Estación de Castrelo do Val-Verín

Castrelo do Val-Verín, chamado tamén Campobecerros, é un apeadoiro de Adif, situado en Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Coordenadas: 42°03′45″N 07°20′00″O / 42.06250, -7.33333

Castrelo do Val-Verín
SituaciónCastrelo do Val

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 175,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 962 metros de altitude,[1] entre as estacións de Vilariño de Conso-A Capela e Laza-Cerdedelo. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación

Como moitas das estacións deste tramo a estación foi edificada en pedra. Posúe dous pisos e tellado de varias vertentes de tella. Dispón de dúas plataformas laterais ao que acceden dúas vías.

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
  3. Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo

Véxase tamén

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.