Estación de Franza

Franza foi unha estación e posteriormente un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Franza, no concello de Mugardos, provincia da Coruña. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Coordenadas: 43°26′18″N 08°11′52″O / 43.43833, -8.19778

Franza
Estación de Franza Mugardos Renfe A Coruña
Apeadoiro de Franza.
SituaciónMugardos

Situación ferroviaria

Atópase no punto quilométrico 28,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 73 metros de altitude,[1] entre as estacións de Cabanas-Areal e de Barallobre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Franza, Franza, Mugardos

Franza é un lugar da parroquia de Franza no concello de Mugardos na provincia da Coruña. Tiña 550 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 277 homes e 273 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2003 cando tiña 562 habitantes.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Luís Villardefrancos Calé

Luís Villardefrancos Calé, nado na Coruña cara 1879, foi un xornalista e escritor galego.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.