Estación de Cuenca-Fernando Zóbel

Cuenca-Fernando Zóbel é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Cuenca. Está situada a 5 km do centro no Cerro de la Estrella, moi próxima á estrada N-320, ao sur da cidade. Leva o nome do pintor Fernando Zóbel, moi vinculado á cidade.

Coordenadas: 40°02′08″N 02°08′46″O / 40.03556, -2.14611

Cuenca-Fernando Zóbel
Cuenca Fernando Zóbel(1)
Entrada principal da estación
SituaciónCuenca
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portaequipaxesVenda de billetesInformación
Liñas
Alta velocidadeAVE
Longa DistanciaAlvia
Na rede
Saídas e chegadas

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 195,1 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Levante.

Historia

A estación inaugurouse o 15 de decembro de 2010 con motivo da inauguración do tramo de alta velocidade Madrid-Albacete/Valencia. Á inauguración asistiron os príncipes de Asturias e o ministro de Fomento, José Blanco.[1]

A estación

O edificio da estación sitúase perpendicular ás vías do tren e desenvólvese unicamente nunha planta. Ocupa unha superficie de 3.625 m² que comprenden dous volumes de características físicas distintas.

A estación ten dúas plataformas de 10 m de anchura e unha lonxitude de estacionamento de 400 metros dotados de marquesiñas de protección. O acceso ás plataformas efectúase a través da zona de embarque, conectada mediante escaleiras fixas, mecánicas e ascensores. Esta alternativa permite reducir o número de movementos verticais que debe realizar o usuario e facilita a relación visual coa paisaxe.

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 20 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Requena-Utiel Valencia-Joaquín Sorolla 10/15 trens diarios por sentido
AVE Sevilla-Santa Justa Córdoba-Central · Puertollano · Cidade Real · Cuenca-Fernando Zóbel Valencia-Joaquín Sorolla 1 tren diario por sentido
AVE Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Albacete-Los Llanos · Villena AV Alacant-Terminal 7/8 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim · Orpesa · Benicarló-Peníscola Vinaròs 2 trens diarios por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega Santander 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido

Notas

  1. O AVE radial desde Madrid xa chega a Cuenca e Albacete

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.