coordenadas: 43°21′12″N 1°46′51″O / 43.35333, -1.78083

Hendaia
Gare d'Hendaye (64)
SituaciónHendaia (Francia)
Liñas
Alta velocidadeTGV
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel, Intercity, Intercités
Media distanciaTER

Situación ferroviaria

A estación de Hendaia forma unha parella xunto coa estación de Irún, situada a 500 metros e separada polo río Bidasoa. A rede de ancho europeo (1.435 mm) chega a Hendaia e continúa para finalizar en Irún, mentres que a rede de ancho español (1.668 mm) chega a Irún e continúa para finalizar en Hendaia. O tramo entre ambas as estacións dispón de vías nos dous anchos.

Pola rede francesa, a estación atópase no punto quilométrico 232,797 da liña Bordeos-Irún mentres que na rede española é o pk 641,6 da liña Madrid-Hendaia.

A SNCF e Renfe Operadora teñen un acordo mediante o cal os trens de cada compañía atravesan a fronteira ata a seguinte estación para deixar viaxeiros, pero non para recollelos. Así, os trens en dirección Francia inician e finalizan percorrido en Hendaia, e os trens dirección España inician e finalizan percorrido en Irún. Os trens que cruzan a fronteira para deixar viaxeiros volven sen carga á estación situada alén. Os trens rexionais non chegan a atravesar a fronteira, polo que non existe posibilidade de ligazón entre os rexionais de ambas as redes.

O último tren de pasaxeiros que realizaba un percorrido pasante foi o Trenhotel «Francisco de Goya», tren nocturno entre Madrid-Chamartín e París-Austerlitz suprimido en 2013. Compoñíase dunha rama tipo Talgo, cuxos rodais desprazábanse nun cambiador de ancho para pasar da rede española á francesa e viceversa. No pasado tamén se utilizou para trens de pasaxeiros o cambio de eixos, que actualmente só se emprega para trens de mercadorías. Así mesmo existen instalacións para a manipulación de mercadorías e a súa transbordo entre trens españois e franceses.

Servizos ferroviarios

Operados por SNCF

Operados por Renfe

Actualizado a 26 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observación
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coimbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido

Véxase tamén

Ligazóns externas

Estación de Irún

A estación de Irún é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade vasca de Irún, en Guipúscoa. É unha estación fronteiriza que ten o seu equivalente francés en Hendaia. Por este motivo ten tanto vías de largo ibérico como de largo internacional, o que permite a circulación tanto de trens operados por Renfe como tamén pola SNCF.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.