Estación de Figueres-Vilafant

Figueres-Vilafant é unha estación de ferrocarril de alta velocidade de Adif situada preto da cidade de Figueres, no concello de Vilafant, na provincia de Xirona (Cataluña, España).

Exerce funcións de estación fronteiriza para os tráficos de alta velocidade entre Francia e España, sendo o punto de conexión entre as liñas Madrid-Barcelona-Figueres (pertencente á rede española) e Figueres-Perpiñán (tramo de conexión internacional entre as redes francesa e española).

Figueres-Vilafant
Figueres-vilafant
Exterior da estación
SituaciónVilafant (Xirona)
ServizosAccesible PMR Aparcadoiro Venda de Billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE, Avant, TGV
Intermodalidade
OutrosAutobús urbano

Descrición

Francia e España acordaron que a conexión entre as redes de alta velocidade francesa e española realizásese a través dun tramo de concesión privada. O tramo conectaría coa rede española en Figueres e coa rede francesa en Perpiñán. A concesión foi adxudicada a TP Ferro, que inaugurou o 19 de decembro de 2010 a liña, denominada liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán.

O proxecto desta liña incluía a construción da estación de Figueres-Vilafant como estación fronteiriza ao lado español, polo que foi inaugurada co resto da liña. Pola súa banda sur a liña de alta velocidade ata a fronteira non estaba terminada, polo que se deu continuidade pola rede convencional española mediante vía de largo mixto ata Barcelona.

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa foi finalizada en xaneiro de 2013 completando a conexión da estación. Aínda que existen proxectos para adoptar o sistema ERMTS como sistema único, existen diferenzas de sinalización e sistemas de seguridade entre as redes francesa e española, polo que a estación é utilizada como punto de transbordo entre trens que non poden utilizar a rede do outro país.

Servizos

Media Distancia

Tren Orixe/destino Paradas intermedias Características
Avant Barcelona-Sants Xirona 1 tren diario por sentido

Longa Distancia

Tren Orixe/destino Paradas intermedias Características
AVE Madrid-Atocha Xirona · Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Guadalaxara-Yebes 8 trens diarios por sentido
TGV París-Lyon Perpiñán · Narbona · Montpellier-Saint Roch · Nimes 2 trens diarios por sentido
Enlace a Barcelona

Véxase tamén

Coordenadas: 42°15′56″N 2°56′32″L / 42.26556, -2.94222

Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Estación de Figueres

Figueres é unha estación de ferrocarril de Adif situada ao leste do centro histórico de Figueres, na provincia de Xirona. A estación está na liña Barcelona-Xirona-Portbou e teñen parada trens da liña R11 de Rodalies de Catalunya operados por Renfe Operadora. Ademais de trens rexionais, tamén efectuan parada trens de Longa distancia, entre eles tres Trenhoteles a cidades europeas.

Os trens de alta velocidade non efectúan parada nesta estación; fano na estación situada no concello de Vilafant, que recibe o nome de estación de Figueres-Vilafant.

Liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán

A liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán é unha liña ferroviaria internacional que une España e Francia, conectando a rede de alta velocidade española coa rede ferroviaria francesa. Trátase dunha liña de concesión privada, explotada pola sociedade TP Ferro. Está deseñada para permitir tráficos mixtos, tanto de viaxeiros coma de mercadorías, e encóntrase aberta ao tráfico comercial de trens dende decembro de 2010.Ten unha lonxitude total de 44,4 quilómetros: 24,6 en Francia e 19,8 en España. O trazado discorre entre a estación de Figueres-Vilafant, onde enlaza coa liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa, e a cidade de Perpiñán, onde conecta coa rede ferroviaria convencional francesa cara a Montpellier. A liña inclúe un túnel de 8,3 quilómetros, o túnel do Pertús, que atravesa o Pireneo baixo a fronteira.Actualmente é a única conexión ferroviaria España-Francia que non require de cambio de ancho ou transbordo.

Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España, pertencente á Rede de Interese Xeral xestionada pola empresa pública estatal Adif. A infraestrutura está deseñada para unha velocidade de 350 km/h, se ben actualmente a velocidade comercial máxima alcanzada polos trens é de 310 km/h, que permite a conexión por AVE entre as cidades de Madrid e Barcelona nun tempo de dúas horas e media.A liña ten unha lonxitude total de 804 quilómetros. Comeza na estación de Madrid-Puerta de Atocha e finaliza tras a estación de Figueres-Vilafant, onde ten continuidade cunha sección internacional ata Perpiñán que conecta as redes ferroviarias de España e Francia. A liña intérnase nas cidades de Barcelona, coas estacións de Barcelona-Sants e Barcelona-La Sagrera (actualmente en construción), e Xirona. Ademais, ten dúas variantes que permiten saíndo da liña acceder ás estacións de Zaragoza-Delicias e Lleida-Pireneos, e dispón de tres estacións en plena liña: Guadalaxara-Yebes, Calatayud e Camp de Tarragona.

Ademais dos servizos internos da liña (AVE para os de longa distancia e Avant para os de media distancia), existen cambiadores de ancho no ámbito de Zaragoza que permiten saír da liña, ademais dun ramal en ancho internacional que finaliza en Huesca. Mediante cambio de ancho en Zaragoza utilizan esta liña os trens entre Madrid e Navarra e A Rioxa, e entre Barcelona e o norte de España. Ademais, unha conexión coa LAV Madrid-Sevilla permite conexións Cataluña-Andalucía sen entrar en Madrid.

A liña foi inaugurada en varios tramos comezando dende Madrid. En outubro de 2003 abriuse ata Lleida, en decembro de 2006 chegouse ata Tarragona, en febreiro de 2008 ata Barcelona e en xaneiro de 2013 completouse a liña alcanzando Figueres e a fronteira francesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.