Estación de Camp de Tarragona

Camp de Tarragona é a estación dos trens de alta velocidade de Tarragona, que ten só vías de ancho internacional (1435 mm), e está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación pasante de trens situada entre as localidades de Perafort e La Secuita, preto de Tarragona, Reus e Valls. O nome proven da antiga comarca do Camp de Tarragona, que hoxe en día está fragmentada en tres.

Esta dispon de 8 vías de ancho internacional, 4 de elas sen andens para trens sen parada na estación que actualmente só usan os AVE directos Madrid-Barcelona ou semidirectos Madrid-Zaragoza-Barcelona.

Camp de Tarragona
RN103007TarJPVL
Estación de Camp de Tarragona
SituaciónPerafort / La Secuita (Tarragona)
Liñas
Alta velocidadeAVE.svg Avant
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel

Historia

Camp de Tarragona station west
Vista da estación

A estación inaugurouse o 26 de decembro de 2006 coa prolongación da LAV Madrid-Zaragoza-Lleida ata o cambiador de ancho de Roda de Berà, converténdose en estación terminal do AVE. Ao principio realizábase o traxecto ata/dende Madrid-Puerta de Atocha en 2 h 50 min, e na actualidade reducíuse ata as 2 h e media.

Foi a estación terminal dos trens AVE da L.A.V. Madrid-Barcelona-Fronteira francesa ata o 20 de febreiro de 2008, cando o AVE chegou a Barcelona.

A estación está situada practicamente no mesmo lugar no que se atopaba a antiga estación de Renfe de La Secuita-Perafort, da liña Reus-Roda de Berà, clausurada nos anos 1990.

Servizos ferroviarios

Media Distancia

< Tren >
Barcelona-Sants Avant Lleida-Pirineus

Longa Distancia

Tren Destino Paradas intermedias
AVE Barcelona-Sants
Figueres-Vilafant Barcelona-Sants · Xirona
Madrid-Puerta de Atocha Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Guadalaxara-Yebes
Sevilla-Santa Justa Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Madrid-Puerta de Atocha · Córdoba Central
Málaga-María Zambrano Zaragoza-Delicias · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real-Central · Puertollano · Córdoba Central · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana
Alvia Barcelona-Sants
Bilbao-Abando Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro · Llodio
Irún Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia
Vigo Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria/Gasteiz · Miranda de Ebro · Burgos · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Redondela de Galicia
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants
A Coruña-San Cristovo Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Burgos · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta
Vigo As mesmas que á Coruña ata Monforte de Lemos e ademais:
Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela de Galicia
Alvia Barcelona-Sants
Xixón Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Logroño · Burgos · Palencia · León · Oviedo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Camp de Tarragona

O Camp de Tarragona é unha rexión natural e histórica do sur de Cataluña e tamén un dos oito ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.

É a área da provincia de Tarragona que engloba as comarcas catalás do Alt Camp, Baix Camp, Baix Penedès, Conca de Barberà, Priorat e Tarragonès. En 2010 contaba con 616.852 habitantes. Historicamente coñecíase como Camp de Tarragona á rexión formada polo Alt Camp, o Baix Camp e o Tarragonès.

Tamén é o nome da estación ferroviaria de alta velocidade que desde o 26 de decembro de 2006 serve a esas comarcas, a estación de Camp de Tarragona.

Cataluña

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Corredor ferroviario mediterráneo

O corredor ferroviario mediterráneo é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España. A liña, actualmente en construción, esténdese desde a estación de Camp de Tarragona na provincia homónima ata a localidade de La Encina na Provincia de Alacant e decorrendo en paralelo ao mar Mediterráneo.

A diferenza das primeiras liñas de alta velocidade española, esta liña non foi construída totalmente de cero senón que se formou a partir de treitos novos e treitos modernizados de liñas clásicas.

Ao que se finalice a liña admitirá velocidades máximas entre 200 (en treitos modernizados) e 300 km/h (en treitos de nova construción) o que permite cualificala como liña de alta velocidade.

La Secuita

La Secuita é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Inclúe os núcleos de L'Argilaga, Les Gunyoles, Sant Roc, La Secuita e Vistabella.

Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España, pertencente á Rede de Interese Xeral xestionada pola empresa pública estatal Adif. A infraestrutura está deseñada para unha velocidade de 350 km/h, se ben actualmente a velocidade comercial máxima alcanzada polos trens é de 310 km/h, que permite a conexión por AVE entre as cidades de Madrid e Barcelona nun tempo de dúas horas e media.A liña ten unha lonxitude total de 804 quilómetros. Comeza na estación de Madrid-Puerta de Atocha e finaliza tras a estación de Figueres-Vilafant, onde ten continuidade cunha sección internacional ata Perpiñán que conecta as redes ferroviarias de España e Francia. A liña intérnase nas cidades de Barcelona, coas estacións de Barcelona-Sants e Barcelona-La Sagrera (actualmente en construción), e Xirona. Ademais, ten dúas variantes que permiten saíndo da liña acceder ás estacións de Zaragoza-Delicias e Lleida-Pireneos, e dispón de tres estacións en plena liña: Guadalaxara-Yebes, Calatayud e Camp de Tarragona.

Ademais dos servizos internos da liña (AVE para os de longa distancia e Avant para os de media distancia), existen cambiadores de ancho no ámbito de Zaragoza que permiten saír da liña, ademais dun ramal en ancho internacional que finaliza en Huesca. Mediante cambio de ancho en Zaragoza utilizan esta liña os trens entre Madrid e Navarra e A Rioxa, e entre Barcelona e o norte de España. Ademais, unha conexión coa LAV Madrid-Sevilla permite conexións Cataluña-Andalucía sen entrar en Madrid.

A liña foi inaugurada en varios tramos comezando dende Madrid. En outubro de 2003 abriuse ata Lleida, en decembro de 2006 chegouse ata Tarragona, en febreiro de 2008 ata Barcelona e en xaneiro de 2013 completouse a liña alcanzando Figueres e a fronteira francesa.

Perafort

Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.