Estación de Cornes

Cornes foi a estación de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual terminal en 1943[1].

Coa súa apertura en 1873, converteuse nunha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Santiago-Carril.[2] Foi construída no desparecido término municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguira a anexión deste territorio.[3]

Coa apertura do traxecto Santiago - A Coruña da liña Zamora - A Coruña en 1943, RENFE estrearía tamén unha nova estación pasante, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense - Empalme coa Santiago - Redondela, ficando Cornes así relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas até o seu progresivo abandono.[4]

En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación de Cornes reabría como Casa das Asociacións, acubillando actividades veciñais e dependencias municipais.[5]

Coordenadas: 42°52′11.4″N 8°33′08.3″O / 42.869833, -8.552306

Cornes
(clausurada)
Casa das Asociacións (Santiago de Compostela)
Antiga fachada do predio de viaxeiros cara as vías, logo da súa reconversión en Casa das Asociacións.
SituaciónRúa Manuel Beiras, 3
15703 Santiago de Compostela

Notas

  1. Manu Guinarte (2016-12-29). "INAUGURACION ESTACION SANTIAGO (1943)". Consultado o 2018-10-08.
  2. El Correo Gallego (2018-02-02). "...Cuando 'El Compostelano' enlazaba Santiago con Carril desde la estación de tren de Cornes" (en castelán). Consultado o 2018-10-08.
  3. Marga Mosteiro (2016-01-14). "«Santiago solo quería la estación de Cornes, pero tuvo que ser todo o nada»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08.
  4. El Correo Gallego (2018-03-06). "...Cuando la Casa das Asociacións era la antigua estación de mercancías de la capital gallega" (en castelán). Consultado o 2018-10-08.
  5. El Correo Gallego (2009-04-19). "Cornes reabre para las asociaciones" (en castelán). Consultado o 2018-10-08.

Véxase tamén

Artigos relacionados

As actas escuras

As actas escuras é unha obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño. A peza, un drama histórico, foi gañadora en 1994 do segundo certame Camiño de Santiago de teatro profesional, que requiría unha trama relacionada co Ano Santo Xacobeo. En 2009 foi levada a escena polo Centro Dramático Galego con dirección de Xúlio Lago.

Conxo, Santiago de Compostela

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 576 habitantes.

Estación de Santiago de Compostela

A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.

Estación do Carril

O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertiva en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocaril.O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.