Estación de Curtis

Curtis é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Curtis, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.[1]

Coordenadas: 43°07′38″N 08°08′35″O / 43.12722, -8.14306

Curtis
Estación de Curtis A Coruña Galiza
Estación de Curtis.
SituaciónCurtis
ServizosTaxis
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 497,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[2], entre as estacións de Teixeiro e Piñoi. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[3] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[4] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na parroquia coñecida como Curtis-Estación, ao norte do núcleo urbano de Curtis.

Conta cunha plataforma lateral e outra central ás que acceden dúas vías. A estación consta dun total de catro vías pasantes numeradas como 1, 2, 4 e 6[1], ás que se lles suman tres vías mortas, usadas para o estacionamento de vagóns, xa que nesas vías procédese a expedir trens madeireiros que son cargados alí.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

  1. 1,0 1,1 Ficha técnica Adif
  2. "Listado de Líneas y Estaciones" (PDF). Minsterio de Fomento (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2018.
  3. García Raya, Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha" (PDF). IV Congreso Historia Ferroviaria : Málaga, septiembre-2006 (en castelán). Junta de Andalucía, Consejería de Obras Públicas y Transportes.
  4. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis

Bodeus, tamén chamado Aldea Vella, é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 21 habitantes (10 homes e 11 mulleres).

Curtis

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «curtense».

Curtis, Curtis

Santaia de Curtis, tamén coñecida coma Santa Eulalia de Curtis, é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Curtis. Cunha extensión de 31,6 km², tiña segundo o padrón municipal de 2018 unha poboación de 1.772 habitantes (875 mulleres e 897 homes) distribuída en 54 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.793 habitantes.

A parroquia dá nome ao concello. Está dividida en dous distritos: Santaia e Teixeiro. Dos 54 núcleos de poboación, 36 son do distrito de Santaia e 18 do distrito de Teixeiro. A capital municipal áchase na vila de Teixeiro.

Curtis forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo. Varias rutas do Camiño de Santiago pasaban antigamente pola parroquia. Unha variante do Camiño do Norte está sinalizada desde o ano 2010.

Eclesiasticamente denomínase Santa Baia de Curtis e pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Curtis, Santa María de Lurdes, Curtis

Curtis é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 1246 habitantes (604 homes e 642 mulleres).

Galería de imaxes de Curtis

Galería de imaxes do concello de Curtis na provincia da Coruña.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Santa María de Lurdes, Curtis

Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km².

Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes, a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes. Pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.