Estación de Baamonde

Baamonde é unha estación de tren de Adif situada en Baamonde, no concello de Begonte, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 43°10′24″N 07°45′22″O / 43.17333, -7.75611

Baamonde
Estación de Baamonde, Begonte
Estación de Baamonde.
SituaciónBegonte
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 459,8 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Begonte e Parga. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  3. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

Baamonde

O topónimo Baamonde pode referirse a:

Baamonde, parroquia do concello de Begonte;

Baamonde, lugar de dita parroquia;

Baamonde, lugar da parroquia do Burgo no concello de Muras;

Baamonde, lugar da parroquia de Coucieiro no concello de Paderne de Allariz;

Baamonde, lugar da parroquia de Paradela no concello de Toques.

Baamonde, lugar da parroquia de San Vicenzo de Curtis no concello de Vilasantar;Amais, como apelido pode referirse a:

Antón Baamonde, ensaísta galego (n. 1959).

Baamonde, Baamonde, Begonte

Baamonde é un lugar da parroquia de Baamonde no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2011 tiña 243 habitantes (126 homes e 117 mulleres).

Baamonde, Begonte

Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres ), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 376 habitantes e 403 en 1999.

Galería de imaxes de Begonte

Galería de imaxes do concello de Begonte na provincia de Lugo.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.