Estación de Barcelona-Sants

Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.[1]

Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

Barcelona Sants
Barcelona.Estacio.Sants
Exterior da estación dende a praza dos Països Catalans
SituaciónBarcelona
ServizosAccesible PMR Aparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE, Avant
Longa DistanciaAlaris, Alvia, Estrella, Euromed, Talgo, Trenhotel
Media distanciaR11 R12 R13 R14 R15 R16 R11
CercaníasR1 R2 R2 nord R2 sud R3 R4
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Metro
Barcelona Metro Logo.svg L3 barcelona.svg L5 barcelona.svg
BSicon CLRV.svg
Bus
MadridMetro-EMT.svg 27, 30, 32, 43, 44, 78, 109, 115, A1

Vías

A estación conta con 14 vías, 6 de largo internacional (1 a 6) e 8 en largo ibérico. Dende setembro de 2007 prestan servizo as vías de largo ibérico e as de largo internacional dende o 20 de febreiro de 2008.

Vía Liñas - Principais destinos Observacións
1-6 AVE: Camp de Tarragona - Lleida-Pirineus - Zaragoza-Delicias - Madrid-Puerta de Atocha - Sevilla-Santa Justa / Málaga-María Zambrano
Avant: Camp de Tarragona - Lleida-Pirineus
Alvia: A Coruña / Bilbao-Abando / Irún / Vigo-Guixar
Tranhotel Antonio Machado: Cádiz
Trenhotel Galicia: A Coruña / Vigo-Guixar
Trenhotel Gibralfaro: Málaga-María Zambrano
Trenhotel Pío Baroja: Xixón-Cercanías
vía L.A.V. Madrid-Barcelona e vía N.A.F.A
7 R1 L'Hospitalet de Llobregat / Molins de Rei
R3 R12 L'Hospitalet de Llobregat
R4 Martorell / Vilafranca del Penedès / Sant Vicenç de Calders
Trens procedentes de Barcelona-Plaça de Catalunya
8 R1 Mataró / Calella / Blanes / Maçanet - Massanes
R3 Granollers-Canovelles / La Garriga / Vic / Ripoll / Ribes de Freser / Puigcerdà / La Tour-de-Carol
R4 Terrassa / Manresa
R12 Lleida-Pirineus
Trens dirección Barcelona-Plaça de Catalunya
9-10 R2 Castelldefels
R2Nord Aeroport
R2Sud Vilanova i la Geltrú / Sant Vicenç de Calders
R13 R14 Lleida-Pirineus
R15 Reus / Móra la Nova / Flix / Riba-roja d'Ebre
R16 Cambrils / Tortosa / Vinaròs / Valencia-Nord
Ca6 Caspe / Zaragoza-Delicias
Trens procedentes de Barcelona-Passeig de Gràcia
11-12

Alaris: València-Nord / Alacant-Terminal / Málaga-María Zambrano / Sevilla-Santa Justa
Estrella Costa Brava: Madrid-Chamartín / Cerbère
Euromed: València-Nord / Alacant-Terminal
Talgo Mare Nostrum: Montpellier / Cartagena
Talgo: Lorca-Sutullena / Murcia del Carmen
Trenhotel Alhambra: Granada

Longa distancia
13-14 R2 Granollers Centre
R2nord Sant Celoni / Maçanet-Massanes
R2sud Barcelona-Estació de França
R13 R14 R15 R16 Ca6 Barcelona-Estació de França
R11 Portbou / Cerbère
Trens dirección Barcelona-Passeig de Gràcia

Servizos ferroviarios

Proximidades Barcelona

Orixe/destino < estación Liñas de proximidades estación > Destino/orixe
Molins de Rei
L'Hospitalet de Llobregat
L'Hospitalet de Llobregat R1 Plaça de Catalunya Mataró
Calella
Blanes
Maçanet-Massanes
Castelldefels Bellvitge R2 Passeig de Gràcia Granollers Centre
Aeroport
terminal1
R2Nord Sant Celoni
Maçanet-Massanes
Sant Vicenç de Calders
Vilanova i la Geltrú
Bellvitge
Gavà2
R2Sud Barcelona-Estació de França
L'Hospitalet de Llobregat L'Hospitalet de Llobregat R3 Plaça de Catalunya Granollers-Canovelles
La Garriga
Vic
Ripoll / Ribes de Freser / Latour-de-Carol3
Sant Vicenç de Calders
Vilafranca del Penedès
Martorell
R4 Terrassa
Manresa

Media Distancia Renfe

Orixe/destino < estación Liña estación > Destino/orixe
terminal R11 Barcelona-Passeig de Gràcia Xirona
Figueres
Portbou / Cerbère
L'Hospitalet de Llobregat R12 Barcelona-Plaça de Catalunya Lleida-Pirineus
Lleida-Pirineus Vilanova i la Geltrú
Sant Vicenç de Calders
R13
R14
Barcelona-Passeig de Gràcia Barcelona-Estació de França
Reus
Móra la Nova
Flix
Riba-roja d'Ebre
R15
Cambrils
Tortosa
Vinaròs
València-Nord
R16
Caspe
Zaragoza-Delicias
Sant Vicenç de Calders Mitja distància Ca6.svg
Lleida-Pirineus Camp de Tarragona Avant.svg terminal

Longa distancia

Trens de largo internacional que utilizan a LAV Madrid - Zaragoza - Barcelona (Vías 1-6)
Nome do tren Orixe/Destino Paradas intermedias Características
AVE.svg Madrid-Puerta de Atocha Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Guadalaxara-Yebes
Sevilla-Santa Justa Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Madrid-Puerta de Atocha · Córdoba Central 1 tren diario
Málaga-María Zambrano Camp de Tarragona · Zaragoza-Delicias · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real-Central · Puertollano · Córdoba Central · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana
Alvia Bilbao-Abando Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Logroño · Miranda de Ebro 2 trens diarios
Irún Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Pamplona · Donostia 2 trens diarios
Vigo Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria-Gasteiz · Miranda de Ebro · Burgos · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela de Galicia 1 tren diario
Enlaces a Xixón e A Coruña.
Trenhotel
Galicia
A Coruña-San Cristovo Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Burgos · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta 1 tren diario. Circulan xuntos ata Monforte.
Vigo As mesmas que a galla da Coruña ata Monforte de Lemos e ademais:
Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela de Galicia
Trenhotel
Pío Baroja
Xixón-Cercanías Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Calahorra · Logroño · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Oviedo · Xixón-Jovellanos
Trens de largo ibérico (Vías 11-12)
Nome do tren Orixe/Destino Paradas intermedias Características
Alaris València-Nord
Alacant-Terminal
Tarragona · Salou · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló · Orpesa · Benicàssim · Castelló de la Plana · Sagunt · València-Nord 1 tren diario por cabeceira.
Málaga-María Zambrano
Sevilla-Santa Justa
Tarragona · Salou · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló · Castelló de la Plana · València-Nord · Xàtiva · Albacete · Villarrobledo · Socuellamos · Alcázar de San Juan · Manzanares · Valdepeñas· Vilches · Linares-Baeza · Córdoba Central · Montilla · Puente Genil · Bobadilla Circulan xuntos ata Córdoba. Enlaces a Badaxoz, Granada e Almería.
Alvia
Enlace internacional
Figueres-Vilafant Xirona Conexión co TGV procendente de París en Figueres.
Estrella
Costa Brava
Portbou / Cerbère Granollers Centre · Caldes de Malavella· Xirona · Flaçà · Figueres · Llançà Ten como orixe Portbou e como destino Cerbère
Madrid-Chamartín Sant Vicenç de Calders · Tarragona · Reus · Móra la Nova · Flix · Caspe · La Puebla de Híjar · Calatayud · Arcos de Jalón · Sigüenza · Guadalaxara · Alcalá de Henares
Euromed Valencia-Joaquim Sorolla
Alacant-Terminal
Tarragona · Castellón de la Plana · Valencia-Joaquim Sorolla 1 tren diario por cabeceira
Talgo
Mare Nostrum
Montpellier Saint-Roch Xirona · Figueres · Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers Cambio de largo en Portbou
Cartagena Tarragona · Salou · Cambrils · Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peñíscola · Benicàssim · Castelló de la Plana · València-Nord · Xàtiva · Villena · Elda-Petrer · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre Pacheco
Talgo Lorca-Sutullena Tarragona · Salou · Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peñíscola · Benicàssim · Castelló de la Plana · València-Nord · Xàtiva · Villena · Elda-Petrer · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela · Murcia del Carmen · Alhama de Murcia · Totana 1 tren ao día
Murcia del Carmen Tarragona · Salou · Cambrils · Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peñíscola · Orpesa · Benicàssim · Castelló de la Plana · Sagunt · València-Nord · Xàtiva · Villena · Elda-Petrer · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela 1 tren ao día
Trenhotel Granada Tarragona · Salou · Castelló de la Plana · València-Nord · Albacete · Alcázar de San Juan · Linares-Baeza

Ata a finalización da construción do túnel da rúa Mallorca e da estación da Sagrera, Sants será o inicio de todas as liñas de alta velocidade que circulen dende Barcelona ata o resto de España, así como de servizos en largo internacional. Finalizada a construción da estación da Sagrera será esta a terminal das circulacións que teñan orixe e final en calquera lugar de España e veñan ata Barcelona, mentres que a estación de Sants será cabeceira das liñas que veñan de calquera cidade de Europa a Barcelona.

Transporte metropolitano

Metro

Barcelona Metro - Sants Estacio
Acceso á estación de metro desde a estación de Adif

Sants Estació é unha estación das liñas 3 e 5 do Metro de Barcelona que se sitúa baixo a estación de ferrocarril. Inaugurouse anos despois de existi-la estación de ferrocarril a medida que creceu o metro de Barcelona. Concretamente, en 1969, inaugurouse a estación da liña 5, máis próxima á estación de ferrocarril, co nome de Roma Estación Renfe. En 1975 inaugurouse a estación da liña 3 que está algo máis lonxe da estación de ferrocarril. Finalmente, en 1982, reordenáronse as denominacións das liñas de Metro de Barcelona e cambiouse o nome polo actual de Sants Estació.

Pódese acceder á estación de metro dende a de ferrocarril ou ben a través do acceso que hai na rúa Numancia.

Liñas de Metro que prestan servizo na estación
Orixe/Destino Anterior/Seguinte Liña Seguinte/Anterior Destino/Orixe
Zona Universitària Plaça del Centre L3 barcelona.svg Tarragona Trinitat Nova
Cornellà Centre Plaça de Sants L5 barcelona.svg Entença Horta

Autobús

  • Autobús urbano TMB:
    • MadridMetro-EMT.svg 27 Pl. Espanya - Roquetes
    • MadridMetro-EMT.svg 30 Pl. Espanya - Sarrià
    • MadridMetro-EMT.svg 32 Est. Sants - Roquetes
    • MadridMetro-EMT.svg 43 Les Corts - Sant Adrià
    • MadridMetro-EMT.svg 44 Est. Sants - Badalona
    • MadridMetro-EMT.svg 78 Est. Sants - Sant Joan Despí
    • MadridMetro-EMT.svg 109 Est. Sants - Pol. Zona Franca
    • MadridMetro-EMT.svg 141 Bordeta (bus barri)
  • Autobús interurbano:
  • Autobús de longo percorrido: xunto á praza de Joan Peiró, no lado norte do edificio da estación, hai algunhas dársenas das que parten e ás que chegan autobuses con destino a concellos do eixe pirenaico.

Notas

  1. Datos do ano 2010 extraídos do Anuario do ferrocarril 2011 editado pola Fundación dos Ferrocarrís Españois e Vía Libre

Véxase tamén

Ligazóns externas

Barcelona-Estació de França

Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha das estacións de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.

A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.

FCBotiga

A FCBotiga é a tenda oficial do Futbol Club Barcelona. A tenda principal, chamada FCBotiga Megastore, situada na mesma chaira do Camp Nou, foi reinaugurada en xaneiro de 2003 logo dun forte investimento económico para mellorar o aspecto, a funcionalidade e o espazo. Nos seus máis de 2.000 m² pódense atopar máis de 3.000 produtos varios do Futbol Club Barcelona. O récord de visitantes nun día foi o 23 de maio de 2009 con 21.200 visitas. A facturación en 2008 foi de 30 millóns de euros.

Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España, pertencente á Rede de Interese Xeral xestionada pola empresa pública estatal Adif. A infraestrutura está deseñada para unha velocidade de 350 km/h, se ben actualmente a velocidade comercial máxima alcanzada polos trens é de 310 km/h, que permite a conexión por AVE entre as cidades de Madrid e Barcelona nun tempo de dúas horas e media.A liña ten unha lonxitude total de 804 quilómetros. Comeza na estación de Madrid-Puerta de Atocha e finaliza tras a estación de Figueres-Vilafant, onde ten continuidade cunha sección internacional ata Perpiñán que conecta as redes ferroviarias de España e Francia. A liña intérnase nas cidades de Barcelona, coas estacións de Barcelona-Sants e Barcelona-La Sagrera (actualmente en construción), e Xirona. Ademais, ten dúas variantes que permiten saíndo da liña acceder ás estacións de Zaragoza-Delicias e Lleida-Pireneos, e dispón de tres estacións en plena liña: Guadalaxara-Yebes, Calatayud e Camp de Tarragona.

Ademais dos servizos internos da liña (AVE para os de longa distancia e Avant para os de media distancia), existen cambiadores de ancho no ámbito de Zaragoza que permiten saír da liña, ademais dun ramal en ancho internacional que finaliza en Huesca. Mediante cambio de ancho en Zaragoza utilizan esta liña os trens entre Madrid e Navarra e A Rioxa, e entre Barcelona e o norte de España. Ademais, unha conexión coa LAV Madrid-Sevilla permite conexións Cataluña-Andalucía sen entrar en Madrid.

A liña foi inaugurada en varios tramos comezando dende Madrid. En outubro de 2003 abriuse ata Lleida, en decembro de 2006 chegouse ata Tarragona, en febreiro de 2008 ata Barcelona e en xaneiro de 2013 completouse a liña alcanzando Figueres e a fronteira francesa.

Metro de Barcelona

O Metro de Barcelona é a rede de ferrocarril metropolitano da cidade de Barcelona, a máis extensa de Cataluña e a segunda máis extensa do estado español, e desde 2009, a primeira rede de ferrocarril metropolitano española que conta con liñas totalmente automatizadas, as liñas L9, L10 e L11.Desde 2019 ten 166 km. e 198 estacións.

Da servizo á cidade de Barcelona e algunhas cidades da súa área metropolitana como l'Hospitalet de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Sant Boi de Llobregat, Montcada i Reixac e El Prat de Llobregat.

Proximidades Barcelona

Proximidades Barcelona (en catalán: Rodalia de Barcelona) é un servizo de transporte público de trens de proximidades na área metropolitana de Barcelona. Hai dúas compañías que ofrecen servizos de proximidades: Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) e Rodalies de Catalunya operado por Renfe Operadora.

Renfe opera os servizos para as liñas de largo ibérico propiedade de Adif. Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Cataluña xestiona o servizo de Renfe Proximidades en Cataluña. Anteriormente ao traspaso do servizo, Renfe explotaba a rede baixo a denominación de Rodalies Barcelona ou Proximidades Barcelona e actualmente o nome comercial utilizado é Rodalies de Catalunya .

Os billetes están integrados ao sistema tarifario, coordinado a través da Autoritat del Transport Metropolità (ATM) e permite enlazar a outras liñas de proximidades FGC-Renfe e co metro, tranvía e autobuses.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.