Estación de Betanzos-Infesta

A estación de Betanzos-Infesta é unha estación de tren de Adif situada na Infesta, ao suroeste da vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 43°16′15″N 08°13′33″O / 43.27083, -8.22583

Betanzos - Infesta
Estación Betanzos Infesta vista xeral
Vista xeral da estación.
SituaciónBetanzos
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 524,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Oza dos Ríos e Cecebre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Ademais, é o punto de partida dun pequeno ramal duns 40 quilómetros que une Betanzos con Ferrol[1]. A seguinte estación no percorrido é Betanzos-Cidade. O tramo tamén é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

Pola súa parte, o ramal a Ferrol data de 1913.[2] Realmente este ferrocarril empezouse a xestar desde que quedou acabado o tramo A Coruña-Lugo. Con todo, as poxas que se foron realizando fóronse pechando sen lograr un adxudicatario o que levou finalmente ao Estado para encargarse da obra.

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na Infesta, pertencente á parroquia de Requián, ao suroeste do núcleo urbano de Betanzos. Conta con tres plataformas, das cales unha é lateral e as outras dúas son centrais, ás que acceden tres vías. Dúas das plataformas están cubertas por marquesiña. A estación consta dun total de catro vías pasantes, ás que se lles suma unha vía morta.

A cincuenta metros da entrada da estación atópase unha parada de autobús de Transporte Metropolitano de Galicia, con servizos regulares ao centro urbano de Betanzos e outras localidades.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <>  Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas

  1. 1,0 1,1 Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. 2,0 2,1 Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  3. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Estación de Betanzos-Cidade

Betanzos-Cidade, anteriormente denominada Betanzos-Pueblo, é unha estación de tren de Adif situada na vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Longa e Media distancia operadas por Renfe.

Estación do Norte

Estación do Norte pode referirse a:

Estación da Coruña-Término (desaparecida)

Estación de Betanzos-Infesta

Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto

Estación de Valladolid - Campo Grande

Estación de Oviedo

Estación de Donostia - San Sebastián

Infesta

O topónimo galego Infesta é un orónimo que indica un terreo irregular con bastante pendente. Pode referirse a:

Infesta, parroquia do concello de Monterrei;

Infesta, lugar de dita parroquia;

Infesta, lugar da parroquia de Pino, no concello de Cospeito;

Infesta, lugar da parroquia de Rioaveso, no concello de Cospeito;

Infesta, lugar da parroquia de Pontecesures, no concello de Pontecesures;

Infesta, lugar da parroquia de Rois, no concello de Rois;

Infesta, lugar da parroquia de Gargantós, no concello de San Cibrao das Viñas;

A Infesta, lugar da parroquia de Requián, no concello de Betanzos;

A Infesta, lugar da parroquia de Rozavales, no concello de Monforte de Lemos;

A Infesta, lugar da parroquia de Ladra, no concello de Vilalba;

Vilar de Infesta, parroquia do concello de Redondela.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Liña Betanzos - Ferrol

A liña Betanzos Infesta-Ferrol, tamén coñecida como O Ramalillo, é unha liña de ferrocarril de 42,7 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. É un trazado curto que busca conectar a cidade de Ferrol e toda a súa área portuaria á rede na estación de Betanzos-Infesta. Segundo a catalogación do Adif é a liña 804.Entrou en funcionamento o 5 de maio de 1913. Foi construída polo propio Estado ao quedar desertas as diferentes subhastas que se celebraron para outorgar a concesión.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.