Estación de Cerceda-Meirama

Cerceda-Meirama é unha estación de tren de Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 43°12′28″N 8°26′48″O / 43.207721, -8.446619

Cerceda-Meirama
Estación de Cerceda-Meirama, A Coruña
Estación de Cerceda-Meirama.
SituaciónCerceda
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 431,1 da liña férrea que une Zamora e A Coruña a 256 metros de altitude,[1], entre as estacións de Uxes e Ordes. Atópase nunha variante do trazado orixinal froito das obras do eixe atlántico de alta velocidade entre A Coruña e Santiago de Compostela.

Historia

A estación foi inaugurada en 2009 substituíndo á antiga estación de Cerceda e ao resto de estacións do concello que se construíron en 1943 no trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña entre Santiago de Compostela e A Coruña.

Entre 2011 e 2017 a estación acusou descenso dun 51% no número de viaxeiros.[2]

Estacion Cerceda-Meirama - molino de cerceda-Emilio
Obras de construción da estación, co desvío cara á antiga liña Zamora - A Coruña e primeiro plano.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
MD A Coruña <> Santiago de Compostela
Vigo-Urzáiz
1 MD A Coruña <> Santiago de Compostela
Vigo-Guixar

Notas

  1. Ordes (Est.) Euroferroviarios
  2. Aguiar, Iván (17-08-2018). "La estación de tren de Cerceda pierde el 51% de viajeros en seis años y Uxes los mantiene" (en castelán). p. La Opinión A Coruña. Consultado o 2018-09-27.

Véxase tamén

Artigos relacionados

Ligazóns externas

Apeadoiro da Vila da Igrexa

A Vila da Igrexa foi un apeadoiro de tren de Adif situada na Vila da Igrexa, no concello coruñés de Cerceda. Non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña que unía Zamora e A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Estación de Cerceda

Cerceda foi unha estación e posteriormente apeadoiro ferroviario de Adif, situado en Cerceda, na provincia da Coruña. Non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Estación de Meirama

Meirama, tamén coñecida nalgúns ámbitos como Meirama-Picardel, é unha estación ferroviaria xestionada por Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Na actualidade non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.