Estación de Canaval

Canaval é unha estación de tren de Adif, situada en Canaval, no concello de Sober, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Coordenadas: 42°28′54″N 07°35′16″O / 42.48167, -7.58778

Canaval
Estación de Canaval Sober
Estación de Canaval.
SituaciónSober
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 9,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 271 metros de altitude, entre as estacións dos Monforte de Lemos e Areas.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Está situada ao norte do municipio, preto da estrada N-120. O edificio para viaxeiros é unha estrutura de planta rectangular e dúas alturas que cobre un tellado de catro vertentes. Como outras estacións da liña loce un frontón rectangular nas súas fachadas. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central e catro vías. As instalacións complétanse con peiraos de carga en desuso.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
6 Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.