Estación de Caldelas de Tui

Caldelas de Tui ou Caldelas é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Caldelas de Tui, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 42°03′21″N 8°33′59″O / 42.05583, -8.56639

Caldelas de Tui
Estación de tren de Caldelas de Tui, Tui
Estación de Caldelas de Tui.
SituaciónTui
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 135,4 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 17 metros de altitude, entre as estacións de Salvaterra e Guillarei.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 13 de xuño de 1878 coa aperta do tramo Caldelas de Tui-Guillarei da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Aínda que conserva o seu edificio para viaxeiros orixinal formado por un corpo central de dúas plantas e dous anexos de planta baixa leste permanece totalmente pechado aos viaxeiros. A cambio habilitouse unha pequena marquesiña que se sitúa na plataforma lateral da estación. A ela accede a vía principal.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Caldelas

O topónimo galego Caldelas, de orixe latina, indica a existencia de augas quentes. Pode referirse a:

Castro Caldelas, concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas;

Castro Caldelas, parroquia de dito concello;

O Castro de Caldelas, lugar de dita parroquia;

Ponte Caldelas, concello da provincia de Pontevedra;

Ponte Caldelas, parroquia de dito concello;

Caldelas, lugar de dita parroquia;

Caldelas, lugar da parroquia de Terra Chá, no concello de Antas de Ulla;

Caldelas, lugar da parroquia de Berán, no concello de Leiro;

Caldelas, lugar da parroquia de Vedro, no concello de Portomarín;

Caldelas, lugar da parroquia da Ponte Ulla, no concello de Vedra;

Caldelas de Tui, parroquia do concello de Tui;

Caldelas de Tui, Tui

San Martiño de Caldelas de Tui (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o IGE de 2013 tiña 840 habitantes (404 mulleres e 436 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 802 habitantes.

Estación de Tui

Tui é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Tui, provincia de Pontevedra. Está situada na liña Vigo-Porto.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.